Títulos recomendados o venres 29 de xaneiro:
- Infantil (menores de 6 anos):
"Mola que chova" de Renata Otero en Galaxia e El País
- Mozos-as e adultos-as: "Diario de un fotógrafo" de Agustí Centelles en Península.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
29/1/10
28/1/10
Ler para Saber: volvemos o 5 de febreiro!!!
A actividade "Ler para Saber" consiste nunha serie de charlas ou obradoiros sobre temas científicos dirixidos a nenos e nenas (a partir de 10 anos de idade) e público en xeral.
Celébranse cada venres no 2º andar da Biblioteca Central Rialeda de Perillo. As charlas teñen lugar ás 18,30 horas.
Preténdese achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar coñecementos sobre temas cientificos de especial relevancia para a vida diaria e fomentar a lectura e consulta de materiais relacionados .
Programación:
- 5 febreiro: Obradoiro de Papiroflexia
- 26 febreiro: Funcionamento do corazón e prevención de enfermidades (Emiliano Fernández-Obanza Windscheid. Médico)
- 5 marzo: A pesca e marisqueo na nosa costa (Fina Mosquera Roel. Profesora do CEIP Valle Inclán)
- 12 marzo: Algúns seres microscópicos curiosos (Concepción Herrero López. Doutora en Bioloxía. Vicerreitora de Investigación da UDC)
- 9 abril: Qué é a Biodiversidade? (Elvira Sahuquillo Balbuena. Vicedecana da Facultade de Ciencias da UDC)
- 16 abril: Curiosidades dos caracois (Mª Mar Domínguez Pacheco. Profesora CEIP A Rabadeira)
- 23 abril: Biodiversidade, evolución e ser humano (Francisco Armesto Ramón. Biólogo e Director Técnico de Proxectos dos Museos Científicos Coruñeses)
- 30 abril: Dende a natureza á farmacia (Isabel Nieto Prieto. Doutora en Química. Investigadora do Grupo de Produtos Naturais Mariños da UDC)
- 7 maio: Qué son os fósiles e qué nos contan? (Roberto Bao Casal. Doutor en Bioloxía. Profesor de Paleontoloxía da UDC)
- 14 maio: Ciencia sorprendente (Moisés Canle López. Doutor en Química. Vicedecano da Facultade de Ciencias da UDC)
- 21 maio: Estamos rodeados de ácidos e bases (Elena López Prada. Profesora de Física e Química do IES Miraflores)
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
12:37
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca Central Rialeda,
Ler para Saber
25/1/10
Tertulia Literaria en Rialeda: 27 xaneiro 2010 (Grupo A)
Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30
Comentaráse a obra "Fin de século en Palestina" de Miguel-Anxo Murado
Consulta e descarga a nosa documentación sobre a obra
Obras de Miguel-Anxo Murado no Sistema de Bibliotecas do Concello de Oleiros
Suscribirse a:
Entradas (Atom)