6/2/21

Hora do conto audiovisual: 8 a 12 de febreiro 2021 #bibliotecasegura #culturasegura

Seguimos coas sesións de contacontos audiovisuais, dirixidas a nenas-os a partir de 6 anos.
 
Estas sesións poden verse a través Internet, os días programados ás 18:30 horas, e durante as 48 horas posteriores.
 
Apunta no teu calendario:
 
Luns, 8 de febreiro:
CONTACONTOS: Fátima Fernández
TÍTULO: “Libros para sorprender e participar"
 
Martes, 9 de febreiro:
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Comendo orellas"
 
 
 
Mércores, 10 de febreiro:
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Quen se esconde tras o disfrace?"
 
Xoves, 11 de febreiro:
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Contos fariñentos"
 
Venres, 12 de febreiro:
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Quero disfrazarme"

Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: 10 febreiro 2021 (Grupo A)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de Americanah, de Chimamanda Ngozi Adichie
Documentación

Seguinte lectura: Vinieron como golondrinas, de William Maxwell

Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: 9 febreiro 2021 (Grupo B)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de Salir a robar caballos, de Per Petterson
Documentación

Seguinte lectura: Un amor, de Alejandro Palomas

5/2/21

Hora do conto audiovisual: Comezamos! 5 de febreiro 2021 #bibliotecasegura #culturasegura

A situación sanitaria provocada polo COVID-19 está poñéndollo difícil á cultura viva e directa. Durante o tempo que as bibliotecas estean pechadas ao público e non se podan realizar actividades presenciais, levaremos a cabo sesións de contacontos audiovisuais.
Os contos bulen por saíren das bibliotecas, dos libros e da imaxinación das nosas e nosos contacontos favoritos, así que, abre ollos e orellas e conéctate á maxia das historias de Caxoto, Charo Pita, EduvíaFátima Fernández, Ramiro Neira, e Soledad Felloza.
 
Esta sesión pode verse a través Internet, o día programado ás 18:30 horas, e durante as 48 horas posteriores.
 
Apunta no teu calendario:
Venres, 5 de febreiro:
Para nenas-os a partir de 6 anos 

Recomendacións en Radioleiros: 5 febreiro 2021

- Infantil (a partir de 10 anos):
"Expedición Tilovonte" de Carlos López. Ilustracións de Kristina Sabaite. En Galaxia. 
Dispoñible en GaliciaLe.
Unha viaxe imposible de esquecer nun mundo tolo, divertido e disparatado, ilustrado cunha chea de animais.
- Mozas-os e adultas-os:
"14 de julio" de Éric Vuillard. Editado por Tusquets. 
Dispoñible en Ebiblio.
O trasfondo económico e social que provocou a Revolución Francesa contado desde o punto de vista dos protagonistas reais: xente modesta que pasaba fame e miserias en contraposición co vida diaria de Versalles.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

3/2/21

Hora do conto audiovisual: entre o 5 e o 17 de febreiro 2021 #bibliotecasegura #culturasegura

As sesións da Hora do Conto, dirixidas a nenas e a nenos maiores de 6 anos, programadas para os días comprendidos entre o 5 e o 17 de febreiro (en principio e á espera de como sigan as restricións a causa da pandemia de coronavirus) realizaranse de forma audiovisual. Poderán visualizarse a través da sección de bibliotecas da Web municipal e do blog das Bibliotecas Municipais de Oleiros.
 
Programación:
- Venres 5 de febreiro: Máscaras e mascariñas con Caxoto
- Luns 8 de febreiro: Libros para sorprender e participar con Fátima Fernández.
- Martes 9 de febreiro: Comendo orellas con Caxoto.
- Mércores 10 de febreiro: Quen se esconde tras o disfrace? con Charo Pita.
- Xoves 11 de febreiro: Contos fariñentos con Soledad Felloza.
- Venres 12 de febreiro: Quero disfrazarme!!! con Ramiro Neira.
- Luns 15 de febreiro: Os andares do porco con Caxoto (Esta sesión, programada inicialmante para o día 11, celebrarase o 15).
- Mércores 17 de febreiro: Contamos en igualdade con Eduvía.
 
Cada un destes contacontos colgarase, o día programado, ás 18:30 horas, e poderá verse durante 48 horas.

