Unha longa viaxe, de Daniel Hernández Chambers, ilustracións de Federico Delicado
Kalandraka
Dúas historias en paralelo cóntannos o drama da inmigración. A primeira delas é a dunhas aves que marchan por cuestións climatolóxicas mentras na segunda é unha familia a que ten que fuxir dun conflito bélico. A fame, o frío, o maltrato e outros episodios pasan por este relato de grande contido social e que compón unha mensaxe pedagóxica de plena actualidade.
- Mozas/os e Adultas/os
Buscando un pájaro azul, de Joseph Wechsberg
Automática
As memorias de Joseph nos anos vinte e trinta despois da súa saída de Checoslovaquia son un anaco de como foi o periodo de entreguerras. Chegado ao París da bohemia onde busca traballo como músico, embárcase para cruzar os océanos tocando o violín nun feixe de barcos nos que vivía e viaxaba unha multitude de personaxes: un chinés lavandeiro ao que gustaba a fotografía, americanos descontentos coa lei seca, mulleres en situacións diferentes, a oficialidade que mandaba os transportes….
Un retrato de como foi o mundo entre as dúas grandes guerras.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.