24/1/15

Maxia para nenas e nenos na Biblioteca Rosalía de Castro: 28 de xaneiro

http://www.ailladosnenos.com/
O mércores 28 de xaneiro ás 18:30 horas, terá lugar na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz o espectáculo de maxia denominado “Ledicias” a cargo do Mago Paco, dirixido a nenas e nenos a partir de 5 anos. 
 

Percorrido polos mellores xogos de maxia cos que pretenderá sorprender a todo o público a través do mundo fantástico da maxia. As nenas e os nenos serán os verdadeiros protagonistas deste espectáculo diferente, dinámico, cheo de sorpresas, creado pol@s nen@s e para @s nen@s.
 

Xurxo Souto presenta "Contos do mar de Irlanda" en Rialeda: 28 de xaneiro

  http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20736.pdf
O 28 de xaneiro, ás 18:30 horas, na Biblioteca Central Rialeda sita en Perillo realizarase a presentación do libro de Xurxo Souto “Contos do mar de Irlanda” .
Xurxo Souto nesta presentación relatará diversas historias de mariñeiros galegos no Gran Sol, acompañadas con cancións en homenaxe aos seus antepasados de Perillo.

É licenciado en Filoloxía Clásica, traballa desde 1986 en diferentes medios de comunicación. Entre as súas obras podemos destacar: "A tralla e a arroutada”, “Fumareu”, “O retorno dos homes mariños”, “Contos da Coruña”, “Tres trebóns”, “A terra queima” e “Contos do mar de Irlanda”. Foi vocalista de “Os Diplomáticos de Monte Alto” e agora toca o acordeón no grupo “Tres trebóns".

"Contos do mar de Irlanda" está formado por 53 relatos distribuídos en tres partes: Ribeira, Unha marea no Gran Sol e No outro lado do espello. E, como nos explica o propio Xurxo Souto,  no Plan de derrotas, os que queiran saber sobre os caladoiros deben ler a segunda parte (Unha marea no Gran Sol), aos que lles interese máis rexoubos de Irlanda, entón deben ir á terceira parte e os que non teñan presa pois comezalo desde o principio. 
“O océano símbolo tamén do alén, da morte, mais non como destrución, senón espazo de coñecemento absoluto, moito máis alá dos límites da percepción racional".
Invitamos a asistir a todas as persoas que o desexen.

Tertulia literaria en Rialeda: 28 de xaneiro (Grupo B)

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20735.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 18,30 h.*

Comentario de "El libro de arena" de Jorge Luis Borges
Documentación
Obras de Jorge Luis Borges nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "La vida de Pi" de Yann Martel.

*Ás 18,30 h. terá lugar na biblioteca a presentación do libro "Contos do mar de Irlanda" de Xurxo Souto.

Tertulia literaria en Santa Cruz: 26 de xaneiro

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20454.pdfNa Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"  
Hora: 18 a 20 h.

Comentario da obra "Prisioneros en el paraíso" de Arto Paasilinna.

A seguinte obra programada é
"Atracción total" de Carmen Blanco.

23/1/15

Recomendacións en Radioleiros: 23 de xaneiro

http://www.ipernity.com/doc/284673/36790770/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=110954- Xuvenil (a partir de 10 anos):

Amor de serea: un misterio para Tintimán en Vigo, de Jaureguizar ; ilustrado por José Matalobos
Xerais

Unha nova aventura para Tintiman, este rapaz un pouco atolondrado e bastante arriscado, mezcla de Tintín e Indiana Jones, que herdou do seu pai a paixón por investigar misterios e tamén o amor pola aventura, ademáis dun axeitado traballo de xornalista, aínda que só é un adolescente de 16 anos. Trasládase a Vigo a investigar a desaparición do ouro dos galeóns de Rande afundidos na entrada da ría, acompáñano o seu gato, o señor Grozni, a súa “case” moza, ademáis de compañeira de escola, Mónica e a intrépida fotógrafa, Maika.

- Mozas/os e adultas/os :

El amor imperfecto, de Sara Rattarohttp://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=110942
Duomo

O núcleo familiar formado por Alberto e Sandra e os seus fillos, Matteo, que pacede unha hipoacusia bilateral grave que lle produce xordeira e Alicia, a irmán maior, unha rapaza seria e responsable, convertida en anxo da garda do seu irmán, ven como cambalea a súa sólida estructura familiar cando irrumpe inesperadamente na súas vidas Camille, un amor de xuventude de Alberto.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.