21/4/20

Luz que non se apaga #EuQuedoNaCasa

http://arbor.revistas.csic.es/index.php/arbor/article/view/46/46
Luz Pozo Garza, poeta nacida en Ribadeo en 1922, deixounos onte. A escritora e profesora universitaria Carmen Blanco expresa como ninguén, no artigo "Luz Pozo Garza: memoria radiante de una mujer solar" publicado na revista do CSIC, "Arbor: ciencia, pensamiento y cultura" como é a poesía dunha das máis destacadas escritoras galegas da segunda metade do século XX: a poesía de Luz Pozo Garza é un cosmos fulgurante de beleza platónica rexida pola claridade, a profundidade e a harmonía simbolizadas no nome que llo deu a luz, o dunha “muller solar” plenamente autoafirmada na súa vida e na súa obra, unidas no “corazón de Luz” da súa poesía. "Memoria solar", o título da súa obra poética completa contén a súa memoria radiante de muller solar, un cosmos curvo de plenitude que garda un microcosmos primeiro, o da súa poesía de mocidade, de froito vermello, cal laranxa ou mazá da carne, e un microcosmos segundo, o da súa poesía de madurez, de flor branca ou azul da total lucidez mística, cal camelia, rosa ou loto solares. 

En GaliciaLe tes á túa disposición "Rosa tántrica" de Luz Pozo Garza. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario