15/3/24

Ler para saber A CIENCIA: 15 de marzo 2024

Alejandro Cardesín Moinelo en Rialeda. Venres 15 de marzo
Charla de divulgación científica dirixida á poboación infantil (a partir de 10 anos), adolescentes e público en xeral.

Día: Venres, 15 de marzo.
Lugar: Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
Hora: 18:30 h.

Construímos unha nave espacial
Alejandro Cardesín Moinelo. Enxeñeiro e científico de Misións Planetarias.
Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.


Hora do conto: 18 a 22 de marzo de 2024

Hora do conto: 18 a 22 de marzo de 2024
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. 
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas. 

Luns 18 de marzo, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
ESPECTÁCULO: “Abrapalabra!”
CONTACONTOS: Ramiro Neira

Mércores 20 de marzo, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
ESPECTÁCULO: “Amoriños contei”
CONTACONTOS: Tarabelos


Xoves 21 de marzo, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
ESPECTÁCULO: “Leo e as cores”
CONTACONTOS: Trémola Teatro

Xoves 21 de marzo, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
ESPECTÁCULO: “O reino da rima”
CONTACONTOS: Charo Pita

Venres 22 de marzo, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
ESPECTÁCULO: “Cueiros de cores”
CONTACONTOS: Trinketrinke Teatro

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Recomendacións en Radioleiros: 15 marzo 2024

- Infantil:

Avni: Animal verdaderamente no identificado, con textos de Romain Pujol e debuxos de Vincent Caut
Astiberri

Avni é un neno estupendo, pero na súa nova escola de primaria “Animalia”, esperta a curiosidade de todos porque é diferente.
“Que animal é?”
“Ten unha pinta rara!”
Non é un oso, nin un peixe, nin unha serpe...
É Avni, un animal verdadeiramente non identificado, de cor azul, pero que pode cambiar de cor, estirarse, etc.
Un animal que non deixa indiferente a ninguén e para algúns incluso é un superheroe porque ten superpoderes...


As historietas están estruturadas en aventuras de dúas páxinas, polo que son moi fáciles de ler polas nenas e nenos máis pequenos e os guións abordan, cunha gran dose de humor e dunha maneira sinxela, temas como a diferenza, a amizade, o bullying, etc.
Avni vainos desconcertar e seducir pola súa orixinalidade, fantasía e simpatía.

Jesús Jiménez, xornalista da sección de Cultura de RTVE, dixo: “No solo es muy divertido sino también tremendamente educativo, ya que además de para que los niños empiecen a leer, les enseñará cosas tan importantes como a respetar la diferencia, a distinguir y combatir el bullying o la importancia de la amistad”.

Desde a editorial recoméndano para maiores de 6 anos, pero se llelo len os pais, as nais, ou outras persoas, pódese dicir que serve para idades inferiores.

- Mocidade e público adulto: 



Monet: nómada de la luz, con guión de Salva Rubio, debuxo e cor de Efa
Norma

Unha fermosa novela gráfica sobre a vida e a obra do pintor impresionista Monet.

O autor do guión explica que a pesar de que toda a obra está baseada e documentada en feitos reais, é unha adaptación á banda deseñada, por este motivo tiveron que usar a imaxinación e a fantasía, técnicas necesarias para a construción literaria do personaxe e a ficcionalización dalgúns feitos. O guionista adapta os datos que considera máis interesantes da súa biografía, pero, principalmente, céntrase en expor o seu sentir artístico e en como loitou por conservar a súa propia visión da arte, dedicándose á busca da luz e inundando de luz a súa obra. Como liderou o movemento dos Impresionistas que cambiou a visión da pintura no século XIX. O que Monet desexaba non era representar a realidade, nin idealizar o modelo como acontecía na antigüidade, senón pintar emocións, impresións...

En toda a publicación destaca a calidade do aspecto visual. Ao longo do libro iremos vendo o pintor en diversos escenarios, paisaxes, que calquera coñecedor de Monet recoñecerá facilmente, e finaliza co seu amado xardín.
Podemos dividila en dúas partes:
- Na primeira vai contando a súa vida en primeira persoa: a súa marcha para París, os seus problemas económicos, como loitou por conseguir expor no Salón da Academia, a súa relación con Camille coa que casou despois de ter un fillo e estar a punto de abandonala, etc.
- A segunda parte, é como un resumo no que os autores explican en que se inspiraron para realizar algunhas viñetas, incluíndo algúns anacronismos.


Efa estivo nominado ao premio Eisner, a mellor debuxante/artista multimedia por esta obra.



