- Infantil :
"Arroces: divertidos, fáciles, creativos" de Miguel A. Caruncho, David Cidre, Santiago Martínez e Xenxo Pereiro, editado por Ouvirmos.
Libro pertencente a unha colección de receitas infantís concebidas para experimentar en familia. Pensado dun xeito orixinal, con ingredientes básicos e explicadas de maneira sinxela. Apto para todos os públicos. Encadernado en tapa dura con fotografías dos pratos e unha disposición agradábel de ler.

- Mozos-as e adultos-as:
"Vida de nai" de Gemma Sesar, Ramón Marcos e Jorge Castelli. En El Patito Editorial.
Unha nai de dous nenos explica a súa vida diaria: tentar compatibilizar o aspecto laboral co familiar no momento máis duro da crise. Historia social con realismo e humor, magníficamente debuxado e cun texto no que poden verse identificadas unha chea de persoas.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.