2/8/19

Recomendacións en Radioleiros: 2 agosto 2019

https://youtu.be/NX8BXTpKXXQ
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1478850- Xuvenil (a partir de 12 anos):

A filla do Minotauro, de Marilar Aleixandre
Galaxia

No remate da Gran Guerra unha curiosa rapaza de apenas 16 anos, intelixente e sobre todo moi atenta ao que pasa ao seu redor chamada Miranda - a filla do Minotauro, ofrécese a botar unha man nunha empresa arriscada. Terá que agochar un documento antigo moi valioso e que é unha das pezas máis cobizadas polos ladróns de xoias de arte contratados pola mafia siciliana.

- Mozas/os e adultas/os:

Tea rooms: mujeres obreras, de Luisa Carnés
Hoja de Lata

"Tea Rooms" conta a historia dun grupo de mulleres que traballan nun salón de té na inestable capital de España, onde os dereitos dos traballadores son máis que limitados. Asistiremos aos inicios das primeiras folgas e as reclamacións dos obreiros para obter mellores condicións laborais. Un grupo de mulleres, cada unha coa súa propia historia, Antonia, Paca, Marta, Laurita e a protagonista Matilde, xoven e pobre pero moi diferente das demáis, con ideas propias e mirada crítica. Podemos considerala a "alter ego" de Luisa Carnés, a autora da novela.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

29/7/19

A Terra, en números vermellos!!!

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-shelves.pl?viewshelf=6989&sortfield=
O 29 de xullo é o Earth Overshoot Day (Día do Sobrexiro da Terra), día no que @s human@s xa gastamos os recursos naturais correspondentes a todo 2019 !!!
As consecuencias deste desastre ecolóxico son máis que coñecidas e evidentes. Son moitas as persoas expertas en ciencia ecolóxica, ambiental, bioloxía, etc. que levan dando a voz de alarma sobre este lamentable récord da humanidade.
Cada ano adiántase esta vergoñosa data. É hora de poñer remedio!!! Para elo, a Biblioteca Central Rialeda ofréceche unha escolla de libros (na sala infantil-xuvenil) para axudar a facer do noso planeta unha casa habitable para todas-os.