- Infantil (menos de 6 anos):
"Mamá" de Mariana Ruiz Johnson
Kalandraka
Fermosa obra cun pequeno texto rimado rodeado de numerosas, lindas e coloridas ilustracións nas que a natureza está sempre presente.

O contido inspírase no estilo ornamental da arte popular latinoamericana e desde o punto de vista cromático, pola forza expresiva e poética das ilustracións, tamén rende homenaxe a pintores como Paul Klee.
A autora explica que é un libro pensado para xerar un momento compartido entre a nai e o fillo.
VI Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados. O xurado do premio destacou “a vitalidade, a forza, o manexo da cor dun libro que traballa un tema universal (como é a maternidade) e especialmente cercano ao mundo da infancia”.
- Mozas/os e adultas/os:
"Operación dulce" de Ian McEwan
Anagrama
Está narrada en primeira persoa pola protagonista, despois de que pasaran cerca de 40 anos. Ambientada na Inglaterra de 1972. En plena Guerra Fría, Serena Frome, unha nova estudante, filla dun bispo anglicano, que medrou protexida polo recinto catedralicio dunha cidade de provincias do este de Inglaterra, é reclutada polos servizos secretos do M15. A súa misión, denominada “Operación dulce”, de aí o título, é crear unha fundación para axudar a novelistas prometedores, pero na que a verdadeira finalidade é xerar propaganda anticomunista. Entrou no Servizo Secreto a raíz da súa relación con Tony Canning, un profesor universitario de cincuenta e poucos anos. Unha vez que está traballando nel, nada será o que parece: mentiras, traizóns, etc. Mestura crítica e parodia ao funcionamento destes organismos.

Ao longo da novela o autor aproveita para mencionar diferentes obras literarias e realizar distintas críticas delas. Unha narración ben escrita, que sorprende, que se le de forma moi amena, un thriller que atrapa, e cun final que estraña e engancha ao lector.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.