9/12/22

Recomendacións en Radioleiros: 9 decembro 2022

- Infantil: 
"Cósmico o bombeiro galáctico" de Fon. Editado por Xerais.
Dispoñible en Galicia Le
 
Da man deste magnífico ilustrador vemos a historia de Cósmico, un bombeiro que soña con gañar medallas apagando lumes. Banda deseñada con afán pedagóxico no eido medioambiental. Interesante opción para agasallar.
 
- Mozas-os e adultas-os:
"Obra maestra" de Juan Tallón. En Anagrama. 
Dispoñible en eBiblio
 
A desaparición acontecida anos atrás dunha monumental escultura de Richard Serra que estivera exposta no Reina Sofia, permítelle a Tallón un magnífico exercicio narrativo arredor do mundo da arte: comisarios, galeristas, políticos, empresarios, empregados de museos e contratas pasan por estas trescentas páxinas cheas de contido e ironía.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.