31/10/14

Recomendacións en Radioleiros: 31 de outubro

http://www.ipernity.com/doc/284673/35755985/in/album/594169
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=maquinas+increibles+harrison&idx=- Infantil:

"Máquinas increíbles" de James Harrison

Doce páxinas con ilustracións e novo vocabulario para que os cativos podan iniciarse coñecendo un tren, avión, coche, camión, etc. Interese pedagóxico e posibilidade de traballar o tacto con pezas móbiles.

- Moz@s e Adult@s:


A novela máis vendida en lingua árabe no 2002 lévanos a un edificio no centro do Cairo. Todo tipo de personaxes coas súas debilidades e soños: o fillo do conserxe que cae no islamismo tras fracasar na aspiración de ser policía, un vello aristócrata nostálxico, un xornalista homosexual nun mundo intolerante, unha muller que acepta os convites do seu xefe para axudar económicamente á familia… O Exipto actual visto por un escritor de primeira man.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

30/10/14

O Samaín (expo bibliográfica) na Biblioteca de Montrove


Achégate á Biblioteca de Montrove a descubrir moito máis sobre o Samaín.

Unha monstrosa escolma de libros e audiovisuais, incluíndo: Samaín (Colección Pimpín por aquí non vin), Samaín (Plís-Plas), Brujas y Magos, Corre corre, Cabaciña... e outros títulos arrepiantes!!!

Hora do conto e Ler conta moito: de 4 a 7 de novembro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20136.pdf
http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/hora-conto#Todos as sesións se celebrarán ás 18:30 
Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 4 de novembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Mi madriña, que medo!”: “Un castelo sen fantasma”, “Escuridade”, “Os fantasmas tamén teñen medo”
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 5 de novembro
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626338)
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULO: “Toin Toin”
 
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 6 de novembro
Para nenas-os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Rato Camifuco da Compañía Trinke Trinke
TÍTULO: Rato Canguro: “Suave e quentiño”, “Os tres porquiños”
 
Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
Xoves 6 de novembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Pizpireta
TÍTULO: “O primeiro monstro espacial”, “A canción da choiva”, “A receita de Amara”
 
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 7 de novembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Esas mañás nas que todo cambia”
 
Algúns destes actos están incluídos no programa
http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/da Rede de Bibliotecas de Galicia