14/12/24

"Surtido de Nadal": calidade suprema para degustar

 
 
Producción ilimitada de delicatessen literaria. Catas para padais esixentes.

13/12/24

Recomendacións en Radioleiros: 13 decembro 2024

- Infantil (a partir de 4 anos):

No todas las vacas son iguales, de Antonio Ventura con ilustracións de Pablo Amargo.
Camelia.

As vacas, aínda que o pareza, non son todas iguais.
Diferéncianse na cor, no tamaño e tamén nos seus gustos e preferencias.
A algunhas vacas gústalles deitarse na herba do prado, a outras xogar ás agachadas, algunhas soñan con ser xabaril, outras prefiren pasar o tempo mirando ...
Pero o que  lles gusta a todas, sobre todo cando son pequenas, é que seus pais lles conten contos á hora de ir durmir.


- Mocidade e persoas adultas:

Todos los nombres, de José Saramago.
Alfaguara.

Don José é  un escribán da Conservaduría Xeral do Rexistro Civil. Alí anota a diario datos nas fichas dos vivos e nas fichas dos mortos que forman un inmenso arquivo.
A Don José gústalle coleccionar noticias sobre persoas famosas. Pero, para outorgarlles fiabilidade, decide completalas cos documentos do Rexistro Civil onde traballa.
Un día, por casualidade,  repara na ficha dunha muller descoñecida e chámalle a atención que nela figuran moi poucos datos, apenas os esenciais, e decide poñerse a investigar.
Isto lévao a  protagonizar mil aventuras e cometer infraccións varias. Algo impensable para el  que sempre fora tan responsable,  metódico e entregado no seu traballo e na súa vida.


Unha novela sobre a identidade e a soidade.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

10/12/24

Ler para saber A CIENCIA: 13 de decembro 2024

Carmen Rodríguez Coronado. Dobre grao en Bioloxía e Química. Máster en Bioloxía Molecular, Celular e XenéticaLer para saber A CIENCIA: 13 de decembro 2024Charla de divulgación científica dirixida á poboación infantil (a partir de 10 anos), adolescentes e público en xeral.

Día: Venres, 13 de decembro
Hora: 18:30 h.

Limpar de antobióticos o medio ambiente
Carmen Rodríguez Coronado. Profesora substituta de Fisioloxía Vexetal (Área de Fisioloxía Vexetal - Departamento de Bioloxía) da UDC. Dobre grao en Bioloxía e Química. Máster en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética. Estudante de doutoramento na UDC e contratada pola Facultade de Ciencias como axudante de investigación.

Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.

8/12/24

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (9 a 11 decembro 2024)


Biblioteca "María José Trincado". Mera (Grupo A)
- Luns 9 de decembro.
19 a 20:30 h.
Comentario de "Ancho mar de los Sargazos" de Jean Rhys.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "El coronel no tiene quien le escriba" de Gabriel García Márquez.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 10 de decembro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "O único que queda é o amor" de Agustín Fernández Paz.
Modera: Pepe Taboada.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "La nieta del señor Linh" de Philippe Claudel.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 11 de decembro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Cómo maté a mi padre" de Sara Jaramillo Klinkert.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Ninguén queda" de Brais Lamela.