23/4/10

Recomendacións en Radioleiros


Títulos recomendados o venres 23 de abril:
- Infantil (nenos-as menores de 6 anos):
"Mago Goma"
de Toño Núñez e Adriá Fruitós, editado porKalandraka.

Libro pensado para os máis cativos-as con magníficas ilustracións de Adriá Fruitós e moi pouco texto (parágrafos de tres ou catro liñas). O mago Goma chamado así porque o seu corpo é deste material, fai rir a todo o mundo.
- Mozos-as e adultos-as:
"El diseño de pequeños jardines" de David Stevens en Blume
David Stevens, profesor de paisaxismo nunha universidade inglesa, oriéntanos sobre as posibilidades de organizar e distribuír un pequeno xardín. Materiais, mobiliario, prantas e uso da auga están analisados en dezaoito proxectos con fotografías de Jerry Haspur.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

Hora do conto na Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós: venres 23 de abril

Ola: espérote na Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós o venres 23 de abril ás 18:30 para escoitar a Fran Insua na hora do conto. Os títulos serán: "Os narices do rei", "Madlenka", "Por se non cho dixen"

22/4/10

LER PARA SABER: 23 de abril

Biblioteca Central Rialeda (2º andar)
Hora: 18,30

Actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Aldara García Tenreiro e Micaela Toledo Rizzo, alumnas do CEIP Valle Inclán falarán sobre "Os furóns" previamente á charla "Biodiversidade, evolución e ser humano" a cargo de Francisco Armesto Ramón, biólogo e director técnico de proxectos dos Museos Científicos Coruñeses.
Seleccionamos para ti libros para esta charla científica.

21/4/10

Hora do conto na Biblioteca "Rialeda" de Perillo: xoves 22 de abril

Ola: espérote na Biblioteca "Rialeda" de Perillo o xoves 22 de abril ás 18:30 para escoitar a hora do conto. Para os nenos-as menores de 6 anos Avoa Ratiña da Compañía Trinke Trinke contará: “Cincenta”, "Quero unha irmá". Par os-as maiores de 6 anos Ramiro Neira contará: "O lobo e a ovella", "O Gatipedro"

20/4/10

Hora do conto na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz: mércores 21 de abril

Ola: espérote na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz o mércores 21 de abril ás 18:30 para escoitar a Ratiña Carolina da Compañía Trinke Trinke na hora do conto. Os títulos serán: "As fabas máxicas", "O oso e o corvo"

Tertulia Literaria en Rialeda: 21 abril 2010 (Grupo A)


Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30

Comentaráse a obra "Suite francesa" de Irène Némirovsky

Consulta e descarga a nosa documentación

Obras de Irène Némirovsky nas nosas bibliotecas.

19/4/10

Hora do conto na Biblioteca "Manuel María" de Oleiros: martes 20 de abril

Ola: espérote na Biblioteca "Manuel María" de Oleiros o martes 20 de abril ás 18:30 para escoitar a Rato Pillo da Compañía Trinke Trinke na hora do conto. Os títulos serán: "Historias de ratiños: O baño, Nubes, Rato vello, A viaxe"