31/3/17

Actividades infantís en Bibloleiros: de 3 a 7 de abril 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25482.pdf
Todas as sesións se celebrarán ás 18:30, agás o Obradoiro de maxia, na Biblioteca de Mera, que comezará ás 17:30!!!
 

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 3 de abril
Para nenas-os de 1 a 3 anos  Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Pavís-Pavós
TÍTULO: “Este queixo queixolán”


Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 4 de abril
Para nenas-os de 4 a 8 anos
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULO: “Contos para nen@s trastes”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 5 de abril
Para nenas-os de 7 a 10 anos (imprescindible reservar praza no 981 626 338)
MONITORADO: Crearte
ACTIVIDADE: “Arte nos libros: Luís Seoane”

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 6 de abril
Para nenas-os de 4 a 6 anos

CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULO: “Mans”

Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
Xoves 6 de abril
Para nenas-os de 4 a 8 anos

CONTACONTOS: Lilí Gruyère da Compañía Trinke Trinke
TÍTULO: “O ratiño presumido”

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 7 de abril, ás 17:30
Para nenas-os de 7 a 10 anos
Aforo completo!!!
MONITORADO:  Chrystyan Magic
TÍTULO: “Obradoiro de maxia”

Recomendacións en Radioleiros: 31 marzo 2017

https://soundcloud.com/bibloleiros/31032017-recomendacions-en-radioleiros
 https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=estramb%C3%B3tica+Illa+do+Tesouro&branch_group_limit=- Infantil (8 a 10 anos):
"A estrambótica Illa do Tesouro" de Pinto & Chinto. Editado por Bululú.
A estrambótica Illa do Tesouro é un magnífico álbum ilustrado de gran tamaño no que Pinto e Chinto ofrecen unha divertida adaptación da novela de
piratas “A illa do tesouro”, de Stevenson.
Unha obra de aventuras que conserva os personaxes principais (o vello pirata Bill Bones, o doutor Livesey, o pirata John Silver, o Longo,...), proporcionándolles máis humanidade, pero mantendo os acontecementos principais, con humor e un enfoque disparatado.
É un novo título da colección "Carambola" que se une ás outras dúas adaptacións realizadas por estes autores “As estrambóticas viaxes de Gulliver” e “O estrambótico Principiño”, que achegan e renovan estes clásicos da literatura infantil e xuvenil universal.
As tres son unhas boas e divertidas lecturas que convidan a ler as obras orixinais e a introducir os clásicos nas propostas lectoras, unha proposta ideal para pasar un estupendo fin de semana.

- Mozas-os e adultas-os:
"Patria" de Fernando Aramburu. En Tusquets.
Conta a historia de dúas familias que viven nun pobo a pouca distancia de Donostia (San Sebastián). Dúas familias amigas pero que pouco a pouco se van distanciando por culpa de ETA.
A historia comeza co anuncio do final da loita armada (outubro 2011) cando Bittori (viúva dun asasinado pola banda) vai ao cemiterio a contarllo ao seu home. Ela agora vive en San Sebastián, pero decide ir ao pobo no que o mataron, e onde aínda conserva o seu piso, porque segundo as súas palabras “precisa estar ben consigo mesma”.
A acción abarca cerca de tres décadas, desde mediados do anos 80 ata o 2011, e distintos membros destas familias contarán a súa situación e sentimentos durante estes anos. 
Vemos como o fillo máis vello dunha delas se vai metendo pouco a pouco na loita armada. Ao principio a nai veo mal e di que é a causa das malas compañías, pero pouco a pouco vaise convencendo de que é pola liberación de Euskal Herria e vólvese cada vez máis abertzale
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=kw&q=&idx=ti&q=patria&idx=au%2Cwrdl&q=aramburu&limit=mc-rtype%3Aa+and+Bib-level%3Dc%7Cd%7Cm&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevance&do=Busqueda, ata que chega un momento en que defende totalmente a seu fillo e non soporta ver a que foi a súa amiga de sempre.
Na outra familia van prosperando economicamente e socialmente: el faise un empresario ao que lle van ben os negocios, un fillo faise médico, a outra estuda dereito. Saen de vacacións, pero a súa vida e a dos seus familiares cambia de forma brusca ao ser el vítima da extorsión de ETA. Máis tarde será asasinado, e este feito afectará de distintos xeitos a cada un dos membros de ambas familias.
Paralelamente imos vendo o ambiente do pobo. Un ambiente pechado, opresor, no que todo é controlado, no que ou estás con eles ou estás co inimigo (non hai máis posibilidades): o cura dando sermóns na igrexa a favor da loita armada; o da Arrano taberna marcando os obxectivos a quen extorsionar, a quen atacar..., os veciños e veciñas que ían ao bar felicitando aos que queimaban autobuses durante as manifestacións, etc, e así estes mozos e mozas pensaban que eran heroes.
Unha novela moi interesante que nos fala da situación política en Euzkadi, de violencia (non só a das armas, senón tamén a cotián, a que se pode sufrir nunha localidade pequena onde che negan o saúdo por pensar de forma distinta, ou onde aparecen pintadas insultándote) pero tamén de sufrimento (por ambas partes) e da necesidade de perdón e concordia.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

30/3/17

Actividades de promoción da lectura: de 3 a 7 de abril 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25508.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello de 3 a 7 de abril:

Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo
Luns 3 de abril:
- 9:20 h. - 4 anos A e B do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"O rato ilustrador" a cargo da Compañía Trinke Trinke.

Martes 4 de abril:
- 1ª sesión: 9:20 h. - 5 anos A e B do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
- 2ª sesión: 10:20 h. - 5 anos C do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"O rato ilustrador" a cargo da Compañía Trinke Trinke.

Venres 7 de abril:
- 9:20 h. - 6º A e B de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Contos de candil que ninguén cre", co contacontos Ramiro Neira.

Na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz
Martes 4 de abril:
- 10:30 h. - 5º A e B de EP do CEIP Luís Seoane (Mera)
"Charlie e a fábrica de chocolate" a cargo da actriz e contacontos Soledad Felloza.

Xoves 6 de abril:
- 1ª sesión: 10:30 h. - 3º A e B de EP do CEIP Luís Seoane (Mera)
- 2ª sesión: 11:50 h. - 4º A e B de EP do CEIP Luís Seoane (Mera)
"Un conto de tres noites" a cargo do contacontos Caxoto.

Venres 7 de abril:
- 1ª sesión: 10:30 h. - 4 anos A e B do CEIP Luís Seoane (Mera)
- 2ª sesión: 11:20 h. - 4 anos A e B do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"O rato ilustrador" a cargo da Compañía Trinke Trinke.

Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros