18/12/15

“De libros e ilusións”: 260 recomendacións de libros, dvd e cd para o Nadal 2015

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-23193.pdf
As Bibliotecas Municipais de Oleiros elaboraron para este Nadal unha guía titulada  "De libros e ilusións", formada por 260 recomendacións de libros, DVD e CD. Presentan esta selección cun dobre obxectivo: mostrar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura, audición ou visión e lembrar que un libro, un CD, ou un DVD son tamén un bo agasallo.
 
Esta escolla foi realizada por todo o persoal das bibliotecas, polo que nela poderán atopar publicacións moi diversas. Trátase dunha selección de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para distintos gustos,  intereses,  preferencias  e idades.  Boas historias e bos libros para ler, observar ou mirar, películas ou discos para gozar e compartir.
Son 260 libros, CDs e DVDs que temos nas bibliotecas e que poden levar en préstamo para as súas casas.
Os libros figuran clasificados por idades, para as que se considera que son máis axeitados. A idade para a que se recomenda cada obra é só de forma orientativa, xa que cada  nena ou neno ten un grado de desenvolvemento mental que se debe respectar.
 
Animamos a todas as persoas que vaian facer algún regalo por estas datas de Nadal ou
Reis, a que obsequien aos seus seres queridos cun libro, ao mesmo tempo que lles
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-23193.pdf
lembramos da importancia da lectura na formación integral da persoa.  A facultade lectora non é innata, vaise adquirindo pouco a pouco, por este motivo gustaríanos espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura dun bo libro.
Esta guía repartirase ao alumnado de ensinanza primaria dos centros de ensino público deste Concello, así como nas bibliotecas municipais.


Cos bos libros desta guía, desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros desexamos transmitir os nosos mellores desexos de saúde, felicidade e prosperidade, que o vindeiro ano traia boas novas e un mundo de ilusións convertidas en realidade.

Recomendacións en Radioleiros: 18 de decembro

 http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
 http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=99126- Infantil (nenos-as de 6 a 8 anos):
"¿Cuando se irán estos?" de Ute Krause, en Juventud.
Os protagonistas son seis irmáns que teñen que afrontar unha situación nova, estraña e confusa: a do divorcio dos pais. Este desconcerto aínda se agrava máis cando un día chegan á casa do seu pai e alí vive máis xente, unha princesa coas súas princesiñas e princesiños. Utilizando todos os trucos posíbeis conseguen botar aos invasores, pero eles non contaban  coa tristura do pai…

- Mozos-as e adultos-as:
"A vinganza do defunto" de Carlos G. Reigosa, editado por Xerais.
Nova aventura do detective Nirvardo Castro e o xornalista Carlos Conde que demostra que
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=114155 non se xubilaron e gozan de boa saúde. Ambientada entre 1938 e 1945 ten como fío condutor as investigacións para aclarar a  morte de Eliseo Sandamil Bentraces, empresario galego, quen tras citalo na súa casa de Puerta de Hierro (Madrid) lle pide a Nivardo Castro que «investigue a súa morte cando se produza, non importa cando sexa nin en que condicións chegue. En calquera caso, vostede deberá indagala como se sospeitase que se trata dun asasinato». O comercio de volframio, a espionaxe de británicos e alemáns, a fuxida de xudeus cara a América polo porto de Vigo enchen a trama detectivesca.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.