13/11/09

Tertulia Literaria en Rialeda: 18 novembro 2009 (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30 h.
Comentaráse a obra "A praia dos afogados" de Domingo Villar.
Consulta e descarga a nosa documentación sobre a obra.
Outros enlaces relacionados con Domingo Villar:
- Encontro Dixital (Xornal El País)
Consulta no catálogo a dispoñibilidade de obras de Domingo Villar.



Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 13 de novembro:
Infantil (nenos e nenas maiores de 8 anos):
"A dama da luz" de
Agustín Fernández Paz. Idea e ilustracións de Jorge Magutis editado por Xerais


Mozos-as e adultos-as:
"El palacio de los sueños" de Ismail Kadare editado por Cátedra

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Biblioteca Rialeda: O mundo en galego

"O mundo en galego" son obradoiros de lecto-escritura, lúdico-didácticos e de animación audiovisual que serán o medio a través do que visitaremos países de todo o mundo, desde Galicia e en galego. Vanse desenvolver na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) os días 16, 17 e 18 de novembro

Luns, 16 de novembro, ás 18.30 h.
Eu tamén animo!
Duración: 2 horas
Actividade dirixida a nen@s a partir de 8 anos
NECESÍTASE INSCRICIÓN PREVIA NA BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA!!!
Teléfono: 981 63 95 11
Máximo 25 participantes

Martes, 17 de novembro, ás 18.30 h.
A grande viaxe: sucando mares, achegando historias
Duración: 1 hora
Actividade dirixida a nen@s de 8 a 10 anos
NECESÍTASE INSCRICIÓN PREVIA NA BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA!!!
Teléfono: 981 63 95 11
Máximo 25 participantes

Martes, 17 de novembro, ás 19.30 h.
Tremelicantemente tremelicante
Duración: 1 hora
Actividade dirixida a nen@s de 9 a 12 anos
NECESÍTASE INSCRICIÓN PREVIA NA BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA!!!
Teléfono: 981 63 95 11
Máximo 25 participantes

Mércores, 18 de novembro, ás 18.30 h.
Animar a ler desde a casa
Duración: 1 hora
Actividade dirixida a pais e nais
Entrada libre

Mércores, 18 de novembro, ás 19.30 h.
Conta comigo
Duración: 1 hora
Actividade dirixida a familias: nais e pais acompañados das fillas e fillos.
Idade dos nenos e nenas: de 4 a 7 anos
Entrada libre

Biblioteca de Lorbé: 20 aniversario da aprobación da convención dos dereitos do neno

A Convención dos Dereitos do Neno aprobada nas Nacións Unidas en 1989 é o primeiro código universal dos dereitos dos nenos e nenas. Os dereitos que proclama corresponden a todas as persoas menores de 18 anos, independentemente do lugar de nacemento, sexo, etnia, relixión ou clase social.
O vindeiro 20 de novembro, cúmprense os 20 anos desta Convención. Na Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé celebraremos o aniversario da súa aprobación desde o 16 de novembro ata o 9 de decembro de 2009. Con esta actividade pretendemos:
- Celebrar a aprobación da Convención dos Dereitos do Neno
- Dar a coñecer os Dereitos do Neno e por extensión os dereitos humanos
- Aumentar o coñecemento e o respecto polos Dereitos do Neno
- Presentar diversos libros relacionados co tema
- Fomentar a lectura como un xeito de coñecemento e de lecer

Poderá participar o público en xeral, aínda que a selección de libros é para nenos e nenas.

12/11/09

Hora do conto na Biblioteca Ánxel Fole de Nós: venres 13 de novembro

Ola: espérote na Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós o venres 13 de novembro ás 18:30 para escoitar a Mamá Ratiña da Compañía Trinke Trinke na hora do conto. Os títulos serán: "El elefante encadenado", "Olivia salva el circo"

Biblioteca de Lorbé



Exposición bibliográfica "20 anos sen guerra fría, 20 anos sen muro".
Selección de títulos


Do 9 de novembro ao 9 de decembro.

11/11/09

Hora do conto na Biblioteca Rialeda de Perillo: xoves 12 de novembro

Ola: espérote na Biblioteca "Rialeda" de Perillo o xoves 12 de novembro ás 18:30 para escoitar a Soledad Felloza na hora do conto. Os títulos serán: "Un mundo de mamás", "Un bico de amor e vida" e "La ola"
LEMBRA QUE É IMPRESCINDIBLE RECOLLER INVITACIÓN NA BIBLIOTECA RIALEDA PARA ASISTIR A ESTE CONTACONTOS!!!

10/11/09

Hora do conto na Biblioteca de Santa Cruz: mércores 11 de novembro


Ola: espérote na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz o mércores 11 de novembro ás 18:30 para escoitar a Mamá Ratiña da Compañía Trinke Trinke na hora do conto. Os títulos serán: "El elefante encadenado" e "Olivia salva el circo"

9/11/09

Hora do conto na Biblioteca de Oleiros: martes 10 de novembro


Ola: espérote na Biblioteca "Manuel María" de Oleiros o martes 10 de novembro ás 18:30 para escoitar a Soledad Felloza na hora do conto. Os títulos serán: "Un mundo de mamás", "Un bico de amor e vida" e "La ola"

Recomendacións en Radioleiros






Títulos recomendados o venres 6 de novembro:
- Infantil e xuvenil (de 6 a 8 anos): "El color de la arena" de Elena O´Callaghan i Duch e María Jesús Santos Heredero editado por Edelvives


- Mozos-as e adultos-as:
Herbario de Sandor Márai editado por Rinoceronte




Recomendacións feitas no programa semanal "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.