12/11/21

Hora do conto e actividades infantís: 16 a 19 de novembro 2021

 Hora do conto e actividades infantís para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!

Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza.
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas. 
 
Todas as sesións serán ás 18:30 h. e realizaranse presencialmente na biblioteca correspondente. Poderán verse en Youtube a través do blog das bibliotecas e da web municipal a partir do día seguinte do contacontos presencial (as sesións celebradas os venres poderán verse a partir do luns) e durante 48 horas.

Martes 16 de novembro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Pouco a pouco"

Mércores 17 de novembro 
Aforo completo!!!
TÍTULO: “Contos do mundo: Irene nos Andes"

Xoves 18 de novembro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Ana Carreira
TÍTULO: “Eu non quero"

Venres 19 de novembro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257
CONTACONTOS: Trémola Teatro
TÍTULO: “Pipo, o paxaro que no sabía voar"
 
                                                       AVISOS

Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Recomendacións en Radioleiros: 12 novembro 2021

- Infantil:
"Canta, miña rula, canta" de Antonio García Teijeiro. Iustracións de Xan López Domínguez. En Galaxia.

Da man destes dous artistas temos este poemario que xunta musicalidade, claridade e unha sinfonía de animais cun magnífico traballo visual.

- Mozas-os e adultas-os:
"Agente Sonya: amante, madre, soldado, espía" de Ben Macintyre. Editado por Crítica.

Úrsula, unha rapaza alemá dos anos vinte é captada polos soviéticos para formala como espía. Décadas de traballo clandestino en diferentes países nunha existencia propia dunha novela de John le Carré na Guerra Fría.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Lía Magalia na Hora do conto na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 11/11/2021

Gravación do espectáculo "Aventuras e desventuras no bosque" que puidemos ver na sesión da Hora do conto na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) o 11 de novembro a cargo de Lía Magalia.
 
Podes vela (ata as 16:30 do 14/11) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeLíaMagalia!

Ana Carreira na Hora do conto na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé) 11/11/2021

Gravación do espectáculo "Contos de miúdos" que puidemos ver na sesión da Hora do conto na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé) o 11 de novembro a cargo de Ana Carreira.
 
Podes vela (ata as 16:30 do 14/11) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeAnaCarreira!

Cristina Peri Rossi, Premio Cervantes 2021. Parabéns!!!

O venres 12 de novembro, Cristina Peri Rossi cumprirá 80 anos. Esta semana foi a terceira voz uruguaia en recibir o Premio Cervantes de Literatura, despois de Juan Carlos Onetti (1980) e Ida Vitale (2018).
Naceu en Montevideo en 1941, e conta que foi “rara” desde cativa. Gustáballe gabear polas árbores e quería ser escritora. Lía e escoitaba Tristán e Isolda ou algunha canción de Mina, a diva italiana. Usaba pantalóns no canto de saias.
O xurado do Premio de Literatura en lingua Castelá Miguel de Cervantes propuxo a Cristina Peri Rossi para ser galardoada co Premio Cervantes 2021 concedido polo Ministerio de Cultura y Deporte.
O premio outorgado a Peri Rossi “recoñece nela a traxectoria dunha das grandes vocacións literarias do noso tempo e o alcance dunha escritora capaz de plasmar o seu talento nunha pluralidade de xéneros. A literatura de Cristina Peri Rossi é un exercicio constante de exploración e crítica, sen fuxir do valor da palabra como expresión dun compromiso con temas claves da conversación contemporánea como a condición da muller e a sexualidade. Así mesmo, a súa obra, ponte entre Iberoamérica e España, quedará como lembranza perpetua do exilio e as traxedias políticas do século XX”.
Ofrecémosche os títulos dispoñibles de Peri Rossi na Biblioteca Central Rialeda (Perillo): "La nave de los locos", "El amor es una droga dura", "Playstation", e "Moderato cantabile" de Marguerite Duras, cuxo limiar é da autoría da escritora uruguaia.

Parabéns, Cristina!!!

Fontes: ladiaria.com.uy e culturaydeporte.gob.es

11/11/21

Presentación dos libros "Días de infierno y gloria" e "Sol de sangre" de Héctor J. Castro

No Teatro As Torres (Santa Cruz), o xoves 11 de novembro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación dos libros "Días de infierno y gloria" e "Sol de sangre" de Héctor J. Castro.

O autor ferrolán estará acompañado do tamén escritor Miguel A. Castro.

"Días de infierno y gloria"
A principios do mes de maio de 1589, reinando en España Felipe II, os habitantes da Coruña están realizando as súas ocupacións habituais sen imaxinar que un escuadrón británico de cento cincuenta naves, cun exército de vinte mil homes ao mando do famoso corsario Francis Drake, navega disposto a apoderarse da cidade. A pesar da enorme desproporción de forzas, A Coruña prepárase para unha loita desesperada. Todos/as toman as armas para plantar unha forte resistencia en defensa das súas familias e fogares, destacando Mayor Fernández Pita, quen pasará á historia co nome de María Pita, convertida en símbolo de loita e liberdade.

"Sol de sangre"
Juan Pablo de Carrión é un fidalgo español que, xa no solpor da súa vida, recibe o encargo do gobernador de Manila de acabar con Tay Fusa, un corsario do Xapón que está sementando o terror en augas de Filipinas.
 
Héctor A. Castro é profesor, músico e novelista. En 2016 inicia a súa carreira literaria coa triloxía El Siglo de Acero publicada en HRM Ediciones.

En atención ás indicacións e medidas de seguridade fronte ao COVID-19, a presentación terá aforo limitado e será obrigatorio  manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender ás indicacións e normas da organización.
As bibliotecas municipais invitan a todas as persoas que desexen asistir ata completar o aforo permitido.

Ramiro Neira na Hora do conto na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 10/11/2021

Gravación do espectáculo "Alá vou!" que puidemos ver na sesión da Hora do conto na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) o 10 de novembro a cargo de Ramiro Neira

Podes vela (ata as 16:30 do 13/11) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeRamiroNeira!

Novidades dvd cine - infantil e xuvenil - en Rialeda (novembro-decembro 2021)

 15 novas películas infantís - xuvenís na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)

 

Descarga a guía premendo na imaxe

9/11/21

Fran Amil na Hora do conto na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda) 08/11/2021

Gravación do espectáculo "Os contos de Chuches Amil" que puidemos ver na sesión da Hora do conto na Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda) o 8 de novembro a cargo de Fran Amil
 
Podes vela (ata as 16:30 do 11/11) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeFranAmil!