25/11/22

Hora do conto: 28 de novembro a 1 de decembro 2022

- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas/actividades.
 
Luns 28 de novembro, ás 18:30
Para nenas-os de 2 a 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
ESPECTÁCULO: “O polo Pepe e o galo Cocorico”
CONTACONTOS: Lía Magalia
 Martes 29 de novembro, ás 18:30
Para nenas-os de 2 a 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
ESPECTÁCULO: “Pipo, o paxaro que no sabía voar”
CONTACONTOS: Trémola Teatro

Mércores 30 de novembro, ás 18:30
Para nenas-os de 2 a 5 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Paxariños”
CONTACONTOS: Trinke Trinke Teatro
 
Xoves 1 de decembro, ás 18:30
Para nenas-os de 2 a 5 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Cociñando contos"
CONTACONTOS: O Maquinista
 
                                                       AVISO
O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Recomendacións en Radioleiros: 25 novembro 2022

- Infantil (nenas-os de 8 a 10 anos):
"Bichería" de Carlos López. Ilustracións de Xan López Domínguez. En Xerais.
Paxaros, insectos, peixes, réptiles, felinos e demais aparecen neste libro con máis de corenta contos pequenos, e moito, moito humor. Unha aventura moi ben ilustrada polo talento de Xan López Domínguez, que ben pode servir para agasallo.

- Mozas-os e adultas-os:
"Las lealtades" de Delphine de Vigan. Editado por Anagrama.
A entrada dun neno de doce anos no mundo do alcohol é o comezo desta novela a catro voces na que de Vigan lévanos polas vidas de familias e docentes nunha mestura forte e austera dunha cidade francesa de hoxe.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


24/11/22

María Casares: 1922-2022. Expo en Rialeda que conmemora o centenario do seu nacemento

María Victoria Casares Pérez naceu na Coruña hai cen anos, o 21 de novembro de 1922. Celebramos o centenario do nacemento dunha das actrices máis senlleiras da escena francesa do século XX. María Casares tivo unha moi especial relación con Oleiros, sobre todo durante a súa nenez, xa que gozará os meses de agosto da súa estancia en Oleiros, primeiro no Pazo do Río e despois en Villa Galicia en Montrove. O escenario dos seus veráns son, ata mediados dos anos vinte do pasado século, os paseos e baños na praia de Bastiagueiro. 
Nas súas memorias, "Residente privilexiada" evoca os seus tempos vacacionais vividos en Oleiros, os seus xogos infantís e a vida de familia. Felicidade truncada polo golpe de Estado de 1936 e a ditadura franquista que a leva ao exilio en Francia onde se convirte nun personaxe indiscutible sobre as táboas. 
Este é o ano para celebrar a biografía e a obra de María Casares. Convidamos a visitar as exposicións bibliográficas adicadas a ela en Bibloleiros (Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz e Biblioteca Central Rialeda de Perillo). 
No Concello de Oleiros unha rúa e un centro de ensino secundario gardan o seu recordo.

22/11/22

Presentación de "O obxecto muller e o xiro ontolóxico" de Inma Otero Varela: 24 de novembro 2022

Día: xoves 24 de novembro
Hora: 20:00 h.
Lugar: Teatro As Torres (Santa Cruz)
Intervirán: a autora Inma Otero Varela e o filósofo Carlos Lema.

"O obxecto muller e o xiro ontolóxico": A cuestión de xénero é un dos interrogantes aos que a filosofía feminista intenta responder desde os seus inicios. ¿Que é unha muller e que implica esta determinación inicial? ¿Pódese revogar ou é unha natureza inemendable? (...) Para contestar esas preguntas, a autora parte do xiro que o realismo especulativo, ou o novo realismo, deu na filosofía contemporánea. Pensar unha ontoloxía plana na que a relación de dependencia entre suxeito e obxecto desaparece ao deixar de ser a exclusiva forma de acceder ao senso, de existir.

Inma Otero (Carral, 1976), profesora de Lingua e Literatura Galega no Ensino Medio, combina o traballo docente coa investigación e crítica literaria (Grial e Sermos, entre outros medios). Traduciu do italiano Emerxencia de Maurizio Ferraris (Euseino? 2017) e é autora de A materialidade das fillas de Lupa. Obxectos ficcionais femininos na narrativa galega (Xerais, 2022)
Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir.

AVISO: Biblioteca de Lorbé pechada o martes 22. Biblioteca de Mera pechada o mércores 23

A Biblioteca Municipal "Xograr Mendiño" (Lorbé) permanecerá pechada ao público o martes 22 de novembro (de 16:00 a 20:00)
 
A Biblioteca Municipal "Mª José Trincado" (Mera) permanecerá pechada ao público o mércores 23 de novembro (de 16.00 a 20:00).

Pregamos desculpen as molestias