16/1/15

Maxia para nenas e nenos na Biblioteca Rosalía de Castro: 21 de xaneiro

 http://ailladosnenos.com/Espectaculos_Infantiles.asp?Cod=178
O mércores 21 de xaneiro, ás 18:30 horas, terá lugar na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz un espectáculo de maxia titulado “A maleta viaxeira: contamaxias” a cargo do Mago Pacodirixido a nenas e nenos a partir de 5 anos.  

Un buscador de historias enfeitizará ás nenas e nenos con contos que atopou polo mundo enteiro e que garda na súa prezada maleta, da que xurdirán unha morea de contos e personaxes cheos de fantasía e maxia. Xuntando as historias dos contos coas palabras máxicas dos magos poderemos ver un “contamaxias” cheo de aventuras, ilusión, sorrisos e moita, moita maxia.

Recomendacións en Radioleiros: 16 de xaneiro

http://www.ipernity.com/doc/284673/36729672/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=108096- Infantil:
"A galiña roxa", adaptación de Pilar Martínez e ilustracións de Marco Somà, editado por Kalandraka.
Adaptación dun conto tradicional.
Unha galiña vivía nunha granxa cos seus pitos, xunto cun can lacazán, un gato durmiñón e un parrulo barulleiro. Un día, en que a galiña andaba a remexer no chan, atopou uns grans de trigo e decidiu sementalos, para que lle produciran unha boa colleita, polo que pediu axuda aos seus amigos...
Posúe unhas fermosas e simpáticas ilustracións nas que predominan os tons ocres e cuns personaxes moi entrañables.
Unha obra que nos lembra que sen traballo e esforzo non se pode conseguir nada e que propón como valores para suxerir desde as máis pequenas idades.

 
- Mozas/os e adultas/os:
"Las viudas de los jueves" de Claudia Piñeiro, en Alfaguara.
Esta obra foi distinguida en Arxentina no ano 2005 co Premio Clarín e levada ao cine polo director Marcelo Piñeyro.
Na exclusiva urbanización privada Altos de la Cascada viven familias que levan un alto e luxoso estilo de vida e que queren mantelo por encima de todo. Un lugar onde imperan os cartos, a aparencia e a hipocrisía, cuns habitantes con moi poucos valores sociais. Mulleres que non saben que facer co seu tempo libre, fillas e fillos a veces criados polo persoal domésticohttp://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=viudas+jueves&idx=kw&idx=kw&limit=mc-rtype%3Aa+and+Bib-level%3Dc|d|m&sort_by=relevance&do=Aceptar. Alí, un grupo de amigos xúntase todos os xoves, lonxe das miradas dos demais, só poden estar os homes. Ese día as mulleres saen da urbanización, polo que decidiron denominarse, de broma, "as viúvas dos xoves". 
Unha entretida novela cunha interesante crítica social.

 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

15/1/15

Encontro literario con María Reimóndez n' As Torres de Santa Cruz: 15 de xaneiro

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2014/03/maria-reimondez-no-mes-do-movemento.html
O xoves 15 de xaneiro ás 11:30 horas terá lugar un Encontro Literario coa autora María Reimóndez n'As Torres de Santa Cruz.
Participará o alumnado de 2º de Bacharelato do IES Miraflores de Oleiros
A autora luguesa falará da obra «Dende o conflito», premio Xerais de Novela 2014, e de "O club da calceta", finalista do Premio Xerais 2005 e Premio Arcebispo Juan de San Clemente 2007
 
Coñece as obras de María Reimóndez que hai ao teu dispór nas Bibliotecas Municipais de Oleiros.

14/1/15

Os audiovisuais máis prestados no ano 2014

Presentamos os dvd e cds máis prestados nas 8 bibliotecas públicas municipais do Concello de Oleiros ao longo do ano 2014:

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=79197DVD infantil:
1) Érase una vez... el cuerpo humano (Planeta De Agostini)
2) El maravilloso mundo de los animales (Planeta De Agostini)
3) Cómo entrenar a tu dragón (Dreamworks)
4) Lluvia de albóndigas (Sony Pictures)
5) Bob Esponja: la película (Paramount Pictures)
6) El diario de Greg 1 (Twentieth Century Fox)
7) Madagascar 2 (Paramount Pictures)
8) Bolt (Walt Disney Home Entertainment)
9) Hop (Universal Pictures)
10) Los mundos de Coraline (Universal Pictures)

DVD para adultas/os e público en xeral:
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=73543
1) Matalobos (Voz Audiovisual)
3) El chef, de Daniel Cohen (A Contracorriente Films)
4) American Horror Story. 1ª temporada (Twentieth Century Fox)
5) 360, de Fernando Meirelles (Paramount Pictures)
7) Intocable, de Eric Toledano e Olivier Nakache (A Contracorriente Films)
8) Cosmópolis, de David Cronenberg (Paramount Pictures)
9) Django desencadenado, de Quentin Tarantino (Sony Pictures)
10) Stoker, de Park Chan-Wook (Twentieth Century Fox)

CD audio infantil:
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=93499 
1) Na punta do pé (Kalandraka)
2) Bicos de música, de Mamá Cabra (Galaxia)
3) Maria Fumaça (Galaxia)
5) Pan de millo, de Migallas (Kalandraka)
6) Rosalía pequeniña, de Uxía (Kalandraka)
7) Ola, ola, la!, de Mamá Cabra (Galaxia)
9) Tic, tac, de Pablo Díaz (Kalandraka)
10) Toc, toc, de  Pablo Díaz (Kalandraka

CD Audio para adultas/os e público en xeral:

1) English audio inglés (Play & Learn Multimedia)
3) Galiza, de Kepa Junquera (Fol Música)
4) Antología, de Camarón de la Isla (Polygram Ibérica)
5) Lo mejor de Luar na Lubre (Warner Music Spain)
7) Antología, de Paco de Lucía (Universal Music Spain)
8) Poses, de Rufus Wainwright (Dreamworks)
9) Classic titles, de Ami Koita (Frochot Music)
10) 1962-1966, de The Beatles (EMI Records) 

Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros invitamos a toda a poboación a que visiten as distintas bibliotecas deste concello e a que leven libros, discos, películas ou revistas en préstamo. 

13/1/15

Tertulia literaria en Rialeda: 14 de xaneiro (Grupo B)

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20652.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Futuro imperfecto" de Xulia Alonso Díaz.
Documentación
Obras de Xulia Alonso Díaz nas nosas bibliotecas.

Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño. 

A seguinte obra programada é "El libro de arena" de Jorge Luis Borges.

14 de xaneiro: Inicio 2º trimestre na Tertulia Literaria (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comenzamos o 2º trimestre nas Tertulias literarias da Biblioteca Central Rialeda no Grupo B.


Outros actos:
Presentación do libro "Contos do mar de Irlanda" de Xurxo Souto (28 de xaneiro ás 18,30 h.)

Datas:
- Xaneiro: días 14 e 28
- Febreiro: días 11 e 25
- Marzo: días 11 e 25

Pode apuntarse á actividade:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca.

Nestes intres o grupo está completo, polo tanto as inscricións pasarán a formar parte da lista de espera.