-Infantil (a partir de 8 anos):
"A estraña aventura de Manoliño Singapur" de Xoán Babarro González. Ilustrado por María Brenn. Editado por Embora.
Manu vese no medio dun problema informático de primeira orde que o leva a unha chea de aventuras acompañado do can Cambises. Unha historia divertida e dinámica de Xoán Babarro, un prolífico autor galego co premio Pura e Dora Vázquez de narración e o Premio Arume de poesía.

- Mozas-os e adultas-os:
"A quemarropa. Una aventura de Parker" de Richard Stark. En RBA.
Parker cruza unha ponte vestido con roupa gastada. Chega á cidade, falsifica un carné e compra diversos artigos que despois empeña. De madrugada ten unha conversa cunha muller sobre Mal, un coñecido común e unha traición. Así comeza esta novela que xa é un clásico escrita por Richard Stark, premiado varias veces co Edgar Allan Poe pola Asociación de Escritores de Misterio dos Estados Unidos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.