25/2/11

Recomendacións en Radioleiros

Logo Recomendacións en RadioleirosTítulos recomendados o venres 25 de febreiro:

-Infantil:Cuberta do libro Bailar nas nubes

"Bailar nas nubes", de Vanina Starkoff
Editado por Kalandraka
Unha nena fala dos seus veciños e da convivencia con eles. Libro fundamentalmente de ilustracións que fomenta a interrelación persoal.

-Mozos-as e adultos-as:

"La mujer que buceó dentro del corazón del mundo", de Sabina Berman Cuberta do libro La mujer que buceó dentro del corazón del mundo Editado por Destino
Escrito por unha mexicana amante do mar, narra a historia de Karen Nieto, auténtico xenio nuns campos intelectuais e con problemas noutros, disposta a preservar a vida nos océanos desde o seu traballo nunha empresa de peixe.

Según Ana María Matute é "un relato inesquecíbel sobre a liberdade e a diferencia".

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Visita a Rialeda do alumnado do CEIP Isidro Parga Pondal: 25 de febreiro

Lugar: Biblioteca Central Rialeda
Hora: 10,15

O alumnado de 6º de Primaria A e B do CEIP Isidro Parga Pondal realizará unha visita á Biblioteca Central Rialeda onde se lles explicará o funcionamento da mesma, con especial atención ás buscas no catálogo e á información que proporciona o seu blog.

Rematará a visita cunha actuación de Ramiro Neira da Compañía Artestudio no 2ª andar da biblioteca.

23/2/11

Ler para saber A CIENCIA: 25 de febreiro

Imaxe do cartel de Lerpara saberEsperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 25 de febreiro ás 18,30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Iago Ruibal Lago e Lucía Sigüeiro Couselo, do Colexio Público Valle-Inclán de Perillo, falarán sobre "Internet" previamente á charla “Elixe o peixe correcto: opcións de consumo responsable de peixe para aliviar a sobrepesca” a cargo do doutor Francisco Franco del Amo, biólogo e director técnico do Aquarium Finisterrae dos Museos Científicos Coruñeses.

Seleccionamos para ti libros para esta charla científica.

21/2/11

Hora do conto: 22 ao 25 de febreiro

Imaxe do cartel de A Hora do contoAquí tes a programación desta semana da hora do conto,
PASARALO MOI BEN ESCOITANDO CONTOS!!!

Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 22 de febreiro
CONTACONTOS: Rato Camifuco da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS: “O regalo", "Un libro" (conto francés)

Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Mércores 23 de febreiro
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: "O oso que fixo de xuiz (conto italiano)", "A anciana que vivía nunha botella (conto británico)”

Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 23 de febreiro
CONTACONTOS: Rato Camifuco da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS: “Teatro infantil: fábulas e criaturas máxicas”

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 24 de febreiro
Para nenos-as menores de 6 anos:
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “El erizo de mar”, “… Y ¿por qué?”, “¡Qué valiente!”
Para nenos-as maiores de 6 anos:
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULOS: “Contos para a dor de moas”
Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 25 de febreiro
CONTACONTOS: Avoa Ratiña da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS: “O teléfono da diferencia": "Xigante pouco a pouco", "Os de arriba e os de abaixo"


Tertulia Literaria en Rialeda: 26 de febreiro (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30
Comentaráse a obra "León el Africano" de Amin Maalouf.
Documentación sobre a obra.

Obras de Amin Maalouf nas nosas bibliotecas.

Obradoiros de Ilustración con Manel Cráneo: 22 febreiro 2011

Biblioteca Central Rialeda (2º andar)

O ilustrador Manel Cráneo impartirá un Taller de Iniciación á Banda Deseñada.
Díptico: anverso / reverso

2 sesións (9,30 e 11,45 h) dirixidas ao alumnado de 1º de ESO do I.E.S. Neira Vilas.

Cada obradoiro terá unha duración aproximada de 2 horas.
Aviso importante: durante as sesións queda fóra de servizo o 2º andar da biblioteca. Os usuarios/as que desexen utilizar o servizo de ordenadores teñen á súa disposición os da Sala Infantil e Xuvenil.