28/9/18

Recomendacións en Radioleiros: 28 setembro 2018

https://spark.adobe.com/video/40be45BG06Kco
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1419912- Infantil (nenas-os a partir de 6 anos):
"Azadah" de Jacques Goldstyn. En Juventud.
Azadah, a protagonista, é unha nena que vive nun país no que se convive a diario coa guerra e a pobreza. Ata alí chega Anja, unha fotógrafa da ONU, da que se fai amiga. Cando Anja abandona o lugar, Azadah abatida,  prégalle que a leve con ela, porque añora vivir nun país no que poda cumprir os seus soños. Pero Anja sabe que por desgraza se necesitan permisos, o que non están ao alcance de ningunha delas. A lealdade e a forza de Azadah tena impresionada e regálalle a súa propia mochila: esta pequena equipaxe será suficiente para que con enxeño e determinación, Azadah consiga conquistar todo aquilo que arela.
 
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1427169- Mozas-os e adultas-os:
"Abril encantado" de Elizabeth von Arnim. Editado por Alfaguara.
O anuncio de aluguer dun pequeno castelo italiano amoblado durante o mes de abril que se publica no Times e ao cal responderán catro mulleres que viven en Londres pero que non se coñecen nin teñen nada en común como non sexa, aínda que algunha non o sabe, que a infelicidade reina nas súas vidas, será o detonante para que cada unha delas tome conciencia de que a súa función non se limita a “ser muller, nai ou filla de…”. Para ser felices teñen que comezar por sentirse ben consigo mesmas.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.