Títulos recomendados o venres 8 de abril:
- Infantil (de 6 a 8 anos):
"El auto del señor Pulga" de Daniel Barbot, ilustracións de María Isabel Mas, en Ekaré.
O señor Pulga, deseñador de automóbiles a medida, está experimentando unha crise. Nun atasco, córreselle a solución que salvará a súa empresa.
- Mozos/as e adultos/as:
"Conversa ultramarina" de Lois Pereiro, editado por Positivas
Dúas cartas intimistas escritas a Piedad, amiga de toda a vida, escritas no 1995 cando ela estaba en San Francisco. Literatura, cine, as visitas dos amigos no hospital, as ocorrencias diarias teñen oco neste texto preludio da morte de Lois Pereiro.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
8/4/11
7/4/11
AI: é unha novela? é un cómic? non, é un álbum ilustrado
Na Biblioteca Central Rialeda inauguramos unha nova sección: AI, ou o que é o mesmo, Álbum Ilustrado, compartindo espazo na planta baixa da biblioteca coa hemeroteca e a comicteca. Os álbumes ilustrados son esas "criaturas bibliográficas" de difícil ubicación, que merecen un lugar propio dentro do ecosistema das bibliotecas.
Estas son algunha das súas características (por aquilo de que son obras orgullosas de si mesmas que non gustan de ser confundidas, por exemplo, cos albumes infantís):
É unha obra dirixida a todo tipo de lectores/as, onde predomina a ilustración, que se conxuga co texto, podendo estar este presente ou non.
É un xénero narrativo relativamente recente, herdeiro da linguaxe cinematográfica e da publicidade.
É unha intersección entre texto e imaxe, en perfecta sintonía. O/a escritor/a soe ser moi sintético e preciso, e o/a ilustrador/a expresa o que o texto non di, acrecentando coa imaxe o valor das palabras. Estas obras soen xogan co tamaño, formato, cuberta, textura, etc. Pode contar historias, ou emocións, sentimentos… é un libro para explorar, sentir e gozar.
Algún dos autores/as presentes na nosa sección: Jimmy Liao, Jutta Bauer, Shaun Tan, Geert De Kockere, Roberto Innocenti, Schnetzer, Wolf Erlbruch, Rébecca Dautremer, Kveta Pakovska, Isol, Benjamin Lacombe, e moitos/as máis. LÉMBRATE, AI!!!

6/4/11
Ler para saber A CIENCIA: 8 de abril
Esperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 8 de abril ás 18,30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.
Thaiuane Ramos de Oliveira e Sarah Loyse, alumnas do Colexio Público Valle-Inclán de Perillo, falarán sobre "A nutrición" previamente á charla “Pero... de que están feitas as cousas?” a cargo do doutor Moisés Canle López, profesor titular da Universidade da Coruña, da área de coñecemento de Química Física, no Departamento de Química Física e Enxeñaría Química da Facultade de Ciencias e Vicedecano de Química.
Seleccionamos para ti libros para esta charla científica.

Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
14:51
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca Central Rialeda,
Ler para Saber
100 % CUNQUEIRO: expo bibliográfica na Biblioteca Central Rialeda
O autor da famosa cita Mil primaveras máis para a lingua galega, celebra en 2011 o centenario do seu nacemento. Sucédense os actos de conmemoración deste evento por toda Galicia, e en Oleiros tamén queremos participar con exposicións biobibliográficas nas bibliotecas. Neste caso, a Biblioteca Central Rialeda de Perillo, adícalle a expo titulada "100 % CUNQUEIRO: expo que conmemora o centenario do nacemento do escritor mindoniense", que reúne perto de sesenta obras, en galego e castelán, de Cunqueiro ou sobre a súa inmensa figura, que poderá contemplarse ata o mes de maio no vestíbulo das instalacións da biblioteca.
A Lectura, esa Gran Viaxe
XX Campaña de Promoción da Lectura nas Bibliotecas Públicas Municipais
As viaxes e expedicións, a poesía e o folclore, as lendas e tradicións de diferentes países son os temas que presentamos na XX Campaña de Promoción da Lectura.
Relatos, libros de ficción que nos achegan a outras sociedades e diferentes culturas. Esta nova campaña pretende que o alumnado dos centros de ensino público do noso concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, ao mesmo tempo que coñecen algunhas das bibliotecas municipais, lugares non só de estudo e consulta senón tamén centros lúdicos onde espertar o gusto pola lectura pasando bos momentos.
“Viaxe a África”
Ao longo do mes de abril e maio a Compañía Trinke Trinke realizará, na Biblioteca Rialeda de Perillo, na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz e na Biblioteca Manuel María de Oleiros vinte e sete contacontos titulados “Viaxe a África” para alumnado de educación infantil, e 1º ciclo de primaria dos colexios de ensinanza pública deste concello.
“Viaxe a África” pretende dar a coñecer aos nenos e nenas algúns contos e cancións de África, atendendo sobre todo as dúas grandes etnias que a habitan: a África árabe e a África negra. Son obras que dan unha mensaxe a favor da igualdade e amosan pinceladas da súa cultura. Algúns dos títulos que e presentarán: “Canciones infantiles y nanas del baobab”, “A Casa de Mis” (Conto árabe) e “Pequeno azul, pequeno amarelo”.
Datas das sesións:
- Biblioteca Central Rialeda. Perillo: 14, 15, 26 e 27 de abril
- Biblioteca de Santa Cruz: 1. 6 e 13 de abril
- Biblioteca de Oleiros: 12, 13, 18 e 19 de abril
- Teatro As Torres. Santa Cruz: 29 de abril, 3, 4 e 5 de maio
Na Biblioteca Central Rialeda, os días 11 e 12 de abril, ás 10.30 e ás 12 horas, a Compañía Migallas realizará catro funcións tituladas “Contos de viaxes e outras culturas” dirixidos a alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria do Colexio Valle Inclán de Perillo.
5/4/11
Agustín Fernández Paz, camiño do Andersen
Agustín Fernández Paz, camiño do Andersen
Un cualificado xurado internacional de especialistas encárgase de outorgar cada dous anos o Premio Hans Christian Andersen, coñecido como “o Premio Nobel da Literatura Infantil”. Os-as galardoados/as son un escritor ou escritora e un ilustrador ou ilustradora, cuxa produción contribúa a acrecentar a literatura infantil e xuvenil. É o premio de máis elevado recoñecemento que se concede en vida a un autor/a e a un ilustrador/a de libros infantís.
A OEPLI, como sección española do IBBY, é a encargada de propoñer aos seus candidatos-as e para 2012 presentaranse as candidaturas do escritor galego Agustín Fernández Paz e do ilustrador Javier Zabala.
Con este motivo e para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil presentamos unha exposición bibliográfica coa obra do escritor de Vilalba que poderás contemplar na Sala Infantil e Xuvenil da Biblioteca Central Rialeda.

