21/5/21

Recomendacións en Radioleiros: 21 maio 2021

- Infantil (a partir de 10 anos):

Andar aos biosbardos: contos baixo o freixo engurrado, de Charo Pita con ilustracións de Dani Padrón
Galaxia, 2021

Lebre, Lagarta, Cangrexo, Abella e o Vento Norberto xúntanse baixo o Freixo Engurrado para contar historias nas que falan de libros e biosbardos. Unha aposta pensada a partir dos dez anos completada cunhas magníficas ilustracións.

- Mozas/os e adultas/os:

Árbores no deserto, de Rosalía Fernández Rial con ilustracións de María José Costa Valiño (Chiña)
Galaxia, 2020

Versión dixital en Galiciale

Unha obra entre a poesía e o ensaio, entre os esquemas clásicos e a vangarda partindo da figura de once mulleres, obtendo un resultado poliédrico e sempre diferente.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

20/5/21

19/5/21

Hora do conto na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros) 18/05/2021

Gravación do espectáculo “En busca dos monstrosque puidemos ver na sesión da Hora do conto da Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros) o 18 de maio a cargo de Trémola Teatro.
 
Podes velo (ata as 16:30 do 21/05) clicando nesta ligazón: QueroContosDeTrémola!