7/2/14

Ler para saber A CIENCIA: 8 charlas para saber +

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-17365.pdf
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-17365.pdfLer para saber A CIENCIA:  charlas científicas para adolescentes e público en xeral,  na Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.
Debido á boa acollida que tivo
a actividade Ler para saber nas edicións anteriores,  este ano realizamos unha nova programación para os meses de febreiro a maio.
Son oito charlas sobre temas científicos dirixidas a nenas e nenos (a partir de 10 anos de idade), adolescentes e público en xeral, que terán lugar na Biblioteca Central Rialeda, sita en Perillo, os venres, ás 18.30 horas.
Os obxectivos que se pretenden conseguir son: achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos sobre temas científicos de importancia na vida diaria, fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada, dinamizar os fondos bibliográficos e audiovisuais que tratan estes temas, atraer á biblioteca a un público interesado pola ciencia e, en definitiva,  fomentar  a lectura e a consulta de libros e outros recursos que traten estas temáticas.
Programáronse charlas sobre aspectos moi diferentes para atraer a un público de gustos diversos e variados: microbioloxía, comportamento animal, bioloxía, medicina, matemáticas, neurociencia, mitoloxía e arqueoloxía.
Para que esta programación se poida levar a cabo colaboran as seguintes institucións: a Universidade da Coruña, os Museos Científicos Coruñeses e diversos profesionais. Todos eles participan de forma altruísta e gratuitamente.
 

- 14 de febreiro
OS MICROBIOS E TI
Ángeles Cid Blanco. Doutora en Bioloxía. Profesora de Microbioloxía da Universidade da Coruña.
 

- 21 de febreiro
ANIMAIS MENTIREIROS
María José Servia García. Doutora en Bioloxía. Profesora de Comportamento Animal da Universidade da Coruña.
 

- 14 de marzo
IMOS FALAR DE OVOS: A REPRODUCIÓN OVÍPARA DOS ANIMAIS
Francisco Armesto Ramón. Biólogo. Director técnico de proxectos dos Museos Científicos Coruñeses (=mc2).
 

- 21 de marzo
TI PODES SALVAR UNHA VIDA. APRENDEMOS A RCP?
Carlos Agrasar Cruz. Licenciado en Medicina e Cirurxía. Doutor en Educación Física. Profesor de Anatomía da Universidade da Coruña.
 

- 28 de marzo
AVANCES DA REALIDADE VIRTUAL: DO VIDEOXOGO AO PARKINSON
Verónica Robles García. Investigadora no grupo de Neurociencia (NEUROcom) da Universidade da Coruña.
 

- 4 de abril
MATEMÁTICAS APLICADAS Á CONSTRUCIÓN
Isabel Martínez Lage.  Doutora Enxeñeira de Camiños, Canais e Portos. Profesora de Enxeñería da Construción da Universidade da Coruña.
 

- 25 de abril
NA PROCURA DOS DEUSES DA IDADE DO FERRO. DA CIENCIA Á FANTASÍA CON “VENTO E CHUVIA”
Manuel Gago Mariño. Profesor da Universidade de Santiago de Compostela, na Facultade de Ciencias da Comunicación. Director de culturagalega.org, portal de divulgación do Consello da Cultura Galega.
Soledad Felloza. Actriz e fotógrafa.
 

- 9 de maio
A TORRE DOS MOUROS NOS TEMPOS DOS VIQUINGOS. A LUZ DA ARQUEOLOXÍA PARA ÉPOCA ESCURA
Antón Fernández Malde. Arqueólogo. Director da equipa de investigación do Castro das Travesas.

Recomendacións en Radioleiros: 7 de febreiro

.
- Infantil (de 6 a 8 anos):

O soldadiño de chumbo, adaptación do texto e ilustracións de Rosa Fuentes
Edicións do Cumio

Versión dun clásico magníficamente ilustrado por Rosa Fuentes e formato grande. Moi logrado desde o punto de vista estético cun tipo de letra fácil de ler.

- Moz@s e adult@s:

A apertura dun testamento que sorprende á familia da falecida é o comezo dunha análise da sociedade canadiana dos anos cincoenta, as diferencias e coincidencias coa inglesa e as reaccións diante dun feito novidoso. Un libro cheo de ironía totalmente de actualidade.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

5/2/14

A Hora do conto que agardabas... XA ESTÁ AQUÍ!

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-17363.pdf
http://issuu.com/bibloleiros/docs/cartel_hdc_febreiro-maio_2014Presentámosche un avance da programación das 74 sesións de contacontos que se celebrarán nas Bibliotecas Municipais de Oleiros dentro da Hora do conto, de febreiro a maio. Coñece polo miúdo a programación para cada unha das oitos bibliotecas descargándote o folleto. A actividade está dirixida a nenas e nenos menores de 10 anos. Os días festivos non haberá actuacións. 

Ademais das sesións da Hora do conto habituais para nenas/os menores de 10 anos que se celebrarán, como sempre, ás 18:30 horas, este ano temos unha novidade, xa que na Biblioteca Central Rialeda en Perillo (tel.: 981 639 511) e na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz (tel.: 981 626 338), vanse realizar, nas datas que indicamos máis abaixo, contacontos especiais para nenas/os de 1 a 4 anos, sesións para as que será imprescindible reservar praza chamando aos teléfonos sinalados, xa que se dispón dun aforo limitado a un máximo de 30 prazas por sesión. Estes contacontos celebraranse ás 17 horas.

BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA. PERILLO
Febreiro: os xoves, días 20 e 27, ás 18:30 horas para nenas/os de 5 a 10 anos
O xoves 27 de febreiro, ás 17:00 h., haberá sesión para nenas/os de 1 a 4 anos

Marzo: os xoves, días 13, 20 e 27, ás 18:30 horas para nenas/os de 5 a 10 anos
O xoves 27 de marzo, ás 17:00 h., haberá sesión para nenas/os de 1 a 4 anos

Abril: os xoves, días 3, 10, e 24, ás 18:30 horas para nenas/os de 5 a 10 anos
O xoves 24 de abril, ás 17:00 h., haberá sesión para nenas/os de 1 a 4 anos

Maio: os xoves, días 8, 15, 22 e 29, ás 18:30 horas para nenas/os de 5 a 10 anos
O xoves 22 de maio, ás 17:00 h., haberá sesión para nenas/os de 1 a 4 anos

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “ROSALÍA DE CASTRO”. SANTA CRUZ
Febreiro: os mércores, días 19 e 26, ás 18:30 horas para nenas/os de 5 a 10 anos
O mércores 19 de febreiro, ás 17:00 h., haberá sesión para nenas/os de 1 a 4 anos

Marzo: os mércores, días 12 e 26, ás 18:30 horas para nenas/os de 5 a 10 anos
O mércores 12 de marzo, ás 17:00 h., haberá sesión para nenas/os de 1 a 4 anos

Abril: os mércores, días 2, 9, 23 e 30, ás 18:30 horas para nenas/os de 5 a 10 anos
O mércores 9 de abril, ás 17:00 h., haberá sesión para nenas/os de 1 a 4 anos

Maio: os mércores, días 7, 14, 21 e 28, ás 18:30 horas para nenas/os de 5 a 10 anos
O mércores 14 de maio, ás 17:00 h., haberá sesión para nenas/os de 1 a 4 anos

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “Mª JOSÉ TRINCADO”. MERA
Todas as sesións terán lugar ás 18:30 h. Dirixidas a nenas/os menores de 10 anos
Febreiro: os venres, días 14 e 28
Marzo: os venres, días 14 e 21
Abril: os venres, días 4 e 25
Maio: os venres, días 16 e 30

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “Mª JOSÉ RUSO”. DORNEDA
Todas as sesións terán lugar ás 18:30 h. Dirixidas a nenas/os menores de 10 anos
Febreiro: o luns, día 24
Marzo: os luns, días 10, 17 e 31
Abril: os luns, días 7 e 28
Maio: os luns, días 12 e 26

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “ÁNXEL FOLE”. NÓS
Todas as sesións terán lugar ás 18:30 h. Dirixidas a nenas/os menores de 10 anos
Febreiro: o venres, día 21
Marzo: os venres, días 14 e 28
Abril: os venres, días 11 e 25
Maio: os venres, días 9 e 23

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “MANUEL MARÍA”. OLEIROS
Todas as sesións terán lugar ás 18:30 h. Dirixidas a nenas/os menores de 10 anos
Febreiro: o martes, día 25
Marzo: os martes, días 11 e 25
Abril: os martes, días 8 e 29
Maio: os martes, día 13 e 27

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “XOGRAR MENDIÑO”. LORBÉ
Todas as sesións terán lugar ás 18:30 h. Dirixidas a nenas/os menores de 10 anos
Febreiro: o mércores, día 19
Marzo: os mércores, días 12 e 26
Abril: os mércores, días 9 e 23
Maio: o mércores, día 14

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “FEDERICO GARCÍA LORCA”. MONTROVE
Todas as sesións terán lugar ás 18:30 h. Dirixidas a nenas/oss menores de 10 anos
Febreiro: o martes, día 18
Marzo: o martes, día 18
Abril: os martes, días 1 e 22
Maio: os martes, días 6 e 20

As contadoras e contadores Pablísimo, Paula Carballeira, Soledad Felloza, Marta Ríos, Charo Pita, Andrea Bayer, Pedro Brandariz, Gemola, Ramiro Neira, Marisa Irimia, Caxoto, Raquel Queizás, Pizpireta, Pavís Pavós e a Compañía Trinke-Trinke cos “Ratos da biblioteca” narrarán diversos contos, como unha invitación a viaxar a un tempo máxico de fantasía e imaxinación. Esta actividade de animación á lectura realizarase de forma lúdica, activa e participativa, fomentando a imaxinación e a creatividade.

Novidades dvd cine na Biblioteca Central Rialeda (febreiro 2014)

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=32371&folderId=122717&name=DLFE-17355.pdf
18 novas incorporacións no 2º andar da Biblioteca Central Rialeda.

Preme sobre a imaxe para descargar a guía e comprobar dispoñibilidade.

4/2/14

Tertulia literaria en Rialeda: 5 de febreiro (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Dos arquivos do trasno" de Rafael Dieste.
Documentación
Obras de Rafael Dieste nas nosas bibliotecas.

 Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.

A seguinte obra programada é "La vida de las mujeres" de Alice Munro (Premio Nobel de Literatura 2013)

3/2/14

Os libros son como un fogar....

http://www.universoabierto.com/13420/pretextos-la-lengua-de-las-mariposas/
PreTextos é unha sección de Universo Abierto, blog da Biblioteca da Facultad de Traducción y Documentación da Universidad de Salamanca adicada a recoller testemuños de como a cultura, o cine e outros medios reflicten o libro, as bibliotecas e a imaxe profesional d@s bibliotecari@s. 

Desta volta ofrécenos textos e audio de "A lingua das bolboretas", película dirixida por José Luis Cuerda. O guión é de Rafael Azcona e básase en tres historias do libro "¿Que me queres, amor?" (1996) do coruñés Manuel Rivas. Estes relatos son: “A lingua das bolboretas”, “Un saxo na néboa” e “Carmiña”

Grazas PreTextos por esta fermosa achega.