"Grazas" de Isabel Minhós Martins ; ilustrado por Bernardo Carvalho.
Kalandraka
Un álbum ilustrado no que un neno vai explicando o que lle ensinou cada un dos maiores cos que se relaciona: ter paciencia, saber gañar ou perder, saber escoitar e gozar do silencio, compañeirismo, etc.
É unha obra que nos fala da aprendizaxe da infancia, do crecemento persoal e da tan necesaria educación en valores.
Un delicioso álbum, cunhas fermosas ilustracións e unha mensaxe dirixida a todas as persoas que pasan pola vida dun neno ou nena e que contribúen a súa educación e a súa formación como persoa.
- Moz@s e adult@s:
"Un paraíso inalcanzable" de John Mortimer.
Libros del Asteroide
Unha excelente novela na que destaca a sátira política e o humor inglés, cunha singular mirada ás relacións familiares e de parella e un bo retrato da forma de vida de provincias do Reino Unido.
Ao morrer Simeon Simcox, un peculiar cura socialista dunha localidade británica, os seus fillos descobren que deixou toda a súa fortuna a un ambicioso deputado conservador. Ante isto, reaccionan de forma distinta: Henry, famoso escritor, quere impugnar o testamento de seu pai alegando loucura; en cambio, Fred, médico rural, decide investigar os motivos que puido ter para tomar esta decisión e o que máis choca é a actitude da nai, que non quere que se investigue nin se impugne nada.
Presenta a vida desa poboación, desde finais da Segunda Guerra Mundial ata o goberno de Margaret Thatcher, uns corenta anos nos que a sociedade británica experimentou grandes cambios. Mesturando humor e intriga vainos presentando os distintos personaxes e como van evolucionando.
Con esta narración comeza a triloxía dedicada ao político conservador Leslie Titmus, paradigma do thatcherismo.
Unha obra de gran calidade, cuns personaxes de diferentes estratos sociais moi ben descritos e uns excelentes diálogos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.