16/5/14

15 e 19 de maio: Roteiro Cultural e Literario

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=36737&name=DLFE-18522.pdf
María Wonenburger en Montrove



Realizaránse dúas sesións, sendo a primeira o 15 de maio e a segunda o 19 de maio. En ambos casos comezaremos ás 9,00 horas, realizando en ambas datas o mesmo recorrido. 

Recorreránse distintos lugares do municipio nos que viviron diferentes mulleres e homes ilustres, como unha homenaxe a todos eles e co obxectivo de dalos a coñecer e mellorar o coñecemento do patrimonio e os diferentes espazos do término municipal de Oleiros, ademáis de promover a lectura.

Comezamos en Dorneda, no antigo Pazo de Xaz, co ilustrado liberal e xornalista Manuel Pardo de Andrade, trasladámonos a Montrove onde naceu a matemática María Wonenburger, e posteriormente desprazámonos a Oleiros onde traballou o escritor Manuel Lugrís Freire.

O alumnado do Instituto Miraflores realizará a presentación destas persoas ilustres. Alumnos e alumnas de 1º de bacharelato elaboraron o folleto dirixidos polo profesorado. O deseño da publicación foi realizado polo Departamento de Comunicación do Concello de Oleiros.

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=36737&name=DLFE-18522.pdf


Recomendacións en Radioleiros: 16 de maio

http://www.ipernity.com/doc/284673/32716829/in/album/594169
- Xuvenil (a partir de 15 anos):

Ámote Leo A.: destino Xalundes, de Rosa Aneiros
Edicións Xerais de Galicia

Unha novela xuvenil de corte intimista, con doses románticas, pero sobre todo unha novela de aventuras. Esta escrita en primeira persoa. Leo, unha universitaria que antes de se incorporar ao mundo laboral dos/as adultos/as, fai unha viaxe iniciática por lugares que visitaremos con el tales como Lisboa, Granada, Barcelona, Marrakech..., coñeceremos xente, pequenos rincóns dalgunhas ciudades que non pensaríamos en atopar, ás veces teremos que facer números porque os cartos non chegan, aprenderemos dos demais, e sobre todo, aprenderemos de nós mesmos.

- Mozos/as e Adultos/as:

Os fillos do mar, de Pedro Feijoo Barreiro
Edicións Xerais de Galicia

A trama da novela comenza cando Simón Varela un arquitecto vigués, case sen traballo, recibe a chamada de Isabel Llobet, unha acaudalada muller pertencente a unha das familias máis influintes da cidade de Vigo para que acometa os traballos de restauración dunha parte dos xardíns da súa casa. A partir deste feito a acción é trepidante, convertindo a Simón no heroe dunha investigación que canalizará toda a súa vida.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

13/5/14

15 de maio: "Contos terribles" con Pablísimo na Biblioteca de Oleiros

http://www.pablisimo.es/
Na Biblioteca Municipal Manuel María de Oleiros haberá contos terribles, terroríficos, espantosos e horripilantes... contos de monstros, dragóns, lobos... unha sesión de risa para quitar o medo de enriba! 
Espectáculo de contacontos, lendas e tradicións populares con monicreques, láminas e obxectos, a cargo do contacontos Pablísimo, para alumnos-as do CEIP Rabadeira:
- 10,15 h.: 1º A + B de Educación Primaria
- 11,30 h.: 1º C de Educación Primaria.

Tertulia literaria en Rialeda: 14 de maio (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Antoloxía do conto galego: século XX" da Editorial Galaxia.
Documentación

Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.

A seguinte obra programada é "O señor das moscas / El señor de las moscas" de William Golding.

14 de maio: "Contos con ovos" con Pablísimo na Biblioteca de Santa Cruz

http://www.pablisimo.es/
A Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz celebra un contacontos moi moi redondiño... ou máis ben ovalado, onde os protagonistas son os ovos... e o que sae deles! Espectáculo de narración oral, adiviñas, xogos de palabras, obxectos e bonecos a cargo de Pablísimo dirixido ao alumnado de 1º e 2º de Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal:
 
- 10,20 h.: 1º A e B de Primaria.
- 12,00 h.: 2º A e B de Primaria.   

14 de maio: Paula Carballeira en Rialeda

Na Biblioteca Central Rialeda
Ás 10,20 h.

A actriz e narradora oral Paula Carballeira realizará unha sesión de contacontos dirixida ao alumnado da Escola de Educación Infantil "O Vilar" de Nós.

