6/2/26

Recomendacións en Radioleiros: 6 febreiro 2026

Ogros de Adrian TchaikovskyRecomendacións en Radioleiros: 6 febreiro 2026
- Infantil (maiores de 10 anos):

Ogros de Adrian Tchaikovsky. En Plan B.

"Grandes, fortes e cunha maxia poderosa: será difícil enfrontar a tiranía dos ogros!"

Tres luces de Claire Keegan
- Mocidade e público adulto:

Tres luces de Claire Keegan. Editado por Eterna Cadencia.

“Ese verán tería que pasalo lonxe da súa familia, con xente allea, porque a súa nai non podía coidar de todos...”

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
 

5/2/26

Ler para saber A CIENCIA: 6 de febreiro 2026

Charla de divulgación científica dirixida á poboación infantil (a partir de 10 anos), adolescentes e público en xeral.

Día: Venres 6 de febreiro.
Hora: 18:30 h.

Movemento e defensa das plantas.
Carmen Rodríguez Coronado. Graduada en Bioloxía e Química e Máster en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética, actualmente é investigadora predoutoral na Área de Botánica - Departamento de Bioloxía da Facultade de Ciencias da UDC.

Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.

4/2/26

52 encontros coa emoción dos contos!!! Hora do conto e actividades infantís en Bibloleiros de febreiro a maio de 2026

52 encontros coa emoción dos contos!!! Hora do conto e actividades infantís en Bibloleiros de febreiro a maio de 2026
Desde febreiro a maio teremos 52 oportunidades de atoparnos co engado de historias marabillosas e a narración de contos tradicionais e literarios. Serán contacontos para crianzas de 2 a 4 anos e a partir de 5 anos e obradoiros (ciencia, ilustración, etc.) para a cativada de 6 anos en adiante. Tanto as sesións da hora do conto como os obradoiros se celebrarán ás 17:30 h. 
52 encontros coa emoción dos contos!!! Hora do conto e actividades infantís en Bibloleiros de febreiro a maio de 2026Lembramos que o aforo é limitado, é imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. Podes facelo desde dez días antes da celebración da actividade, achegándote persoalmente, por teléfono ou internet en www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Nesta xeira da hora do conto contamos con profesionais da narración oral como A Xanela do Maxín, Trinketrinke Teatro, Ramiro Neira, Pablo Díaz, Trémola Teatro, Tarabelos Teatro, Ariadna Ligero, Marta Ortiz, Raquel Crespo, Soraya Lema, Raquel Queizás, Charo Pita, Olga Abad e Iseo a Moura. Patricia Cameán, Laura Caneira e Ciencia Kids levarán a cabo os obradoiros de ilustración e construción de xoguetes eléctricos. A información está dispoñible en calquera das sete bibliotecas municipais e nesta ligazón.
Divírtete escoitando contos, conéctate á maxia das palabras e participa nas actividades infantís de Bibloleiros!

3/2/26

Entroido 2026 en Bibloleiros: 7 obradoiros de mascarada Pop Up

Entroido 2026 en Bibloleiros: 7 obradoiros de mascarada Pop Up
Obradoiros de mascarada Pop Up
con Xogando nas Nubes.
Para nenas-os a partir de 6 anos.
- Máximo de participantes en cada obradoiro: 20
- Duración: 120´
- Hora: 17:30
- Aforo limitado: imprescindible inscribirse na biblioteca na que desexes participar. Podes facelo telefonicamente, achegándote á biblioteca correspondente ou en liña: www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
O prazo para inscribirte ábrese 10 días antes da data de realización da actividade.



Luns 9 de febreiro Aforo completo!!!
Tlf.: 981 626 638

Martes 10 de febreiro Aforo completo!!!
Tlf.: 981 610 700

Mércores 11 de febreiro Aforo completo!!!
Tlf.: 981 626 338

Xoves 12 de febreiro Aforo completo!!!
Tlf.: 981 639 511

Venres 13 de febreiro (apertura do prazo de inscrición: 3 febreiro ás 10:00)
Tlf.: 981 628 507

Mércores 18 de febreiro Aforo completo!!!
Tlf.: 981 664 257

Xoves 19 de febreiro (apertura do prazo de inscrición: 9 febreiro ás 16:15)
Tlf.: 981 618 201
Aviso:
A persoa adulta responsable de cada unha das crianzas deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

2/2/26

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (3 e 4 febreiro 2026)

 

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 3 de febreiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Océano mar" de Alessandro Baricco.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Donde el corazón te lleve" de Susanna Tamaro.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 4 de febreiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El vestido azul" de Michèle Desbordes.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Arte" de Yasmina Reza.

Modera as sesións: Silvia Salgado [Érase una Red].