27/9/24

Recomendacións en Radioleiros: 27 setembro 2024

"Osa" de José Ramón Alonso; ilustrado por Lucía CoboLucía CoboRecomendacións en Radioleiros: 27 setembro 2024- Infantil (crianzas a partir de 4 anos):
"Osa" de José Ramón Alonso; ilustrado por Lucía Cobo. En Kalandraka.
Osa está soa e coa chegada do inverno busca un lugar para durmir. Unha mañá, a luz inunda o seu agocho, a súa tripa axítase e non é de fame…
Álbum tenro e poético sobre a maternidade que pon en valor a calma e a serenidade da natureza.
"Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas, adaptación de Iria Aldegunde
- Mocidade e persoas adultas:
"Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas, adaptación de Iria Aldegunde. Editado por Galaxia.
Adaptación ao cómic do libro máis lido e traducido da literatura galega que trata dos recordos de infancia dun neno pobre dunha aldea galega nos anos 40.
Iria Aldegunde, con mestría e sensibilidade, pon en imaxes o mundo que Balbino contempla ao seu redor cos ollos moi abertos e que adoece por entender, pois, como el afirma, vimos ao mundo cunha alforxa de preguntas.
Unha fantástica oportunidade para que novo lectorado se adentre no universo de Neira Vilas ao tempo que permite volver visitar esta historia a quen xa a coñece.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Hora do conto e Ler conta moito: 30 de setembro a 4 de outubro 2024

Hora do conto e Ler conta moito: 30 de setembro a 4 de outubro 2024
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. 

Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas.

Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 30 de setembro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
ESPECTÁCULO: “Debulendo lendas galegas”
CONTACONTOS: Tarabelos

Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 1 de outubro, ás 17:30 
Para crianzas a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
OBRADOIRO: “Creamos o noso pop-up”
MONITORADO: Xogando nas nubes

Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 2 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Unha tarde especial con Dori”
CONTACONTOS: Batucado y Emusin

Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 3 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
ESPECTÁCULO: “Dúas heroínas voando van”
CONTACONTOS: Raquel Crespo

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 3 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
ESPECTÁCULO: “Unhas maxias rebuldeiras”
CONTACONTOS: A maga Fani

Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 4 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
ESPECTÁCULO: “Fíos do querer”
CONTACONTOS: Cé orquestra pantasma

Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 4 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
ESPECTÁCULO: “Quiquiriquí!”
CONTACONTOS: Raquel Crespo

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

24/9/24

Clubs de lectura e Tertulias Literarias na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz): ábrese a inscrición o 26 de setembro ás 10:00 h.

Clubs de lectura e Tertulias Literarias na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz): ábrese a inscrición o 26 de setembro ás 10:00 h.
A partir do 26 de setembro, ás 10:00 horas
, as persoas que o desexen poderanse inscribir nos Clubs de lectura e Tertulias Literarias que se van realizar na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz). 

Comentaranse obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, pero tamén se le poesía, teatro e ensaio, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura. O principal obxectivo é animar a ler lendo, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da lectura, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.
 
Como inscribirse:
- Presencialmente na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz).
- Por teléfono (981 626 338) no horario da biblioteca (Mañás: de martes a venres de 9:45 a 13:00 h.; Tardes: de luns a venres de 16:00 a 20:00 h.; primeiro e terceiro sábado de mes de 10:00 a 14:00 h.)
- En liña, nesta ligazón https://xurl.es/arut3

Ofértanse 57 prazas distribuídas en : 
-2  grupos de 19 persoas cada un que se reunirán os martes quincenalmente  ás 17:30 hs. 
A duración da actividade será de 120 minutos.
-1 grupo de 19 persoas que se reunirán mensualmente os martes ás 11:00hs.
A duración da actividade é de 90 minutos.
A primeira sesión do grupo A e C (mañás) será o 22 de outubro e o 29 de outubro para o grupo B.
 
As persoas solicitantes sen praza formarán parte dunha lista de agarda.
Non se admitirán solicitudes previas á data sinalada.
Poden inscribirse todas as persoas maiores de 18 anos que desexen participar.
Teñen prioridade as persoas empadroadas no Concello de Oleiros. 
A actividade remata no mes de xuño de 2025.
 
Tamén se van realizar clubs de lectura na Biblioteca Central Rialeda (Perillo), na Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera) e na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros). Para estas bibliotecas o prazo de inscrición abrirase no mes de outubro.

“Novelas que aluman a minguante luz de outono” en Rialeda

“Novelas que aluman a minguante luz de outono” en Rialeda
O inicio do outono é a época do ano no que os días se acurtan máis rápidamente. Nas latitudes da península ibérica, o Sol sae polas mañás máis dun minuto despois que o día anterior, e ponse pola tarde máis dun minuto antes. Nesta época do ano, o tempo no que o Sol está por riba do horizonte diminúe case tres minutos cada día.
O outono de 2024 deu comezo o 22 de setembro ás 14 horas 44 minutos no hemisferio norte. Info obtida da web do IGN
A duración da estación de uvas, figos, granadas, marmelos, noces e castañas, será de aproximadamente 89 días e 21 horas.
Vai ser tamén a desta escolma bibliográfica que presentamos baixo o título “Novelas que aluman a minguante luz de outono” no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
Agardamos que sexa do teu gusto.