Adelaida, de Tomi Ungerer
A canguro Adelaida toma contacto cos humanos e acaba
en París salvando a unha familia do lume. No hospital coñece a un canguro co
que ten fillos. Estilo gráfico con páxinas brancas e poucas cores, nun relato
no que a protagonista supera todos os obstáculos nunha “fábula” protagonizada
por un animal distinto ao habitual.
- Mozos/as e adultos/as:
Cartas
de la Wehrmacht: la segunda guerra mundial contada por los soldados, de Marie Moutier
(comp.).
Esta
correspondencia dos soldados alemáns destinados en diversos frentes e escrita
entre 1939 e 1945 constitúe unha testemuña histórica, social e política de
primeira orde. Ordeada cronoloxicamente, e indo do optimismo á amargura, é unha
viaxe humana polo maior episodio bélico do século XX e forma un epistolario
do que hai poucos exemplos. Un traballo froito da investigación da
historiadora francesa Marie Moutier.
Recomendacións feitas no programa semanal
que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros
(101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.