27/9/12

A Hora do Conto volve ás nosas bibliotecas: outubro-decembro 2012

A HORA DO CONTO volve ás nosas bibliotecas!!!
Actividade dirixida a nenas e nenos menores de 10 anos.
Todas as sesións terán lugar ás 18:30 h.
Os días festivos non haberá actuacións.

BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA. PERILLO
Outubro: os xoves, días 11, 18 e 25
Novembro: os xoves, días 8, 15, 22 e 29

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “ROSALÍA DE CASTRO”. SANTA CRUZ
Outubro: os mércores, días 10, 17, 24 e 31
Novembro: os mércores, días 7, 14, 21 e 28
Decembro: o mércores, día 5

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “MANUEL MARÍA”. OLEIROS
Outubro: os martes, días 16 e 30
Novembro: os martes, días 6 e 20
Decembro: o martes, día 4

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “Mª JOSÉ TRINCADO”. MERA
Outubro: os venres, días 5 e 19
Novembro: os venres, días 9 e 23

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “Mª JOSÉ RUSO”. DORNEDA
Outubro: os luns, días 15 e 29
Novembro: os luns, días 12 e 26

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “ÁNXEL FOLE”. NÓS
Outubro: o venres, día 26
Novembro: os venres, días 16 e 30
Decembro: o venres, día 14

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “FEDERICO GARCÍA LORCA”. MONTROVE
Outubro: os martes, días 9 e 23
Novembro: o martes, día 13

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “XOGRAR MENDIÑO”. LORBÉ
Outubro: o mércores, día 24
Novembro: os mércores, días 7 e 21
Decembro: o mércores, día 5

As contadoras e contadores Pablísimo, Soledad Felloza, Paula Carballeira, Pavís-Pavós, A Tropa de Trapo, Marisa Irimia, Ramiro Neira, Inés Cuadrado, Pedro Brandariz, Caxoto, Andrea Bayer, e a Compañía do Trinke-Trinke cos “Ratos da biblioteca” narrarán diversos contos, como unha invitación a viaxar a un tempo máxico de fantasía e imaxinación.

26/9/12

Recomendacións en Radioleiros: 21 de setembro

-Infantil:
"La noche del Marramiau", texto e ilustracións de Xan López Domínguez, en Edelvives.
Mixi é un gato que chegou á localidade de Husmea disposto a gozar plenamente da "gran noite do Marramiau", pero todo se lle vai complicar cando enfada a unha malvada bruxa.
Fermosas ilustracións, no estilo do seu autor. Tamén debemos observar a diferente tipoloxía da letra, segundo o que se queira destacar. Estamos ante unha obra de humor e misterio que recomendamos para nenas e nenos a partir de 7 anos.
- Mozos/as e adultos/as:
"Indignación" de Philip Roth, en Mondadori.
É o ano 1950 e Markie, un mozo xudeu, intelixente e bo estudante, decide escapar do que el chama "opresión" do pai, matriculándose nunha universidade privada localizada a 800 quilómetros da súa casa.
Un relato que mostra o desencanto, impotencia e rabia (xa o propio título "Indignación" o expresa) dun mozo ante as normas e intolerancias desa universidade, que non comparte e que lle van ocasionar numerosos problemas e dificultades. O autor explicou que quería escribir sobre a inexperiencia e a desesperación. Nesta novela podemos ver como nos equivocamos en moitas das decisións que tomamos e, ás veces, actos que parecen sen importancia, ou casualidades, despois son fundamentais na nosa vida.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.