29/9/23

Ler conta moito, Obradoiros e a Hora do conto: de 2 a 6 de outubro de 2023

Ler conta moito, Obradoiros e a Hora do conto: de 2 a 6 de outubro de 2023
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. 

Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas.

Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 2 de outubro, ás 17:30
Para nenas-os a partir de 6 anos Aforo completo!!!
OBRADOIRO: “Escape room na biblioteca”
MONITORADO: Antía Yáñez

Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 3 de outubro, ás 18:30  
Para nenas-os a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
TÍTULO: “Radio Bulebule”
CONTACONTOS: Paco Nogueiras

Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 4 de outubro, ás 18:30  
Para nenas-os a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
TÍTULO: “A igualdade non ten idade”
CONTACONTOS: Luis Vallecillo

Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 5 de outubro, ás 18:30  
Para nenas-os a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
TÍTULO: “Habelas hainas”
CONTACONTOS: Leo Leíño

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 5 de outubro, 17:30 e 18:45  
Para nenas-os a partir de 6 anos Aforo completo!!!
OBRADOIRO: “Robótica educativa. Creatividade inspiradora”
MONITORADO: A Nube de Artear

Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 6 de outubro, ás 18:30  
Para nenas-os a partir de 5 anos Aforo completo!!!
TÍTULO: “Ramona Órbita, a dona do tempo”
CONTACONTOS: Pakolas

Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 6 de outubro, ás 18:30  
Para nenas-os de 5 anos en adiante (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
TÍTULO: “Contando números, cantando cores”
CONTACONTOS: Pablo Díaz
AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Recomendacións en Radioleiros: 29 setembro 2023

Recomendacións en Radioleiros: 29 setembro 2023
- Infantil (a partir de 8 anos):
"O meu baleiro" de Marcos Viso"O meu baleiro" de Marcos Viso. Editado por Hércules.
Un album ilustrado recomendado para traballar a sensación de abandono coas nenas e nenos, rexeitamento e sinais de dó que están presentes en deteminados momentos, relacionados coa perda dun obxecto, dunha mascota ou a perda dun ser querido.


"La dependienta" de Sayaka Murata- Mocidade e persoas adultas:
"La dependienta" de Sayaka Murata. En Duomo.

Versión dixital en eBiblio

Keiko é unha muller con serias dificultades para as relacións sociais, que atopou a súa estabilidade económica nunha tenda tipo "24 horas", onde é empregada modelo. Keiko ten 36 anos e segue solteira, a súa familia e amizades non paran de criticala porque a súa vida non se axusta ao modelo que a sociedade esixe. A novela reflicte e critica o actual modelo de sociedade e forma de pensar xaponés, que se pode facer extensible a moitos outros países do mundo.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas. 

28/9/23

Parabéns, Yolanda Castaño!!!

Parabéns, Yolanda Castaño!!!
Yolanda Castaño
foi galardoada co Premio Nacional de Poesía 2023 do Ministerio de Cultura y Deporte, pola súa obra "Materia". Xa obtivo con "Materia" o Premio da Crítica Española 2022 ao mellor libro de poesía en galego
O xurado destacou a súa obra “pola poderosa proposta poética na que cada estado da materia se expresa nun ton propio, con poemas dunha metafísica doente e orixinal, que apunta tanto á vangarda como á orixe cunha extraordinaria forza evocativa e sensorial”. 
Tamén sinalou que en "Materia", Yolanda Castaño "amosa unha poesía metafórica que dialoga coa memoria persoal e colectiva, á vez, directa, radical e feminista. Explora, de forma non complacente, temas como a maternidade, a familia e os costumes e logra sacar a realidade da súa nebulosa habitual para concretala en materia lingüística, destacando o xogo verbal e rítmico que cuestiona o establecido”. Yolanda Castaño é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de A Coruña, onde tamén realizou estudos audiovisuais. A poeta iniciou a súa andaina literaria a mediados dos noventa, cando publicou poemas soltos e a súa obra debut, "Elevar as pálpebras" (1995). Posteriormente lanzou "Delicia" e "Vivimos no ciclo das erofanías" (1998). "O libro da egoísta" (2003), "Profundidade de campo" (2007) ou "A segunda lingua" (2014) son algúns dos seus títulos.
Máis alló da súa actividade poética, Castaño traballou como xestora cultural independente, chegando a crear a súa propia Residencia para escritoras-es en Galicia. Desde 2009 dirixe festivais, obradoiros de tradución poética e un ciclo mensual de recitais con poetas galegas-os e internacionais.
Nas bibliotecas municipais de Oleiros contamos en numerosas ocasións coa presenza de Yolanda Castaño: no programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza todos os anos para os centros de ensino do concello co seu "Espectáculo poético visual" e o "Contacontos en verso". O seu libro "Verdedades", ilustrado por Xosé Tomás, foi suxestión de lectura no programa Recomendacións en Radioleiros. Foi a biógrafa de Xela Arias na obra titulada "Xela quixo ser ela: biografía de Xela Arias", presentado no Teatro As Torres (Santa Cruz) en maio de 2021.
Lévate en préstamo os libros de Yolanda que temos ao teu dispor no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

Parabéns, Yolanda Castaño!!!

26/9/23

Tertulias Literarias en Mera: ábrese a inscrición o 3 de outubro ás 16:00

Tertulias Literarias en Mera: ábrese a inscrición o 3 de outubro ás 16:00 h.
Clubs de lectura e Tertulias literarias na
Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado (Mera): inscrición a partir do día 3 de outubro, ás 16 horas.

Como inscribirse:
- Persoalmente na Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado de Mera.
- Por teléfono (981 628 507) no horario da biblioteca: luns, de 16:30 a 20 h e de martes a venres de 16 a 20 h.

Serán 30 prazas, distribuídas en 2 grupos de 15 persoas cada grupo.
Poderán apuntarse todas as persoas maiores de 18 anos que desexen participar.
As-os solicitantes sen praza formarán parte dunha listaxe de agarda.
As sesións celebraranse mensualmente os luns (un luns un grupo e outro luns o outro grupo), ás 19 h.
A duración da actividade é de 90 minutos.
A presentación e primeira sesión do grupo A será o luns 16 de outubro e do grupo B o luns 30 de outubro, ambas ás 19 h.

Comentaranse obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, pero tamén se le poesía, teatro e ensaio, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.
O principal obxectivo é animar a ler lendo, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da lectura, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.
Ao longo dos meses iranse prestando ás persoas participantes diferentes libros de autoras e autores da literatura galega, española e internacional, por este motivo é totalmente imprescindible que as-os interesadas-os en participar se inscriban nalgunha das tres bibliotecas, para ter praza e poder ter dispoñibles os exemplares necesarios de cada título.