4/12/20

Nadal con contos en Bibloleiros: comezamos o 11 de decembro

Chegou o Nadal co seu inverniño! Daquela, quentémonos con historias marabillosas.

Non te perdas os Axóuxeres de Nadal de Soledad Felloza, os Contos para noites de Nadal de Fátima Fernández, os Contos para poder durmir en Noiteboa e Un Nadal nada normal de Ramiro Neira, a Estación Inverno de Charo Pita e os Dous contos de Nadal: Vai onde non che diga, trae o que non che pida de Paula Carballeira.

Estas sesións están dirixidas a nenas-os a partir de 6 anos. Lembra que has de reservar praza na biblioteca onde se celebre a actividade. Toda a info nesta ligazón.

Tertulia literaria en Rialeda: 9 decembro 2020 (Grupo B)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de O exército de fume, de Manuel Gago
Coa colaboración da catedrática de Lingua e Literatura Galegas Rosa García Vilariño.
Documentación

Seguinte lectura: Las hijas de Hanna, de Marianne Fredriksson

Recomendacións en Radioleiros: 4 decembro 2020

- Infantil (a partir de 6 anos):

O apalpador e a nena sen medo, de Celtia Figueiras e Sonia García, baseado nun poema de Séchu Sende
Guindastre, 2019

A nena sen medo escribiulle unha carta especial ao Apalpador pedíndolle o que lle faltaba. Texto baseado nun poema de Séchu Sende e levado ao teatro por A Xanela do Maxín.

- Moz@s e adult@s:

Blanco letal, de Robert Galbraith
Salamandra, 2019

Da man de J. K. Rowling temos a serie protagonizada por Cormoran Strike, un detective privado de Londres, sen unha perna por ferida de guerra e cunha relación especial cos seus colaboradores. Trama situada no Londres das Olimpiadas de 2012 con protagonismo político e lembranzas do pasado.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.