4/4/11
Hora do conto: do 5 ao 8 de abril
Aquí tes a programación da hora do conto desta semana. PASARALO MOI BEN ESCOITANDO CONTOS!!!
Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 5 de abril
CONTACONTOS: Andrea Bayer
TÍTULOS: “A ra da boca grande”, “Feliz aniversario Ratiña”, “A vaca que puxo un ovo”, “Os dous corcovados”, “Ratiña presumida”
Para nenos-as menores de 6 anos:
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “Ernestina la gallina”, “Las palabras dulces”, “Cómo es tu mamá”
Para nenos-as maiores de 6 anos:
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULOS: “Contos para trocar por outros
Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 8 de abril
CONTACONTOS: Ratiña Carolina da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS: “Un invento para chegar ata o ceo”: “As fabas máxicas”, “O oso e o corvo”
Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 5 de abril
CONTACONTOS: Andrea Bayer
TÍTULOS: “A ra da boca grande”, “Feliz aniversario Ratiña”, “A vaca que puxo un ovo”, “Os dous corcovados”, “Ratiña presumida”
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 6 de abril
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “Ernestina la gallina”, “Las palabras dulces”, “Cómo es tu mamá”
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 7 de abrilPara nenos-as menores de 6 anos:
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “Ernestina la gallina”, “Las palabras dulces”, “Cómo es tu mamá”
Para nenos-as maiores de 6 anos:
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULOS: “Contos para trocar por outros
Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 8 de abril
CONTACONTOS: Ratiña Carolina da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS: “Un invento para chegar ata o ceo”: “As fabas máxicas”, “O oso e o corvo”
Tertulia literaria en Rialeda: 6 de abril (Grupo A)
Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30
Comentaráse a obra "Entre la bruma" de Simonetta Agnello Hornby.
Documentación sobre a obra.
Obras de Simonetta Agnello Hornby nas nosas bibliotecas.
Etiquetas:
Biblioteca Central Rialeda,
Tertulias Literarias
Las ingeniosas del hidalgo: el Quijote en voces de mujeres
Na Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Data: 5 de abril (martes)
Hora: 12 do mediodía.
Actividade dirixida ao alumnado polaco do Instituto Miguel de Cervantes de Varsovia que realiza un intercambio co IES María Casares.
"Las ingeniosas del hidalgo: el Quijote en voces de mujeres" a cargo da actriz Soledad Felloza, son varios monólogos curtos nos que se dramatizan diferentes personaxes femininos da obra de Cervantes.
Narra diversos capítulos de “El Quijote” nos que as mulleres teñen un certo protagonismo: “Quiteria, que en plena voda con Camacho o rico, recorda o seu amor a Basilio, o pobre.A pastora Marcela, na que destaca o seu discurso co que finalizaba as charlas cos seus namorados. Claudia Jerónima Cervantes, na que está personalizada a liberdade da muller, con límites tan amplos nos que cabe un erro tan grave como a morte.”
Etiquetas:
Campaña de animación á lectura,
Visitas programadas
Unha viaxe pola Literatura Latinoamericana
Na Biblioteca Central Rialeda. Perillo. Data: 5 de abril (martes) Hora: 10,40 h. Actividade dirixida ao alumnado de 2º de bacharelato do IES Neira Vilas e 1º de bacharelato do IES Miraflores. "Unha viaxe pola Literatura Latinoamericana" a cargo da actriz uruguaia Soledad Felloza, é un percorrido dramatizado na que se narran relatos e recitan poesías de escritores latinoamericanos tan importantes como Gabriel García Márquez, Eduardo Galeano, Gabriela Mistral, Jorge Amado, Mario Benedetti, Jorge Luis Borges, Mario Vargas Llosa ou Julio Cortázar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)