6/5/11

Recomendacións en Radioleiros: 6 de maio

logo recomendacións en RadioleirosTítulos recomendados o venres 6 de maio:
- Infantil (a partir de 11 anos):
"El señor de los ladrones" de Cornelia Funke, en Destino.
O Señor dos Ladróns ten só 13 anos, pero xa lidera unha
b
cuberta de El señor de los ladronesanda de rapaces que son quen de levar adiante calquera misión.

- Mozos/as e adultos/as:
"Niños del domingo" de Ingmar Bergman, editado por Tusquets.
Bergman lembra un domingo de verán de cando tiña oito anos e foi facer co seu pai cuberta do libro niños del domingounha excursión en bicicleta, vivindo ámbolos dous momentos de gran complicidade.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

4/5/11

Exposición bibliográfica sobre Lois Pereiro na Biblioteca de Santa Cruz

A imaxe de Lois Pereiro é reflexo da súa actitude fronte a vida: esgazada, crúa e espida coma os seus versos. Estes elementos determinaron o mito marxinal e cosmopolita que o poeta personifica. A autodestrución, a desolación, a morte, son os temas predominantes na súa poesía.



A Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz, propón unha achega á figura do poeta e xornalista monfortino.

Descarga o Tríptico con información sobre o homenaxeado, as súas obras e recursos de interese.

Todos os materiais poden levarse en préstamo.

2/5/11

Hora do conto: do 3 ao 6 de maio

logo hora do conto nas bibliotecas de OleirosAquí tes a programación desta semana da hora do conto,
PASARALO MOI BEN ESCOITANDO CONTOS!!!
Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 3 de maio
CONTACONTOS: Fran Insua
TÍTULOS: "O caracol lento", "Un becho estraño", "Historias sen fin"

Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 4 de maio
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULOS: Contos terribles: “Chibos chibóns”, “Gato Guille e os monstros”, "Terrible", "Agora non, Fernando"

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 5 de maio
Para nenos-as menores de 6 anos:
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULOS: “Chibos chibóns”, “Gato Guille e os monstros”
Para nenos-as maiores de 6 anos:
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS: ”A coxiña”, “A moza do corvo”

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 6 de maio
CONTACONTOS: Ratiña Lupiña da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS: “Non é facil pequeno esquío”, "O ladrón de galiñas”, "Unha eiruga moi larpeira"

(AVISO: Os títulos programados poden sufrir cambios en función do público asistente)

Tertulia literaria en Rialeda: 4 de maio (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)


Hora: de 17,30 a 19,30


Comentaráse a obra "La fiesta del chivo" de Mario Vargas Llosa.
Documentación sobre a obra.


Obras de Mario Vargas Llosa nas nosas bibliotecas.