3/6/16

Tertulia literaria en Santa Cruz: 6 xuño 2016. Remate da tempada 2016-2016

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-23862.pdfNa Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: 18 a 20 h.

Comentario de obras poéticas de Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016.
Documentación

Con esta sesión remata a tempada 2015-2016 na tertulia literaria en Santa Cruz. Queremos dar as grazas a todas as persoas que participaron nesta actividade ao longo destos 9 meses.

Recomendacións en Radioleiros: 3 de xuño

http://www.ipernity.com/doc/284673/42087092/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1204859&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20vaite%20xa- Infantil:
"Vaite xa!" de Marcos Viso editado por Xerais.
Recomendado para nenos e nenas a partir dos catro anos, "Vaite xa!" cóntanos a historia de Oso obrigado á procura dun traballo mellor, deixando atrás a Osa e a Osiña. Cunhas ilustracións do propio autor de grande calidade, e un texto breve pero de fondo contido, este libro transmite unha mensaxe social de moitísimo interese.

- Mozos-as e adultos-as:
"Estambul" de Joseph Kanon, en RBA.
No remate da II Guerra Mundial, Estambul é unha mestura que adianta o equilibrio das dúas potencias  no comezo da Guerra Fría. Un episodio policiaco que xunta a nova xeopolítica
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1202858cunha trama de intriga que dan unha lección de historia do século XX.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.



31/5/16

1 de xuño: Roteiro Cultural e Literario 2016

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-24310.pdf
O Roteiro Cultural e Literario é unha actividade organizada polo Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros, o Servizo de Normalización Lingüística e o Instituto Miraflores.

Este ano está dedicado ao pintor Francisco Lloréns que veraneou en Mera, Oleiros e Perillo, ao trobador Lopo de Liáns e ao matemático José Barral Souto que naceu na Rabadeira en Oleiros.

Consistirá no recorrido por distintos lugares do municipio nos que viviron estas persoas ilustres, como unha homenaxe a todas elas. Comezaremos nas Torres de Santa Cruz onde se proxectarán imaxes de diversas obras de Francisco Lloréns acompañadas dunha breve explicación por parte de alumnado do IES Miraflores e posteriormente o tamén pintor Ricardo Rilo explicaranos as súas principais características; trasladarémonos a Mera para ver a casa na que veraneaba; marcharemos para a igrexa de Santa María de Dexo, co obxecto
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-24310.pdf de coñecer unha igrexa románica que nos axudará a situarnos na Idade Media, época na que viviu o trobador Lopo de Liáns; a continuación iremos para a parroquia de Liáns, onde visitaremos o xardín do pazo de Lóngora que Lloréns plasmou para a posteridade nalgúns dos seus cadros; posteriormente no parque diante da igrexa de Liáns lembraremos ao egrexio trobador Lopo de Liáns; finalizaremos na Praza da Rabadeira en Oleiros, que é onde naceu o importante matemático José Barral Souto.

O alumnado do Instituto Miraflores realizará a presentación destes personaxes. Alumnos e alumnas de 1º de bacharelato, dirixidos pola profesora Susana López González, que baixo a coordinación de Rosa García Vilariño elaboraron o texto da publicación, que foi  deseñada polo Departamento de Comunicación do Concello de Oleiros.
Participarán no Roteiro sobre 150 alumnos/as acompañados do seu profesorado do IES Miraflores e do Colexio Luis Seoane de Mera, aos que se lles entregará o folleto.

Os obxectivos que se pretenden conseguir son:
- Dar a coñecer diferentes persoas ilustres que residiron no Concello de Oleiros.
- Mellorar o coñecemento do patrimonio e de diferentes espazos do termo municipal de Oleiros.
- Promover a lectura.

Tertulia literaria en Rialeda: 1 xuño 2016 (Grupo B). Remate da tempada 2015-2016

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=36737&name=DLFE-24222.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "La puerta" de Magda Szabó.
Documentación

Obras de Magda Szabó nas bibliotecas da RBG.

Con esta sesión remata a tempada 2015-2016 na tertulia literaria en Rialeda. Queremos dar as grazas a todas as persoas que participaron nesta actividade ao longo destos 9 meses.

30/5/16

Actividades de fomento da lectura: 31 de maio

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=32371&folderId=122549&name=DLFE-23410.pdf
Programa de actividades de fomento da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello

Biblioteca "Rosalía de Castro" (Teatro As Torres de Santa Cruz)
Martes 31 de maio:
- 10:15 h. - 5º e 6º de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Érase unha vez Don Quixote", a cargo de Chrystyan Magic