25/4/25
Recomendacións en Radioleiros: 25 abril 2025
Actividades de promoción da lectura: 28 a 30 abril 2025
24/4/25
Ler para saber A CIENCIA: 25 de abril 2025

23/4/25
24 de abril: "Ao faro". Roteiro literario pola costa de Mera coa escritora Silvia Salgado
"Paisaxe e faro: unha fascinación artística"
Xoves 24 de abril ás 11:00 h.
Saída desde o Paseo Balcón de Maianca, diante da Capela de Santa Ana. Mera
Camiñarase polo paseo marítimo e pola costa, con paradas e lecturas en voz alta e comentadas, ata chegar aos faros de Mera.
Aforo limitado a 20 persoas. Imprescindible reservar praza:
Inscrición a partir do martes 15 abril ás 8:15 h.:
- En liña (recomendado).
- Teléfono 981 639 511 (Biblioteca Central Rialeda)
Actividade dirixida a persoas mozas e adultas ás que lles guste camiñar, con inquietudes pola literatura e a fotografía, principalmente pola que xira en torno a un faro.
Falarase da relación entre literatura e fotografía:
Do diálogo que se pode establecer entre esas dúas disciplinas artísticas e tamén de como a literatura nos achega dunha maneira particular a unha obra e ao seu mundo.
Da beleza da paisaxe e o seu protagonismo en moitas historias.
Do paseo como evocador de narracións.
Camiñaremos e lembrarémonos de Sofía Casanova.
Da fascinación artística que sentiron, en direccións opostas, algúns escritores e escritoras.
Da influencia que os faros tiveron na literatura e na arte, en xeral.
Leranse fragmentos e poemas de:

Olga Novo (Feliz idade)
Berta Dávila (Os seres queridos)
Mar García Puig (La historia de los vertebrados)
Charlotte Perkins (El papel pintado amarillo)
Alessandro Baricco (Océano Mar)
Vicente Risco (Da medida das cousas, publicado en Leria)
Sofía Casanova (Quiero Galicia en tu adorado seno, do poema Anhelo)
Celso Emilio Ferreiro (Longa noite de pedra)
Luis Cernuda (Soliloquio del farero)
Virginia Wolf (Al faro)
Edgar Allan Poe (El faro)
Ray Bradbury (La sirena en la niebla)
Jazmina Barrera (Cuaderno de faros)
Jeanette Winterson (La niña del faro)
Silvia Salgado é unha autora catalá que reside en Mera (Oleiros). Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade Autónoma de Barcelona e cun posgrado en Xornalismo da Universidade Columbia de Nova York. Algunhas das súas obras publicadas son: Verde en el tejado, Mientras hilan las mariposas, La aldea, El intermedio que somos e Si te vuelves invierno.
Coordina os clubs de lectura das bibliotecas municipais de Oleiros, dirixe talleres de escritura creativa, colabora no Podcast "Érase una Red" e como columnista en El Ideal Gallego.
Compaxina o seu traballo coa súa paixón pola fotografía.
Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo, para que gocen coa palabra e coa paisaxe desta fermosa localidade.
Acompañádenos! Agardámosvos!

22/4/25
Día Mundial do Libro 2025: expos de Carmen Martín Gaite e Ana María Matute en Rialeda
Un 23 de abril de 1616 faleceron Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Tamén un 23 de abril naceron –ou finaron– escritores eminentes como Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por iso que esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO (1995) como un xeito de fomentar a lectura, recoñecer a figura da-do autora-o e procurar o fortalecemento da industria editorial de cada país. A UNESCO designou Capital Mundial do Libro 2025 ao Rio de Janeiro, primeira vez que unha cidade de lingua portuguesa é distinguida como tal.
21/4/25
Martes 22 de abril: Concerto "Poesíapoemas" de Francisco Castro en As Torres
Martes 22 de abril ás 19:30 h.
Concerto musical a cargo de Francisco Castro no que presentará un repertorio cunha escolla do mellor da poesía galega musicada dende os anos sesenta ata os nosos días.
Entre outros, escoitaremos poemas de Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Manuel Curros Enríquez, Manuel María, Castelao, Uxío Novoneyra... así como poesía cantada de corte popular.
Francisco Castro recolle as versións dos grandes cantautores galegos e reinventa as cancións con ritmos diferentes (rock, pop, reagge...) nun espectáculo dinámico, no que todas as persoas poderán participar cantando, ao mesmo tempo que explicará a importancia de cada poema, do disco no que saíu, do artista que o traballou, etc.
O público asistente gozará con este espectáculo ao mesmo tempo que coñecerá ou lembrará a poesía e a música galegas.
Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.

Hora do conto e actividades infantís: 22 a 25 de abril 2025
20/4/25
Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (21 a 23 abril 2025)
Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo B)
- Luns 21 de abril. 19 a 20:30 h.
Comentario de "Llévame a casa" de Jesús Carrasco.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "O único que queda é o amor" de Agustín Fernández Paz.
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo C)
- Martes 22 de abril. 11:00 a 12:30 h.
Comentario de "Cómo maté a mi padre" de Sara Jaramillo.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Cantigas populares gallegas".
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 22 de abril. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El extranjero" de Albert Camus.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Cantigas populares gallegas".
Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 23 de abril. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Ceniza en la boca" de Brenda Navarro.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Circe ou o pracer do azul" de Begoña Caamaño.