5/6/21

Día Mundial do Medio Ambiente e verán na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé)

Co motivo de concienciar á poboación sobre o coidado do Planeta e para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé) poderás contemplar unha exposición bibliográfica sobre o tema e carteis informativos elaborados con materiais reciclados.

Ademais, para inaugurar o comezo do verán, hai unha exposición bibliográfica de recomendacións infantís e xuvenís para esta estación.


4/6/21

Recomendacións en Radioleiros: 4 xuño 2021

- Infantil (a partir de 6 anos):

Atrapamiradas de Marina Núñez con ilustracións de Avi Ofer
Kalandraka, 2020

Vera érguese disposta a atopar unha solución a algo que está a preocupala. Para isto contará coa axuda da súa avoa Marga, e os resultados serán mellores do que agardaba!. Un libro optimista con estupendas ilustracións de Avi Ofer.

- Mozas/os e adultas/os:

O tempo das mareas: María Casares e Galicia de María Lopo
Consello da Cultura Galega, 2016

Unha vida chea de experiencias co exilio a unha idade moi nova conforman este libro que supón un paseo polo século XX, partindo do nacemento na Coruña, os veráns en Oleiros, uns anos en Madrid e o posterior asentamento en París co comezo da Guerra Civil. A pesar da distancia, María Casares non esqueceu a terra na que naceu nen as súas xentes.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Salvavidas de papel! na Biblioteca de Santa Cruz

Non importa se un día a chuvia cae fóra, porque tendo entre as túas mans un libro no que o sol radiante acompaña aos protagonistas seguro que tamén ao teu redor quentará o sol.

Grazas a esos libros que atopaches un día na biblioteca ou que a túa bibliotecaria favorita che recomendou salvaches unha tarde aburrida, enganchácheste á lectura e disfrutaches comentando o argumento e a historia con outr@s lector@s

Esta mostra bibliográfica estará dispoñible na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) desde xuño ata agosto.

Viaxamos... por fin! na Biblioteca de Santa Cruz

Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) queremos espertar as vosas gañas de viaxar, en avión, en coche ou en patinete. Con este centro de interés de libros que nos falan de cidades, museos e monumentos poderemos desfrutar moito máis en familia este verán…

Esta mostra bibliográfica estará dispoñible desde xuño ata agosto.

3/6/21

Illas, mares e piratas!!! na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda)

Para conmemorar o Día Mundial dos Océanos este mes de xuño podes visitar na Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda) a mostra Illas, mares e piratas!!!, formada por libros, revistas e pelis da nosa biblio cos que poderás aprender unha chea de cousas interesantes sobre os oceános e o mundo da piratería.

Novidades Libros Xuño 2021

 Pulsa na imaxe para visualizar a guía

2/6/21

"Lecturas de ida e volta" na Biblioteca Manuel María (Oleiros)

Os libros desta exposición son viaxeiros e pasarán connosco boa parte do verán. Podes levalos en préstamo durante 21 días e logo devolvelos na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros), na que están de visita, para que poidan seguir o seu camiño. 
Atoparás interesantes títulos de novela para adultas-os e literatura infantil!

Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: 2 xuño 2021 (Grupo A). Remate da tempada

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de La impaciencia del corazón, de Stefan Zweig
Documentación

Agradecemos ás participantes a súa fidelidade e agarimo neste atípico ano, especialmente a súa dispoñibilidade ao cambio de formato da actividade. 

Vémonos en outono!

1/6/21

Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: martes 1 xuño 2021 (Grupo B). Remate da tempada

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de Me llamo Lucy Barton, de Elizabeth Strout
Documentación

Esta sesión pon punto final á tempada nas tertulias da Biblioteca de Santa Cruz. Queremos agradecervos a fidelidade, a comprensión e o agarimo amosados neste ano tan complicado.

Vémonos novamente en outono!!!