Todas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Federico García Lorca”. Montrove
Martes 21 de abril
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Contos que trouxo o vento do norte para que escoiten as túas orellas”
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 22 de abril
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626338)
CONTACONTOS: Chus Álvarez de Cucarandainas
TÍTULO: “EntreCaixas”
Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
Xoves 23 de abril
Para nenas-os de 3 a 12 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639511, chama a partir do luns 20 de abril) Prazas agotadas!!!
COMPAÑÍA: Títeres Cachirulo
ACTIVIDADE: “O libro da selva”
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 24 de abril
CONTACONTOS: Lilí Gruyere de Trinke Trinke
TÍTULO: “Avós”
17/4/15
Recomendacións en Radioleiros: 17 de abril
- Infantil (menores de 8 anos):
Uno y siete, de Gianni Rodari e ilustrado por Beatrice Alemagna
SM, 2001
Sete nenos de paisaxes urbanas e países diferentes, pais de distintos oficios e cores de pel. A historia dun neno que á vez é sete nenos máis, exemplo de integración de Gianni Rodari, premio Andersen e magníficamente ilustrada por Beatrice Alemagna.
- Mozos/as e adultos/as:
Vidas exemplares, de Uxía Casal
Xerais, 2006
Os protagonistas dos 21 relatos son persoeiros trastornados que están no fío da navalla, entre a loucura e a cordura, entre o explicable e o incomprensible. Ao longo dos mesmos, destacamos a capacidade de sorpresa e marabillamento coa que mantén en vilo ao lector. Formato recomendábel para a fin de semana pola axilidade e frescura dos textos.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

16/4/15
Novas incorporacións dvd infantil na Biblioteca Central Rialeda (abril 2015)
Eis as novas incorporacións de dvd infantil na Biblioteca Central Rialeda!
Preme sobre a imaxe para descargar a guía e comprobar dispoñibilidade.

Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
15:58
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca Central Rialeda,
Novidades
14/4/15
Günter Grass e Eduardo Galeano, voces irrepetibles
Na Biblioteca Central Rialeda ofrecemos unha mostra de obras dos autores Günter Grass e Eduardo Galeano, recentemente falecidos.
Podes botar unha ollada aos títulos na planta baixa da biblioteca, xusto antes do acceso á escaleira principal.
O uruguaio Eduardo Galeano, xornalista e escritor comprometido coa dignidade dos pobos latinoamericanos, apaixoado do fútbol e da cultura, podese considerar un humanista do século XX. Encarcerado no ano 1973, a súa obra foi censorada polas dictaduras arxentina, chilena e uruguaia. Con todo, a súa obra foi traducida a unha veintena de linguas. Curiosamente a súa opinión acerca da súa obra capital "Las venas abiertas de América Latina" non é nada condescendente: "non tiña a formación axeitada nin o coñecemento debido de política e economía".
O autor alemán Günter Grass foi investido co Premio Nobel no ano 1997 e o Premio Príncipe de Asturias en 1999. Neste caso, o compromiso do autor de "El tambor de hojalata" remitese ao pasado recente do seu país. As súas opinións, frecuentemente polémicas, incluíndo o seu recoñecemento de ter sido membro das SS en tempos de Hitler ("Piel de cebolla"), son, con todo, referencia moral e política no país xermano. Crítico coa reunificación e coa deriva europea no século XXI, resume a súa esperanza contra a devaluación da cultura e o humanismo cunha sinxela frase: "Non hai espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le".
Podes botar unha ollada aos títulos na planta baixa da biblioteca, xusto antes do acceso á escaleira principal.
Tertulia literaria en Rialeda: 15 de abril (Grupo A)
Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.
Comentario de "Las buenas personas" de Nir Baram.
Documentación
Obras de Nir Baram nas nosas bibliotecas.
A seguinte obra programada é "El libro de arena" de Jorge Luis Borges.

15 de abril: Inicio 3º trimestre na Tertulia Literaria (Grupo A)
Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.
Comenzamos o 3º e último trimestre nas Tertulias literarias da Biblioteca Central Rialeda no Grupo A.
Pode apuntarse á actividade:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca.

- "Cometas en el cielo", de Khaled Hosseini
Datas:
- Abril: días 15 e 29
- Maio: días 13 e 27
- Xuño: día 10
Pode apuntarse á actividade:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca.
13/4/15
Actividades de promoción da lectura "Abril, libros mil": de 13 a 17 de abril
As Bibliotecas Municipais de Oleiros, conmemoran durante todo o mes e baixo o título de “Abril, libros mil”, o Día Internacional do Libro, organizando numerosas actividades de promoción da lectura para dinamizar as bibliotecas como espazos de ocio e aprendizaxe dirixidos a toda a poboación, actos que abarcan diferentes idades e distintos formatos:
Contacontos para nenas e nenos de 5 a 12 anos (ás 18:30 h.):
- 13 de abril: Biblioteca de Dorneda, con Trinke Trinke.
- 14 de abril: Biblioteca de Oleiros, con Ramiro Neira.
- 15 de abril: Biblioteca de Santa Cruz, con Gemola.
- 16 de abril: Biblioteca de Lorbé, con Caxoto.
- 17 de abril: Biblioteca de Nós. con Pablísimo.
Contacontos para nenas e nenos de 1 a 4 anos (ás 18:30 h.):
- 16 de abril: Biblioteca Central Rialeda, con Cucarandainas. Prazas esgotadas!!!
Tertulias literarias para mozas/os e adultas/os:
- 15 de abril: Biblioteca Central Rialeda (grupo A): comentario de "Las buenas personas" de Nir Baram.
- 22 de abril: Biblioteca Central Rialeda (grupo B): comentario de "La invención de Morel" de. A. Bioy Casares.
Na tertulia da Biblioteca de Santa Cruz estase lendo "Olive Kitteridge" de Elizabeth Strout.
Actividades para o alumnado dos centros públicos de ensino de Oleiros:
Biblioteca Central Rialeda:
- 14 de abril: Soledad Felloza con "Bailar nas nubes".
- 15 e 17 de abril: Visitas programadas incluíndo o contacontos "Feirantes" con Ramiro Neira.
Biblioteca de Santa Cruz:
- 14 de abril: Elefante elegante con "Lobo bobo".
- 16 e 17 de abril: Obradoiro de ilustración "Sensacións debuxadas" con Manel Cráneo.
Encontro coa escritora e activista Thamizhachi Thangapandian
O luns 13 de abril, ás 10:45 horas, estará nas Torres de Santa Cruz a escritora e activista támil Thamizhachi Thangapandian para ter un encontro con alumnado dos tres institutos de Oleiros. Esta poeta visita Galicia a través da organización galega de cooperación ao desenvolvemento Implicadas no Desenvolvemento. A autora támil non é só unha das voces máis prestixiosas da escrita poética en lingua támil, senón que tamén é unha traballadora incansable a prol da palabra das mulleres.
Nas vindeiras semanas proseguirán máis actividades para o alumnado: “De Fole a Miranda” que é un contacontos de relatos de Ánxel Fole e Xosé Miranda; “Mitos e deidades: Mitoloxía da antiga Gallaecia” conferencia a cargo de Manuel Gago; recital de poesías de “Campos de Castilla” de Antonio Machado; “Mulleres que corren con lobos” a cargo de Inés Cuadrado e o músico Xocas Meijide; obradoiro xuvenil de poesía coa poeta Yolanda Castaño; actividade sobre Martín Codax co músico Juan Carlos Vázquez; “Contos escollidos” de Emilia Pardo Bazán a cargo de Soledad Felloza.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)