25/11/16

Ler conta moito e actividades infantís: de 28 a 30 de novembro 2016

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-24837.pdf
Todas as sesións se celebrarán ás 18:30!!!

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 28 de novembro
Para nenas-os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Compañía Trinke Trinke
TÍTULO: “Viaxe a África”

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 29 de novembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “De maior quero ser...!”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 30 de novembro
Para nenas-os de 5 a 10 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)      
MONITORADO: Mau Marela
ACTIVIDADE: “Crea fósiles de dinosauros!”
 

Algúns destes actos están incluídos no programa 
http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/da Rede de Bibliotecas de Galicia

Recomendacións en Radioleiros: 25 novembro 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/43903240/in/album/863040
 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1208742- Infantil (nenas-os de 6 a 8 anos):
"Catro Cascarolos", texto de Marilar Aleixandre. Ilustracións de Enjamio. Editado por Xerais.
"Catro cascarolos" conta as aventuras de catro irmáns caracois, chamados Cascarolo, Carolo, Arolo e Rolo. Cada un deles goza dunha habilidade.  Pasaban os días tan felices no seu xardín, ata que un día chegan uns obreiros para cubrir toda a herba de lousas co fin de que os veciños e veciñas da zona non enlamasen os seus zapatos nos días de chuvia. Os catro cascaroliños comprenderon que non podían vivir sen herba nin sen raíces nas que esconderse, así que decidiron ir en busca dunha nova casa.
 
- Mozas-os e adultas-os:
"Tierra sin hombres" de Inma Chacón. En Planeta.
"Tierra sin hombres", ambientada íntegramente en Galicia, está adicada, segundo palabras da propia escritora, ás “viúvas de vivos” das que falaba Rosalía de Castro e á soidade á que se tiñan que enfrontar mentres agardaban o regreso dos seus maridos emigrados. A novela narra unha historia de principios do século XX na Galicia rural. Conta a historia de Rosalía, unha viúva de vivo e nai de Elisa e Sabela. Intentando evitar que as súas fillas
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1218324
vivan marcadas sempre “polo que dirán”, Rosalía planea casar a Elisa, a maior, cun home cun futuro, Eloy, ao que a rapaza non quere, mentres que Sabela, que si está namorada de Eloy quedará destinada a coidar da granxa familiar e da súa nai.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

22/11/16

24 novembro: Conferencia "A construción do xénero e os réximes de propiedade: un relato alternativo" en Santa Cruz

24 de novembro ás 19 horas

por Rebeca Baceiredo, filósofa e profesora de instituto

Segundo a autora “explicáronnos a historia como unha secuencia de feitos naturais, case biolóxicos, dos que indefectiblemente se deriva unha orde social, un estado de cousas. Así, o patriarcado pareceu ser algo necesario e non continxente. Dalgún xeito, desas premisas infírese que combatelo pode achegarnos a un estado máis civilizado mais que tamén pode implicar ir contra natura. Con todo, non só ese relato que nos presentaron como verdade única, tamén os propios conceptos empregados, son meras proxeccións do paradigma actual. A partir da análise do xénero como función subalterna e da súa relación coa existencia e a xestión da propiedade, nesta conferencia proponse unha revisión e un axuste dese mito.”

Rebeca Baceiredo é licenciada en Ciencias da Comunicación e doutora en Filosofía. Exerce de profesora de instituto. Foi premio extraordinario de doutoramento por: Achegas onto-éticas para a liberación do suxeito: unha aproximación a partir da filosofía de Gilles Deleuze.

Algunhas das súas obras son:
O suxeito posmoderno, entre a estética e o consumo (Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2005)
A revolución non vai ser televisada: devir imperceptible seguindo a Gilles Deleuze (Premio de Ensaio da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega 2014).

Esta conferencia está organizada pola Fundación Euseino, en colaboración coas Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros. Esta Fundación, é unha organización non lucrativa independente, declarada de interese cultural e de interese galego pola Xunta de Galicia e inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego. Os seus obxectivos son “difundir e promover a filosofía e o pensamento non dogmático en idioma galego mediante a distribución e a transmisión libre das ideas, axudando dese xeito á creación dun ámbito de pensamento que fomente a actividade cultural arredor da filosofía e da literatura, ao mesmo tempo que tamén impulsa a súa relación coa ciencia e coa estética, esta última como ontoloxía xeral dos obxectos retóricos e materiais”.

Boletín de novidades 23 novembro 2016

https://drive.google.com/open?id=0B95bhc9HVVwOUV9ZS1lOWjBBY2M

Tertulia literaria en Rialeda: 23 novembro 2016 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-25167.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Adiós, Hemingway" de Leonardo Padura
Documentación

A seguinte obra programada é "O coitelo en novembro" de Marilar Aleixandre