24/3/12

Obradoiros de BD con Manel Cráneo para alumnado do CEIP Valle-Inclán

Actividade dirixida ao alumnado do CEIP Valle-Inclán de Perillo
Luns 26 de marzo
- 9,30 h.: 5º A de E.P.
- 11,30 h. 5º B de E.P.

Martes 27 de marzo
- 9,30 h.: 6º A de E.P.
- 11,30 h. 6º B  de E.P.
Venres 30 de marzo
- 9,30 h.: 6º C de E.P.
Un ano máis, o ilustrador Manel Cráneo achégase a Rialeda a amosar ao alumnado dos centros públicos de Oleiros o proceso de creación dun álbum de banda deseñada. Se queres coñecer máis sobre el e a súa obra, accede aos seus blogs Cráneo Mortem e Planeta Mincha, ou descarga o folleto que preparamos na biblioteca.

Aviso importante: durante a celebración da actividade a sala de audiovisuais (2º andar) da biblioteca estará fora de servizo. Desculpade as molestias.

23/3/12

Hora do conto: 27 a 29 de marzo

Aquí tes a programación da hora do conto do 27 ao 29 de marzo. Todas as sesións son ás 18:30 horas.

Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 27 de marzo
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULOS: Contos da Prima Vera: "Paco", "Tan só nun segundo"

Mércores 28 de marzo
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULOS: “Xil Moniz”, “O barquiño de papel”

Xoves 29 de marzo
AVISO IMPORTANTE:
A SESIÓN CORRESPONDENTE A ESTA BIBLIOTECA ESTÁ SUSPENDIDA!!!

(Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

Recomendacións en Radioleiros: 23 de marzo

- Xuvenil:


La vuelta al mundo de un forro polar rojo, de Wolfgang Korn
Editado por Siruela

Unha viaxe pola globalización co exemplo da fabricación, distribución, uso e reciclaxe dun forro polar.

De plena actualidade para entender o ciclo e as súas consecuencias sociais e medioambientais.

- Mozos/as e Adultos/as:

Todo lo que tengo lo llevo conmigo, de Herta Müller
Editado por Siruela

Narración sobre a deportación de poboación romanesa de orixe alemá á Unión Soviética despois da II Guerra Mundial.

Herta Müller (1953), filla dunha deportada, escrebe unha novela baseada nas lembranzas dun amigo que pasou por esta experiencia.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

21/3/12

Ler para saber A CIENCIA: 23 de marzo

Esperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 23 de marzo ás 18:30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Primeiramente, Daniel Sánchez e Irene Casás, de 1º de ESO do IES Neira Vilas de Perillo, realizarán unha breve presentación sobre  "Os romanos".

A continuación, Andrés Martínez Lage, profesor titular da Universidade da Coruña, Vicedecano de Bioloxía, Departamento de Bioloxía Celular e Molecular, área de Xenética, nos ofrecerá a charla científica titulada “O xardín de Mendel".

Seleccionamos para ti libros para esta charla científica.

20/3/12

¡Viva a Pepa! 200 anos da nosa primeira Constitución: expo bibliográfica en Lorbé

O 19 de marzo de 1812 proclámouse a primeira Constitución española, coñecida como “A Pepa”, co gallo do seu 200 aniversario, na Biblioteca de Lorbé presentámosche unha exposición sobre esta etapa da nosa historia. Poderás visitala durante todo o mes de marzo.


Incluímos libros sobre historia, política, economía, costumes, novela histórica, etc.

22 de marzo: Presentación do libro: "Mulleres na guerrilla antifranquista galega"

Hora: 19,00 h.
Intervirán:
- Aurora Marco, autora da obra e profesora
- Francisco Pillado, director da editorial Laiovento e escritor

Proxectaráse o documental "As silenciadas", dirixido por Pablo Ces

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 21 de marzo (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentaráse a obra "Por favor, cuida de mamá" de Kyung-Sook Shin
Obras de Kyung-Sook Shin nas nosas bibliotecas

AVISO IMPORTANTE: a tertulia no Grupo A retomaráse novamente o 18 de abril, despois do paréntese da Semana Santa.

19/3/12

Hora do conto: 21 a 23 de marzo

Aquí tes a programación da hora do conto do 21 ao 23 de marzo,
Todas as sesións son ás 18:30 horas.
Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Mércores 21 de marzo
CONTACONTOS: Andrea Bayer
TÍTULOS: "A bruxa Mimi", "As pousadeiras do rei", "Andrés cabeza abaixo", "Os dous corcovados"

Mércores 21 de marzo
TÍTULOS: “A ratiña presumida: conto popular”, “Nadarín” 

Xoves 22 de marzo
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: "¡Es un libro!", "La noche de la visita", "Un beso antes de desayunar"

Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 23 de marzo
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULOS: “Contos con cornos”: "O dragón e a bolboreta", "Pequerrecho pequerrechiño", "A vaca na baca" 

(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

Día da Poesía na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda

Con motivo da celebración do Día da Poesía o 21 de marzo, presentamos a todos os socios/as e usuarios/as as seguintes actividades que poderás desfrutar ao longo do mes de marzo:


"Dame un verso"
Achégate á biblioteca cun verso ou unha poesía que te emocione, que teña ese "algo" especial. Pode ser tanto allea como creada por ti. Todos os versos que aportedes serán expostos en diferentes sitios da biblioteca.
Sen dúbida descubriredes que a poesía tamén pode ser divertida, entretida, con sentimentos e entendible.

"Entendemos a poesía"
Ofreceremos diferentes composicións poéticas para que as recites e ilustres o qué che suxire. Exporemos todos os vosos debuxos.

“Exposición bibliográfica sobre Celso Emilio Ferreiro no centenario do seu nacemento”
Con todo o material do que dispoñemos que trata sobre o autor o que foi escrito por él, faremos unha presentación bibliográfica amena e gráficamente atractiva.

Obradoiro de Creación Literaria na Biblioteca Central Rialeda (4ª sesión): martes 20 de marzo


O día 20 de marzo, ás 18.30 horas, na Biblioteca Central Rialeda, terá lugar a 4º sesión do Obradoiro de creación literaria impartido polo escritor e profesor Xavier Seoane
Está dirixido a mozas/os (a partir de 15 anos) e adultas/os, realizarase os martes e terá unha duración de dez sesións. 
As prazas son limitadas. É imprescindible inscribirse na biblioteca chamando ao teléfono 981 639 511 ou a través do correo electrónico biblioteca.rialeda@oleiros.org
Importante: esta actividade ten prezo público para as persoas non empadroadas no Concello de Oleiros.
É unha iniciativa da Concellería de Cultura de Oleiros e da Asociación de Escritores en Lingua Galega e con ela preténdese animar a escribir textos literarios mediante a manipulación de formas lingüísticas e a imitación de modelos expresivos da nosa tradición literaria, aos que podemos chegar mediante o xogo e a descuberta da nosa propia creatividade.

IMPORTANTE: A actividade realízase no 2º andar da biblioteca. Durante a mesma quedan fora de servizo os ordenadores da citada sala.