30/5/14

Anxos Sumai nos Encontros con autoras na Biblioteca de Santa Cruz: luns 2 de xuño

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-18579.pdf
O luns, 2 de xuño, ás 18:30 horas, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro sita nas Torres de Santa Cruz terá lugar o encontro literario coa autora Anxos Sumai  para falar do seu libro “Así nacen as baleas” que se leu nas Tertulias literarias desta biblioteca e presentar a súa última obra “A lúa da colleita”, publicado pola editorial Galaxia. Premio da Crítica na modalidade de narrativa galega 2014, XXV Premio García Barros de novela 2013, Premio da Narrativa AELG 2014, Premio Fervenzas Literarias Mellor Portada Adultos 2013.
 
http://www.culturagalega.org/docs/anxosedianos.pdf"A lúa da colleita" é unha obra que trata sobre a identidade e a maneira de percibir a realidade de cada persoa. Estamos en agosto de 1992, a historia transcorre nun apartamento dunha praia da Ría de Arousa, no que a protagonista, Nuria, unha muller duns 30 anos, decidiu (dunha maneira precipitada) pasar as vacacións para lembrar os anos da súa primeira mocidade. Chega sen equipaxe, o que precise irao mercando. Necesitaba descansar, parar e pensar,  pero vaise atopar con revelacións que a farán sufrir,  con feitos que non lembra e con persoas que a recoñecen, dubidará de si mesma e reencontrarase co seu pasado.  É unha novela que ten ao lector en tensión, que causa desasosego de se o que está a acontecer é real ou non. A protagonista regresa a un lugar no que aconteceu algo, pero que ela non lembra e precisa saber se é verdade ou non.

O outro libro do que se falará "Así nacen as baleas", tamén foi publicado pola editorial Galaxia. Premio Arcebispo San Clemente e Premio de Narrativa Breve Repsol YPF 2007. Conta a historia da volta á casa dunha moza, que está en California, onde traballa de bióloga con baleas. Vainos presentando o seu pasado coa lembranza da figura do seu irmán Ramón, un neno con problemas psíquicos que só é quen de existir mentres pode facerse preguntas. Ela marchou porque un día a nai lle dixo que lle pasaba uns cartos todos os meses, pero que tiña que marcharse. Agora, ao volver, pregúntase como reaccionará ao atoparse con súa nai. Está moi ben narrada a infancia da protagonista, xunto cos problemas no interior da familia e preséntanos como unha moza inicia unha vida fóra da casa, e lonxe da familia que lle resultaba asfixiante. Iremos vendo a orixe familiar dunha moza que retorna ao seu pasado como única posibilidade de entender e vivir o presente.

Recomendacións en Radioleiros: 30 de maio

http://www.ipernity.com/doc/284673/32992189/in/album/594169
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=109145- Infantil (de 8 a 10 anos):
"O monstro das profundidades" de Manuel Uhía, editado por Everest Galicia.
Nunha pequena vila da costa galega, unha das dornas non volveu ao porto logo da xornada. Algo misterioso fixo envorcar a barca e Manolo perdeu a vida. Desde ese día, Noliño, fillo do mariñeiro desaparecido, non deixa de pensar na desgraza e teima por pescudar a causa da morte de seu pai. Un día que o avó saíu a pescar, pola madrugada, agochouse na dorna para lograr chegar ao caladoiro do naufraxio. Un texto que mestura misterio e aventura cun gran contido afectivo.


- Mozos-as e adultos-as:
"Hay alternativas: propuestas para crear empleo y bienestar social en España" de Vicenç Navarro, Juan Torres López e Alberto Garzón Espinosa. Prólogo de Noam Chomsky, en Sequitur. 

