- Xuvenil (a partir de 12 anos):
Erik Vogler 7: jaque mate, de Beatriz Osés
Edebé
Erik Vogler é un adolescente de 15 anos, maniático da orde e da limpeza. Un friki, perfeccionista e bastante cobarde. Cunha capacidade asombrosa para implicarse en casos policíacos nos que a súa vida pende dun fío. O trío de protagonistas que persiste en toda a serie son: o propio Erik Vogler, a súa avoa Berta Vogler, guerreira e vital, totalmente oposta ao seu neto, e o misterioso Albert Zimmer, un mozo con quen Erik está en permanente conflito e que o acompaña en todas as peripecias por expreso desexo da súa avoa. Erik sospeita que Zimmer é un vampiro.
Unha saga de aventuras repletas de aparicións espectrais, asasinos en serie, misterios por resolver e moito humor.
Dispoñible en GaliciaLe #euquedonacasa
- Mozas/os e adultas/os:
La villa de las telas, de Anne Jacobs
Plaza & Janés
Primeira entrega dunha saga na que se narra a historia da familia Melzer, propietaria dunha das maiores fábricas textís de Alemaña. Na súa mansión entrará a traballar Marie, unha moza á que a vida non tratou demasiado ben e que se intentará abrir paso entre os criados e criadas da casa. Dela quedará prendado Paul, o herdeiro da fortuna Melzer.
A ambientación desta novela métenos de cheo na industria textil alemá, os baixos fondos de Augsburgo, a diferenza entre as clases, entre o piso inferior da casa onde reside o servizo e o superior destinado aos señores. As comidas, a vestimenta, a decoración da mansión, a maquinaria da industria, o paso dos coches de cabalos aos de motor, etc. Todo descrito cunha prosa fácil e elegante.
Dispoñible en GaliciaLe #euquedonacasa
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.