12/5/14

Letras Galegas 2014: "Os mellores libros da literatura galega"

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-18502.pdf
Dentro do amplo programa que as Bibliotecas Municipais adican ao Día das Letras Galegas 2014, que este ano ten como protagonista ao poeta Xosé María Díaz Castro, poderedes ver a exposición “Os mellores libros da literatura galega” en todas as bibliotecas do Concello. Trátase dunha escolma que vai desde os primeiros expoñentes da lírica medieval, cantigas de amor, de amigo, etc. ata a literatura máis actual. Evidentemente teñen presenza todas as autoras/es que son xa "clásicos" da nosa literatura: Rosalía, Castelao, Curros, Pondal, Otero Pedrayo, e un longo etcétera. A poesía, o teatro e a narrativa están representados nesta escolla así como varias obras ensaísticas. E como non, obras e autoras/es da nosa literatura infantil e xuvenil.
Visita algunha das expos das nosas bibliotecas e xa sabes: Le en galego, VAICHE PRESTAR!

Hora do conto: de 12 a 16 de maio

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-17363.pdf
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 12 de maio
CONTACONTOS: Caxoto Contacontos
TÍTULO:  “Contos para ir facendo o camiño”
 


Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 13 de maio
CONTACONTOS: Pizpireta
TÍTULOS:  “Eu voguei por mar de chocolate”, “A cebra Camila”, “O árbore das follas DIN-A 4”
 


Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 14 de maio
Para nenos-as de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626338):
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULOS: “Bicos con leite”
Para nenos-as de 5 a 10 anos:
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “Coidado extraterrestres!”, “Sacapenas”, “Conto para non comer”

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Hora%20do%20Conto

Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
Mércores 14 de maio
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULOS:  “O papón”, “Bicho raro”, “A ratiña branca”
 

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 15 de maio
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: "Moito ruído", "Sete irmáns chineses", "Soño dunha noite de verán (fragmento das fadas)"
 

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 16 de maio
CONTACONTOS: Pavís-Pavós
TÍTULOS: “A ra da boca grande”, “Cocorico”, “A bruxa regañadentes”, “Un pesadelo no meu armario”
(Lembramos que os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente. A sesión para nenos-as de 1 a 4 anos se realizará ás 17:00, e as demáis ás 18:30)

Letras Galegas 2014 nas Bibliotecas de Oleiros

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-18502.pdf
Este ano o Día das Letras Galegas adícase á figura de Xosé María Díaz Castro. Dende as Bibliotecas Municipais presentamos un amplo programa de actividades que podes consultar premendo na imaxe.

Ademais, nas bibliotecas municipais poderedes ver a exposición “Os mellores libros da literatura galega” e participar noutras actividades realizadas arredor da persoa e obra de Xosé Mª Díaz Castro e as Letras Galegas en xeral.:

-Trípticos informativos.

- Murais, pasatempos, encrucillados e adiviñas.
- Ilustración de poesías, etc.

Non esquezas seguir a programación diaria a través deste blog!


13 de maio: Obradoiros de Ilustración con Marina Seoane en Santa Cruz

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Actividade dirixida ao alumnado do CEIP Parga Pondal.

Dúas sesións:
10,00 h. - 5º A de Primaria.
11,45 h. - 5º B de Primaria.

Marina Seoane empezou os seus primeiros pasos como ilustradora hai trinta anos. Fascinada pola maxia dos libros persevera na súa sólida vocación e se licenza en Belas Artes na Facultade de San Fernando en Madrid.

Marina Seoane colaborou con máis de vinte e cinco editoriais españolas, ilustrado máis de 200 libros, e escrito varios contos. Asimesmo foi profesora de debuxo e tapicería e directora de arte da Editorial Edimáter.

Ten realizado exposicións individuais e participado en numerosas exposicións colectivas.

Obras ilustradas por Marina Seoane e dispoñibles nas nosas bibliotecas.

12 maio: "Hip-Hop, poema Pop" en As Torres. Santa Cruz

No Teatro "As Torres" de Santa Cruz
Hora: 10,40
Actividade dirixida ao alumnado de 1º C+D de ESO do IES María Casares


“Hip Hop, poema Pop”, con Modestos Contos de Broadway.
Concerto-obradoiro interactivo de música (rap), poesía, pintura (graffiti) e danza(break-dance) a cargo do Dj Julio Couselo e Juan C. Vázquez (compositor, pianista e pintor).