29/3/19

Hora do conto e actividades infantís: 3 a 5 de abril 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29179.pdf
Todos os actos serán ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Mércores 3 de abril

Para nenas-os a partir de
4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
CONTACONTOS: Trinke Trinke
TÍTULO: “O xornal de Lonxedetodo”
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULO: “Chimpo de ra”
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
CONTACONTOS: Eduvía
TÍTULO: “Dado, o duende”

En abril, libros mil!!!

https://www.oepli.org/Dia-Internacional-Libro-Infantil
No mes de abril estamos de celebración! O 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e o 23 o Día Mundial do Libro, por isto, nas Bibliotecas Municipais de Oleiros realizaremos numerosas actividades de promoción da lectura para festexar estas importantes datas.

Conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil: actividades dirixidas ao alumnado dos centros de ensino de Oleiros
- Animaliños, a cargo do actor Ramiro Neira.
2 de abril, ás 10:00 e 11:45, na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) para alumnado de 4º de EP do CEIP Valle-Inclán. 4 de abril, ás 10:00, na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros) para alumnado de 1º de EP do CEIP Rabadeira.
Peza de narración oral na que se contan e dramatizan contos da tradición oral de todo o mundo.
- Saltón no camiño e outras historias de ratiños, a cargo da actriz e contadora de contos Charo Pita.
2 de abril, ás 10:00 e 11:00, na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros) para alumnado de 4º e 5º de EI do CEIP Rabadeira. 3 de abril, ás 10:15 e 11:45, na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) para alumnado de 5º e 4º de EI do CEIP Valle-Inclán. 4 de abril, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) para alumnado de 4º e 5º de EI do CEIP Isidro Parga Pondal. 9 de abril, na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros) para alumnado de 6º de EI do CEIP Rabadeira.
Arnold Lobel é un magnífico creador de historias para o público infantil. Os seus contos de ratiños ou os personaxes de Sapo e Sepo son magníficos exemplos de narración onde a través de circunstancias cotiás e de feitos e persoeiros en aparencia miúdos fálase de temas universais como a amizade, a soidade, a empatía, a solidariedade, o coñecemento dun mesmo…
- Contiario, a cargo do actor e contador de contos Pablísimo.
2 de abril, ás 10:20, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) para alumnado de 4º de EI do CEIP Luís Seoane.
Colección de relatos que amosan a grande variedade, orixinalidade e riqueza da literatura infantil e da tradición oral.
- Oficina de obxectos perdidos, a cargo do actor e contador de contos Ramiro Neira.
3 de abril, ás 10:20 e 11:30, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) para alumnado do CEIP Luís Seoane.
Caixas que non só gardan obxectos, gardan historias dos invernos na aldea, das festas do pobo, dos veráns na praia...
- O pucheiro da señora Emilia, a cargo da actriz e contadora de contos Charo Pita.
5 de abril, ás 10:20, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) para alumnado de 2º de EP do CEIP Luís Seoane.
Historias de aquí e de alá, de medo e de risa, tristes e enxeñosas que lles aconteceron aos personaxes aos que deixou o pucheiro a señora Emilia. Espectáculo de narración oral para crianzas no que, a partir da historia de Gianni Rodari, “Apolonia, a das marmeladas”, vanse encadeando historias do mesmo autor, e outros contos como "A rúa da tixola", de Charo Pita. Ao longo da sesión introduciranse elementos da Gramática da fantasía de Gianni Rodari para animar o alumnado a xogar cos finais dalgunhas historias.
 
Actividades de promoción da lectura para público infantil fóra de horario escolar 
Contacontos para bebés de 1 a 3 anos, hora do conto para nenas-os a partir de 3 ou 4 anos e obradoiros para idades entre os 6 e os 12 anos. Os bebecontos e a hora do conto serán ás 18:30 horas e os obradoiros ás 17:30 h.
Para todas as sesións é imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades, ben chamando por teléfono, ben achegándose persoalmente.
- Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves, 4 de abril, ás 18:30, “Chimpo de ra”, contacontos para nenas-os de 1 a 3 anos a cargo de Raquel Queizás.
Xoves, 11 de abril, ás 17:30, “Un día de clases en Hogwarts”, obradoiro para nenas-os a partir de 6 anos a cargo de El caldero de Peltre.
- Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores, 3 de abril, ás 18:30, “O xornal de Lonxedetodo”, contacontos para nenas-os a partir de 4 anos a cargo de Trinke Trinke.
Mércores, 10 de abril, ás 18:30, “O berce das verbas”, contacontos para nenas-os de 1 a 3 anos a cargo de Caxoto.
- Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres, 12 de abril, ás 17:30, “Obradoiro de debuxos animados” a cargo de Manel Cráneo.
- Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns, 8 de abril, ás 18:30, “Debaixo das tellas hai unha anduriña”, contacontos para nenas-os a partir de 4 anos a cargo de Paula Carballeira.
- Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres, 5 de abril, ás 18:30, “Dado, o duende”, contacontos para nenas-os a partir de 4 anos a cargo de Eduvía.
- Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes, 9 de abril, ás 18:30, “Lonxedetodo”, contacontos para nenas-os a partir de 3 anos a cargo de Trinke Trinke.
- Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves, 11 de abril, ás 18:30, “Lonxedetodo”, contacontos para nenas-os a partir de 3 anos a cargo de Trinke Trinke.