Para calquera dúbida ou aclaración poderán dirixirse por teléfono ou correo electrónico a cada unha das bibliotecas municipais de Oleiros no seu horario habitual de atención ao público:
Biblioteca Central Rialeda (Perillo): 981 639 511    biblioteca.rialeda@oleiros.org
Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz): 981 626 338     biblioteca.santacruz@oleiros.org
Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera): 981 628 507     biblioteca.mera@oleiros.org
Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda): 981 626 638      biblioteca.dorneda@oleiros.org
Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros): 981 610 700       biblioteca.manuelmaria@oleiros.org
Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós): 981 664 257     biblioteca.nos@oleiros.org
Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé): 981 618 201    biblioteca.lorbé@oleiros.org
 
Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros invitamos a todas as nenas e nenos destas idades, e ás súas familias, para que visiten a Web municipal ou o noso blog e se divirtan con estas narracións de contos e historias.

#bibliotecasegura #culturasegura

2/2/21

Os máis prestados do 2020

Tocounos vivir un ano difícil, malia todo o 2020 nos deixa tamén as vosas preferencias lectoras.
Pulsa as imaxes e coñece os títulos máis prestados ao longo do ano nas sete bibliotecas municipais.

     Infantil                              Xuvenil                      Mozas/os e Adultas/os
 
Desde Bibloleiros agradecemos o voso esforzo e a vosa fidelidade.
Moitas grazas, máis que nunca, por facer biblioteca!

EBIBLIODACORUNA segue aberta a toda Galicia!

EBIBLIODACORUNA é a plataforma  gratuita de préstamo dixital de libros, películas, audiolibros, e outros contidos dixitais das máis variadas temáticas, que a Deputación da Coruña pon en servizo para todas as persoas usuarias de calquera biblioteca pública municipal da provincia da Coruña ou da Deputación. EBIBLIODACORUNA é a biblioteca dixital para todas as persoas da provincia da Coruña, pero como medida excepcional en tempos da COVID-19, está aberta a toda Galicia!!!
Podes darte de alta enviando a solicitude cuberta a biblioteca.info@dacoruna.gal
Terás acceso libre á biblioteca dixital EbiblioDaCoruna, con máis de 5000 recursos de balde (libros, xornais, revistas, audiolibros), así como a todas as actividades do Club de lectura virtual.
Se precisas formación sobre o seu funcionamento, solicita unha cita previa en https://cita.dacoruna.gal/citaprevia/?idCliente=8 e poderás resolver as túas dúbidas. 
 
Aproveita os recursos dixitais que nos ofrece a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña!
Moitas grazas por compartir os vosos recursos!

Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: 3 febreiro 2021 (Grupo B)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de Prisioneros en el paraíso, de Arto Paasilinna
Documentación

Seguinte lectura: Desgracia, de J. M. Coetzee

1/2/21

AVISO: Peche ao público das Bibliotecas Municipais de 27 de xaneiro a 17 de febreiro

 MEDIDAS DE MINIMIZACIÓN DO RISCO DE CONTAXIO DO CORONAVIRUS COVID-19

En cumprimento das medidas en relación coa situación sanitaria provocada polo COVID-19, a Xunta de Galicia (Orde do 26 de xaneiro de 2021, D.O.G nº 16 bis, apartado 4.1. III.2.4.2) decretou a restrición temporal da actividade de bibliotecas, polo que as Bibliotecas Municipais de Oleiros permanecerán pechadas ao público
de 27 de xaneiro a 17 de febreiro

Indicacións das Bibliotecas:
 
O persoal atenderá o teléfono e o correo electrónico nos horarios das respectivas bibliotecas.

O servizo de renovación de documentos poderá facerse a través do teléfono e o correo electrónico no horario das respectivas bibliotecas, así como a través de Internet coas claves de acceso do catálogo en liña catalogo-rbgalicia.xunta.gal

Os préstamos que tiñan a data de vencemento desde o 27 de xaneiro en adiante
quedarán prorrogados ata o 18 de febreiro.
 
Lembramos que as persoas socias das Bibliotecas Municipais de Oleiros poden acceder gratuitamente a GaliciaLe, a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. En GaliciaLe as-os lectoras-es atoparán dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.

Para calquera dúbida ou aclaración pode dirixirse por correo electrónico ou teléfono á biblioteca correspondente no horario establecido.

Teléfono da Biblioteca Central Rialeda: 981 639 511
Correo electrónico da Biblioteca Central Rialeda: biblioteca.rialeda@oleiros.org

PREGAMOS DESCULPEN AS MOLESTIAS

Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: 2 febreiro 2021 (Grupo A)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de Adiós, Hemingway, de Leonardo Padura
Documentación

Seguinte lectura: Abril encantado, de Elizabeth Von Arnim