19/6/26

"Feliz verán, felices lecturas": recomendacións de Silvia Salgado


A escritora Silvia Salgado coordina os clubs de lectura das bibliotecas municipais de Oleiros, dirixe talleres de escritura creativa, colabora no Podcast "Érase una Red" e como columnista en El Ideal Gallego.

Algunhas das súas obras publicadas son: Verde en el tejado, Mientras hilan las mariposas, La aldea, El intermedio que somos, Si te vuelves invierno e Antes del lunes.

Recomendacións en RadiOleiros: 19 xuño 2026

El vestido azul de Michèle DesbordesRecomendacións en RadiOleiros: 19 xuño 2026- Mocidade e público adulto:

El vestido azul de Michèle Desbordes. En Periférica.
Dispoñible en eBiblio

Desde sempre, o papel das mulleres que intentaron desenvolver o seu traballo ao carón de homes de gran proxección foi secundario, foi unha sombra. A autora desta extraordinaria novela, a escritora e bibliotecaria Michèle Desbordes, intenta rescatar a Camille da súa fantasmal condición.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Animoso e saudoso Barnes: Premio Princesa de Asturias de las Letras 2026

Animoso e saudoso Barnes: Premio Princesa de Asturias de las Letras 2026
O escritor británico Julian Barnes (Leicester, 1946) foi galardonado co Premio Princesa de Asturias de las Letras 2026 por unha obra que o xurado define como “lúcida, cálida e compasiva” e marcada por un “optimismo melancólico e un pesimismo alegre”. Recoñece o autor de "El loro de Flaubert" pola súa mirada lúcida, irónica e compasiva sobre o ser humano. Barnes, autor de "El sentido de un final" ou "Arthur e George", construíu unha traxectoria que combina novela, ensaio, memoria, arte, música, gastronomía e historia literaria cunha mirada europeísta e un estilo singular dentro da narrativa británica contemporánea. Este mismo ano publicou "Despedidas", o ensaio co que anunciou a súa retirada da literatura e no que reflexiona sobre a necesidade de aprender a dicir adeus.
Fonte: fpa

Visita a expo de Julian Barnes que temos para ti no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
                                                                                                                                          Parabéns, Julian!!!