Actividades de promoción da lectura: de 1 a 5 de abril 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29319.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 1 a 5 de abril:
Luns 1 de abril:
- 8:45 e 16:35: Alumnas-os de 3º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"Talleres de banda deseñada" con Manel Cráneo. 
Martes 2 de abril:
- 10:15 e 11:45: Alumnas-os de 4º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Animaliños" con Ramiro Neira. 
Mércores 3 de abril:
- 10:15 e 11:45: Alumnas-os de 4º e 5º de EI do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Saltón no camiño e outras historias de ratiños" con Charo Pita.
Xoves 4 de abril:
- 8:45: Alumnas-os de 3º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"Talleres de banda deseñada" con Manel Cráneo.
Venres 5 de abril:
- 10:15 e 11:35: Alumnas-os de 5º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Cando petan na porta pola noite" con Caxoto.
Martes 2 de abril:
- 10:20: Alumnas-os de 4º de EI do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Contiario", a cargo de Pablísimo. 
Mércores 3 de abril:
- 10:20: Alumnas-os de 4º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Oficina de obxectos perdidos", a cargo de Ramiro Neira.
- 11:30: Alumnas-os de 4º de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"Oficina de obxectos perdidos", a cargo de Ramiro Neira.
Xoves 4 de abril: 
- 10:20: Alumnas-os de 5º de EI do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Saltón no camiño e outras historias de ratiños" con Charo Pita.
- 11:30: Alumnas-os de 4º de EI do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"Saltón no camiño e outras historias de ratiños" con Charo Pita.
Venres 5 de abril: 
- 10:20: Alumnas-os de 2º de EI do CEIP Luís Seoane (Mera).
"O pucheiro da señora Emilia" con Charo Pita.
- 11:30: Alumnas-os de 1º de Bacharelato do IES María Casares (Santa Cruz).
"Pártome e móndome" con Isabel Andrés.
 
Na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
Martes 2 de abril:
- 10:00 e 11:00: Alumnas-os de 4º e 5º de EI do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Saltón no camiño e outras historias de ratiños" con Charo Pita
Xoves 4 de abril:
- 10:00: Alumnas-os de 1º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Animaliños" con Ramiro Neira.

Recomendacións en Radioleiros: 29 marzo 2019

https://youtu.be/NeaDVdNvCHQ
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1365600&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (de 6 a 8 anos):

Se me ha roto el corazón, de Elif Yemenici
Flamboyant

Un conto sobre unha nena á que se lle rompe o corazón. 

Certo día, os amigos de Kalben non quixeron xogar con ela e aínda por riba ao tirar a pelota o seu xeado desparramouse polo chan. Vale que foi sen querer, pero a Kalben rompeuselle o corazón. Sentíase tremendamente soa, así que decidiu  buscar remedios para aliviar a tristura: falar cos peixes, dar de comer aos gatos, beber leite morniño, observar as frores e o arco da vella. Ainda que todas esas cousiñas facíana sentir mellor o seu corazón seguía roto. Pensou que se quedaría así para sempre. Sería unha velliña e todo seguiría igual. Ata que de súpeto, mentres ollaba pola fiestra apareceu unha gaivota que levaba unha caracola no pico…

- Mozas/os e adultas/os:

La lotería, adaptación gráfica de Miles Hyman a partir do texto de Shirley Jackson
Nórdica

Nun pequeno pobo de EEUU, sortéase un premio entre todos os seus habitantes. O sorteo celébrase todos os 27 de xuño. Por orden alfabética, cada cabeza de familia colle unha papeleta do interior dunha caixa de madeira (que todos os anos é a mesma). Todas os papeis están en branco menos un, que ten un círculo negro debuxado. Aínda que algunhas voces se levantan tímidamente contra esta tradición, todos acordan levala a cabo. Seguen e acatan as normas da peculiar lotería, da que en todo momento temos o presentimento de que non pode deparar nada bo.

Unha novela gráfica que se le en moi pouco tempo pero que é moi difícil de esquecer.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.