O 17 de marzo celébrase o Día do Cómic, instaurado en 2022 polo Consello de Ministros de España a iniciativa do Ministerio de Cultura, para recoñecer  o valor do cómic e do tebeo, o peso da súa historia e a súa importancia no contexto actual, a súa  diversidade, creatividade e calidade. Por este motivo, as dúas obras recomendadas son de banda deseñada.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: 19 a 21 de marzo 2024

Actividades de promoción da lectura: 19 a 21 de marzo 2024
Programa de actividades de promoción da lectura
que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 19 a 21 de marzo:

Martes 19 de marzo:
- 10:15 alumnado de 4º de EI e 11:30 alumnado de 6º de EI do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Glup!" con Ramiro Neira.

Mércores 20 de marzo:
- 10:00 alumnado de 1º de Bacharelato do IES María Casares (Santa Cruz).
"Poéticas: unha viaxe pola historia da poesía española" con Chus Álvarez.

Xoves 21 de marzo:
- 10:15 e 11:30 alumnado de 1º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"O caracol namorado" con Trinketrinke Teatro.

11/3/24

Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 12 marzo 2024 (Grupo A)

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller
"Rosalía de Castro". Santa Cruz.
17:30 a 19 h.

Sesión moderada por Cecilia Monllor.

Comentario de "Leña menuda" de Marta Barrio.
Documentación.

Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "Denuncia inmediata" de Jeffrey Eugenides.


Hora do conto: 13 a 15 de marzo de 2024

Hora do conto: 13 a 15 de marzo de 2024
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. 
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas.
 
Mércores 13 de marzo, ás 18:30
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Porco porquiño, esíname o camiño”
CONTACONTOS: Charo Pita

Xoves 14 de marzo, ás 18:30
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Con certo aire musical”
CONTACONTOS: Fran Amil


Venres 15 de marzo, ás 18:30
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Cantos contos canto”
CONTACONTOS: Pablo Díaz
AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Recomendacións en Radioleiros: 8 marzo 2024

- Infantil e xuvenil:

Grandes mujeres que cambiaron el mundo, de Kate Pankhurst
Anaya

A través deste libro, preséntanse personaxes como a escritora Jane Austen, a nadadora Gertrude Ederle, a diseñadora Coco Chanel, a pintora Frida Khalo e así ata un elenco de 13 mulleres, moi coñecidas unhas, outras non tanto. Trátase dun libro divulgativo marabilloso que permitirá ás lectoras e lectores coñecer un pouco máis destas trece mulleres que fixeron deste mundo un lugar algo máis amable.


- Mocidade e público adulto:

La librera de París, de Kerri Maher
Navona

Versión dixital en eBiblio


Segundo a propia autora, o que pretendeu foi amosar o corazón de Sylvia Beach, a fundadora da librería Shakespeare & Co. en París. A novela transporta á lectora e ao lector a esa cidade única, ademáis de asistir ao crecemento persoal desta memorable libreira como foi Sylvia Beach. Porque daquela, todos os escritores que frecuentaban a librería como Hemingway ou Fitzgerald aínda non eran famosos, a celebridade era ela.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: 11 a 15 de marzo 2024

Actividades de promoción da lectura: 11 a 15 de marzo 2024
Programa de actividades de promoción da lectura
que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 11 a 15 de marzo:

Luns 11 de marzo:
- 9:30 e 11:30 alumnado de 2º de ESO do Colegio Hijas de Cristo Rey (Oleiros).
Visita á biblioteca e "Feirantes" con Ramiro Neira.
Martes 12 de marzo:
- 9:30 alumnado de 2º de ESO do Colegio Hijas de Cristo Rey (Oleiros).
Visita á biblioteca e "Feirantes" con Ramiro Neira.
Xoves 14 de marzo:
- 10:20 alumnado de 4º de EI do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Sorpresa!" con A Xanela do Maxín.
Venres 15 de marzo:
- 10:20 alumnado de 5º de EI e 11:40 alumnado de 6º de EI do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Os libros da titiriteira" con A Xanela do Maxín.

Martes 12 de marzo:
- 10:15 alumnado de 4º de EI e 11:00 alumnado de 5º de EI do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz).
"Sorpresa!" con A Xanela do Maxín.
Mércores 13 de marzo:
- 10:30 alumnado de 2º de EP e 12:10 alumnado de 1º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Familias diversas" con Trinketrinke Teatro.
Xoves 14 de marzo:
- 10:30 alumnado de 5º de EI do CEIP Luís Seoane (Mera) e 11:30 alumnado de 1º de EP do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz).
"Familias diversas" con Trinketrinke Teatro.

Mércores 13 de marzo:
- 10:15 alumnado de 4º de EI do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"A noite das mudanzas" con Charo Pita.