“O espírito do cabaleiro” de Cornelia Funke, en Xerais.
Libro de aventuras con grandes doses de fantasía e suspense. Comeza coa viaxe en tren do protagonista, Jon un rapaz de once anos que se traslada a un internado onde xa estivo o seu pai pero el non se sinte tan ledo como debería porque se sinte “expulsado” da súa casa. Unha vez chega ao colexio inicíanse as emocións, espíritos que ouvean, cabaleiros medievais e como non, o espertar ao amor.
- Mozos-as e adultos-as:
“Casa de verano con piscina” de Herman Koch, editado por Salamandra.
Narra a historia dun médico de atención primaria, a súa muller e as súas fillas que se atopan, na viaxe das vacacións, e non de forma demasiado casual, cun paciente, actor, e a súa familia que veranean nunha casa con piscina na costa mediterránea. Hai un terceiro personaxe, un director de cine dunha certa idade, casado cunha aspirante a actriz moito máis nova que el. Herman Koch confesou nunha entrevista que para este personaxe baseouse no director de cine Roman Polanski, porque cando estaba a escribir a novela saltou a noticia da acusación dunha menor por abusos nos anos 70. Temas como as violacións, a pederastia, a ansia de venganza da sociedade actual que por outra banda é bastante permisiva e autocomplacente, fan deste libro unha obra que seguro, non nos vai deixar indiferente.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.