22/9/23

Ler conta moito, Obradoiros e a Hora do conto: de 26 a 29 de setembro de 2023

Ler conta moito, Obradoiros e a Hora do conto: de 26 a 29 de setembro de 2023
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. 
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas. 
Martes 26 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
TÍTULO: “Maxia de aquí e de acolá”
CONTACONTOS: David Méndez

Mércores 27 de setembro, ás 17:30  
Para nenas-os a partir de 6 anos Aforo completo!!!
OBRADOIRO: “Autos tolos: robótica creativa”
MONITORADO: Leader Dreams

Xoves 28 de setembro, ás 18:30  
Para nenas-os a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
TÍTULO: “Nova maxia pata todxs”
CONTACONTOS: Pedro Bugarín

Xoves 28 de setembro, ás 18:30  
Para nenas-os de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
TÍTULO: “Cinco ratiños de conto”
CONTACONTOS: Migallas Teatro

Venres 29 de setembro, ás 18:30  
Para nenas-os de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
TÍTULO: “Princesos e principetas”
CONTACONTOS: Raquel Galavís

Venres 29 de setembro, ás 18:30  
Para nenas-os de 5 anos en adiante (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
TÍTULO: “O león azul”
CONTACONTOS: Trécola Teatro
AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Tertulias Literarias en Santa Cruz: ábrese a inscrición o 26 de setembro ás 10:00 h.

Tertulias Literarias en Santa Cruz: inscrición a partir do 26 de setembro ás 10:00 h.
Tertulias Literarias na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz): inscrición a partir do 26 de setembro ás 10 h.

Como inscribirse:
- Persoalmente na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz).
- Por teléfono (981 626 338) no horario da biblioteca (Mañáns: martes a venres de 9:45 a 13:00 h. Tardes: luns a venres de 16 a 20 h.; primeiro e terceiro sábado de mes de 10 a 14 h.)
- A través de Internet, na ligazón https://xurl.es/6smj4

38 prazas por orde de inscrición distribuídas en 2 grupos de 19.
As-os solicitantes sen praza formarán parte dunha lista de agarda.
As sesións celébranse os martes quincenalmente ás 17:30 h.
A duración da actividade é de 90 minutos.
O día da presentación será o martes 17 de outubro ás 17:30 h. para os dous grupos
Non se admitirán solicitudes previas á data sinalada.
Poden inscribirse todas-os as-os maiores de 18 anos que desexen participar.  
A actividade remata no mes de xuño de 2024.

Comentaranse obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, pero tamén se le poesía, teatro e ensaio, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.
O principal obxectivo é animar a ler lendo, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da lectura, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Recomendacións en Radioleiros: 22 setembro 2023

Recomendacións en Radioleiros: 22 setembro 2023
- Infantil (de 6 a 8 anos):
"Si vienes a la tierra" de Sophie Blackall. En Anaya.
"Si vienes a la tierra" de Sophie BlackallImaxina que tes que convencer a un extraterrestre para que veña visitar a Terra. Que destacarías do noso planeta para que lle parecese un sitio digno de ser visitado? Quinn, o noso protagonista, teno moi claro. O neno escribe unha invitación na que conta todo o que para el é importante que se coñeza da Terra. Todo aquilo que a fai única e diferente. Estamos ante unha potente mensaxe de diversidade e de unión que nos lembra que xuntas e xuntos temos o deber de coidar o planeta, porque llo debemos por ser o noso fogar.

"O que non sabías" de Elba Pedrosa
- Mocidade e persoas adultas:
"O que non sabías" de Elba Pedrosa. Editado por Xerais.

Versión dixital en GaliciaLe

Narra a historia dunha familia galega que garda segredos do pasado. Segredos que se van herdando de xeración en xeración e que acaban por saír á luz grazas aos dous protagonistas, Marisa e o seu fillo, Roberto, que será o narrador. Tras a desaparición do pai, no mar, a vida desta familia cambiará totalmente. Marisa intentará atopar a liberdade para poder ser ela mesma nunha sociedade que a asfixia.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas. 

21/9/23

Zorionak, Patxi Zubizarreta!!!

Zorionak, Patxi Zubizarreta!!!
Francisco Javier Zubizarreta Dorronsoro (Patxi Zubizarreta) foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2023 do Ministerio de Cultura y Deporte, pola súa obra ‘Zerria’.
O xurado destacou “a excepcional calidade narrativa e a potencia desafiante do relato con descricións hipnóticas que reflexionan sobre a condición humana. A mestría dun relato capaz de remover e conmover a nosa conciencia, a nosa memoria e o noso presente”. Tamén sinalou que “Patxi Zubizarreta, coa súa exquisita delicadeza e elegante escritura consegue atopar a beleza na ferida e convirte a literatura para público xuvenil nunha pedra preciosa”.
Patxi Zubizarreta di que "o mundo que vivimos é moi superficial e cre que a literatura e a arte, en xeral, convídannos a atoparnos cun mesmo, con ese ser que non coñecemos. Cada un leva no seu interior a un estraño, un forasteiro. O labor da nosa vida debería ser reencontrarnos con el".

Lévate en préstamo os libros de Patxi Zubizarreta que temos ao teu dispor na sala infantil-xuvenil da Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

Zorionak, Patxi Zubizarreta!!!