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=chomsky%2C+noam&idx=auLibro de plena actualidade, onde os autores, politólogos e economistas, dan un paseo polos
problemas económicos mundiais, europeos e tamén peninsulares, desde unha perspectiva distinta á oficial. Escrito cun estilo ameno e claro, está estruturado en capítulos de fácil comprensión para aqueles non habituados ao vocabulario académico: salarios, déficit, débeda, pib, modelo produtivo e financiamento son comentados e definidos dun xeito transparente, contribuíndo a divulgar propostas diferentes.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

27/5/14

María Reimóndez nos Encontros con autoras na Biblioteca de Santa Cruz: xoves 29 de maio

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-18579.pdf
O xoves, 29 de maio, ás 20 horas, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro, sita nas Torres de Santa Cruz realizarase a presentación da obra "A alternativa está aquí" de María Reimóndez.

Intervirán a escritora María Reimóndez e Ana Mourelle, vicepresidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda.

O libro "A alternativa está aquí” parte dese afán de buscar as solucións onde xa se atopan, principalmente na nosa man e sobre todo na man das mulleres do sur. Fronte aos grandes discursos, “A alternativa está aquí” lévanos polos lugares e estratexias do día a día, pola necesidade de cambiar a ollada arrastrándonos, coa forza dos argumentos e das experiencias, ao traballo no colectivo desde o individual para transformar e transformarnos.

26/5/14

O Dereito a ler en formato electrónico (petición)

Nun momento no que os avances tecnolóxicos deberían extender o acceso á riqueza do coñecemento humano, non se permite ás bibliotecas a adquisición de información electrónica en termos razonables.

65000 bibliotecas e 100 millóns de usuarios/as dirixímonos á Comisión da Unión Europea e aos gobernos dos Estados Europeos para solicitar un marco claro legal Europeo respecto dos dereitos de autor/a, que cumpra con este propósito e que permita ás bibliotecas mercar e prestar libros electrónicos, asegurando o acceso libre á información para ás/os cidadáns e que garanta o dereito a "Ler en electrónico" a través das bibliotecas.

Pedimos:

- Facilitar ás/aos usuarias/os das nosas bibliotecas os últimos libros electrónicos, tal como se ven facendo cos libros impresos.

- Adquirir libros electrónicos a prezos xustos e en termos razonables.

- Que todas/os as/os cidadás/ns, non só as/os que o poidan pagar, poidan beneficiarse do aceso gratuito aos libros electrónicos nas bibliotecas.

- Que as/os autoras/es reciban unha remuneración xusta polo préstamo dos libros electrónicos ao público.

Defende o teu dereito asinando aquí.

27 de maio: "Viaxe a París" con Trinke Trinke en Santa Cruz

Na Biblioteca de Santa Cruz teremos o pracer de coñecer a Lilí Gruyère, a máis grande artista de todos os tempos de Lonxedetodo: ven de regresar de París, cidade da luz e do amor. Despois de amosarnos algúns dos números artísticos cos que trunfou nos mellores cabarets e teatros, imos descubrir que Lilí......ven namorada!
Actividade dirixida ao alumnado de Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal.

- 10,20 h. - 2ª de Primaria A e B
- 12,00 h. - 1ª de Primaria A e B

25/5/14

Hora do conto: de 26 de maio a 3 de xuño

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-17363.pdf
http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Hora%20do%20ContoBiblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 26 de maio
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO:  "A avoa grilo", "O baño da lúa"
 

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 27 de maio
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “A provisión de bicos de Zea”, “Moito ruído”, “El camino que no iba a ninguna parte”
 


Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 28 de maio
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULOS: “O papón”, “Ratiña branca”, “Bicho raro”
 

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 29 de maio
CONTACONTOS: Pavís-Pavós
TÍTULOS: “O porquiño”, “O ogro de Zeralda”, “Cocorico”, “Os tres desexos”
 

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 30 de maio
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS: "Fame de dragón", " O animal máis intelixente do mundo"
 

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 3 de xuño
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULOS: “Un rapazote lacazán”, “O pozo dos desexos”
(Lembramos que os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente. As sesións celebraránse ás 18:30)