23/5/09

Hora do conto: semana 25-29 maio


Todas as sesións terán lugar ás 18,30 horas
Martes 26 de maio
Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
CONTACONTOS: Ratiña Lupiña da Compañía Trinke Trinke
TÍTULOS: "Martín y las galletas de coco", "La cocina de noche"
Mércores 27 de maio
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
CONTACONTOS: Ratiña Lupiña da Compañía Trinke Trinke
TÍTULOS: "Martín y las galletas de coco", "La cocina de noche"
Xoves 28 de maio
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Para nen@s menores de 6 anos:
CONTACONTOS: Ratiña Lupiña da Compañía Trinke Trinke
TÍTULOS: "Martín y las galletas de coco", "La cocina de noche"

Para nen@s maiores de 6 anos:
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULOS: "O sombreiro dos magos", "O bico da sapa"
Venres 29 de maioBiblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
CONTACONTOS: Fran Ínsua
TÍTULOS: "Un oso cunha espada", "Coidado coa ra", "O lobo que quería ser unha ovella"

22/5/09

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 22 de maio:

Poesía con los jóvenes de Mario Benedetti editado por Visor.




Eu tamén son fonte de Teresa Moure, con ilustracións de Leandro Lamas editado por Galaxia


Recomendación feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

19/5/09

O Conto Viaxeiro

Actividade dirixida a nenos e nenas de educación infantil, 1º e 2º de primaria.
Consiste en realizar e ilustrar un conto mediante a colaboración entre o alumnado e o profesorado: os nenos e as nenas dunha clase comezan o relato, sendo continuado sucesivamente polos alumnos e polas alumnas doutras clases ata compor a súa totalidade.
O profesorado escribe o conto inventado e ilustrado polos nenos e nenas.

Edición 2009 (cuberta) NOVO!!

Edición 2007 (cuberta)

Edición 2006 (cuberta)

Edición 2005 (cuberta)

Edición 2003 (cuberta)

18/5/09

Ler para Saber: 22 maio 2009

Na Biblioteca Central Rialeda (2º andar)

Hora: 18,30

Dirixido a: nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral


"Curiosidades Matemáticas"

Charla de divulgación científica a cargo de Marisol Pérez Blanco, licenciada en matemáticas, co obxectivo de facilitar o pracer de facer pensar e seducir matemáticamente.

Ao finalizar os/as participantes realizarán xogos matemáticos e de xeometría.

Seleccionamos para ti libros recomendados para esta charla científica.