14/10/16

Recomendacións en Radioleiros: 14 de outubro 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/43417604/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=historias+emigrantes&idx=au%2Cwrdl&q=neira+vilas&idx=kw&q=&do=Busqueda&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=&sort_by=relevance- Xuvenil (a partir dos 10 anos):

Historias de emigrantes, de Xosé Neira Vilas
Ediciós do Castro

Cun texto magnífico de Luis Seoane que serve de introdución, Xosé Neira Vilas desenvolve un feixe de relatos sobre a emigración galega en Bos Aires. Homes e mulleres que loitan todos os días para saír adiante, vitorias e derrotas no económico que son tamén historias afectivas. Soños, desexos e anceios nestas páxinas que forman un estudo sociolóxico de grande valor literario.

- Mozos/as e adultos/as:

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=david+golder&idx=au%2Cwrdl&q=nemirovsky&idx=kw&q=&do=Busqueda&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=&sort_by=relevanceDavid Golder, de Irène Némirovsky
Salamandra

A autora da "Suite francesa" deuse a coñecer literariamente con esta obra que ten matices autobiográficos. O mundo de David Golder é dos grandes negocios onde a voracidade dos protagonistas é tan grande como a precariedade das fortunas. A creba económica fai que se vexa só, nun piso en París cunha relación conflitiva familiarmente. O desexo de lucrarse novamente é o comezo doutra aventura co obxectivo de recuperar á súa filla.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.