18/9/23

Ler conta moito, Obradoiros e a Hora do conto: de 19 a 22 de setembro de 2023

Ler conta moito, Obradoiros e a Hora do conto: de 19 a 22 de setembro de 2023
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. 
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas. 

Martes 19 de setembro, ás 17:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
OBRADOIRO: “Coas as mans na masa”
MONITORADO: OQO

Mércores 20 de setembro, ás 18:30  
Para nenas-os a partir de 5 anos Aforo completo!!!
TÍTULO: “Maxia tola e lectora”
CONTACONTOS: Leo Leíño

Xoves 21 de setembro, ás 18:30  
Para nenas-os a partir de 5 anos Aforo completo!!!
TÍTULO: “Brinca vai! De aquí a acolá”
CONTACONTOS: Paco Nogueiras

Venres 22 de setembro, ás 18:30  
Para nenas-os a partir de 5 anos Aforo completo!!!
TÍTULO: “Nova maxia para todxs”
CONTACONTOS: Pedro Bugarín

Venres 22 de setembro, ás 18:30  
Para nenas-os de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
TÍTULO: “Cinco ratiños de conto”
CONTACONTOS: Migallas Teatro
AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Parabéns, Paula Carballeira!!!

Parabéns, Paula Carballeira!!!
Paula Carballeira foi galardoada co Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, pola obra ‘As alumnas’, a proposta do xurado reunido a tal efecto. O premio é concedido polo Ministerio de Cultura y Deporte. O xurado destacou a obra da autora galega “por ser un eloxio do maxisterio que ensina sobre a dúbida e o debate. Polos seus valores dramáticos, a riqueza de matices e pola recuperación dunha muller referente para a ensinanza galega, símbolo da educación moderna, igualitaria e transformadora que propuña a II República”. Puxo tamén de relevo como “a autora, a través dunha investigación rigorosa, propón ao público un texto que homenaxea a todas-os mestras-es e ao modelo de escola laica, libre e dunha pedagoxía avanzada”.
A escritora, actriz, narradora oral e contacontos Paula Carballeira é moi coñecida para o público infantil-xuvenil e adulto das bibliotecas municipais de Oleiros. Tanto nas sesións da hora do conto como nas da campaña de promoción da lectura para os centros de ensino do Concello de Oleiros, son abondosas as horas de goce coas historias e o estilo propio de narrar de Paula. Algún dos seus libros foi tamén recomendado nas suxestións de Radioleiros. Lévate en préstamo os libros de Paula que temos ao teu dispor na sala infantil-xuvenil da Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
Parabéns, Paula Carballeira!

50 sesións de setembro a decembro de 2023!!! Ler conta moito, Obradoiros e Hora do conto en Bibloleiros

50 sesións de setembro a decembro de 2023!!! Ler conta moito, Obradoiros e Hora do conto en Bibloleiros
De setembro a decembro de 2023, nas sete Bibliotecas Municipais de Oleiros levaranse a cabo 50 sesións de diferentes actividades infantís: contacontos, concertos de música, sesións de maxia, obradoiros de robótica e de arte, etc. para fomentar a lectura e animar a que as nenas e nenos visiten as Bibliotecas Municipais de Oleiros no seu tempo de lecer. As actividades de promoción da lectura están dirixidas a nenas e nenos de 2 a 4 anos, crianzas a partir de 5 anos e obradoiros para as pequenas-os de 6 anos en adiante. As sesións da Hora do conto serán ás 18:30 e os Obradoiros realizaranse ás 17:30. Narración ou dramatización dunha ou varias historias, música, maxia e outros espectáculos vanse poñer en escena para atraer á lectura ao público infantil. Todos os actos terán un enfoque lúdico, fomentando a imaxinación e a creatividade, como unha invitación a viaxar a un tempo máxico de ilusión e fantasía.
Xa que o aforo é limitado é imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. Isto pode facerse chamando por teléfono ou achegándose persoalmente. Poderanse inscribir desde dez días antes da data de realización. Contarase con compañías como Migallas, Trinketrinke, Trémola ou Pavís Pavós. Contadoras-res como Charo Pita, Ramiro Neira, Tarabelos, Chus Álvarez, Paula Carballeira, Raquel Galavís e David Méndez. Obradoiros a cargo de A Nube de Artear, Colectivo Mirlotil, Leader dreams, Antía Yáñez e OQO. Artistas como Pablo Díaz, Paco NogueirasLuis Vallecillo, Fran Amil e Pakolas. Teremos maxia con Leo Leíño e Pedro Bugarín.
Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e en colaboración coas Bibliotecas Municipais de Oleiros. Planificáronse outras actividades exclusivamente municipais para completar a programación destes meses. Os obxectivos que se intentan conseguir son fomentar a lectura a través do pracer e o gusto por esta, que se divirtan escoitando contos, facer novas lectoras e lectores ou consolidarlles este hábito e promover o descubrimento da diversidade dos libros. Preténdese introducir as crianzas no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender, coa que gocen e se entreteñan. Tratarase de espertar a sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, para que vexan que tamén se divirten e pasan momentos agradables cos libros. Poden solicitar a información en calquera das sete bibliotecas municipais e nesta ligazón.