Nas
Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros, ao longo do
mes de marzo, levaranse a cabo diversas actividades cos obxectivos de
promover a igualdade de xénero, difundir o relevante papel das mulleres ao longo da historia en todos os ámbitos: científicas, deportistas, escritoras, pintoras..., provocar a reflexión sobre estes temas, presentar diversas obras escritas por mulleres e dar a coñecer libros de autoras galegas, todos eles coa finalidade de fomentar a lectura deste tipo de libros.
A luz na batalla: Exposición bibliográfica formada por obras escritas por
Emilia Pardo Bazán e outras que estudan esta insigne autora.
Este ano conmemórase o centenario do falecemento de Emilia Pardo Bazán, e como homenaxe a esta ilustre escritora e loitadora polos dereitos da muller, na biblioteca Rialeda realízase esta exposición para ensinar as súas principais obras, biografías e estudos sobre a súa produción, co obxectivo de que as usuarias e usuarios as coñezan e as leven en préstamo. Esta exposición titúlase A luz na batalla baseándonos no lema en latín De bellum luce que ela adoptara e utilizara encabezando o seu papel de cartas e que é toda unha declaración de principios da loita por defender a súa liberdade individual.
4 de marzo:
Hora do conto para maiores de 6 anos, co espectáculo titulado
Xoana a cargo de
Ramiro Neira.
Clubs de lectura para moz@s e adult@s por videoconferencia:
3 de marzo: Comentario da obra La vegetariana de Han Kang.
10 de marzo: Comentario da obra Amor de tango de Mª Xosé Queizán.
8 Mulleres, 8 libros, 8 cancións: Mostra bibliográfica
Mostra na que se amosan 8 biografías de escritoras, científicas, deportistas…, 8 libros de autoras galegas e 8 CD de artistas con cancións orixinais delas ou que versionan poesías ou textos de escritoras ás que puxeron música.
Os obxectivos son difundir o fondo do Centro de Documentación da Muller, presentar obras escritas por mulleres, dar a coñecer libros de autoras galegas, promover a lectura entre moz@s e adolescentes de libros relacionados coa igualdade de xénero e a coeducación e aumentar o coñecemento sobre diversas mulleres relevantes ao longo da historia.
10 de marzo:
Hora do conto para maiores de 6 anos, co espectáculo titulado
Contamos=(Contamos en igualdade) a cargo de
Caxoto.
Clubs de lectura para moz@s e adult@s por videoconferencia:
16 de marzo: Comentario da obra Abril encantado de Elizabeth Von Arnim.
Mulleres e recortables: Actividade plástica con recortables onde figuran as imaxes e resumos das biografías de varias mulleres que destacaron ao longo da historia.
Co obxectivo de destacar que as mulleres teñen e tiveron un papel destacado ao longo da historia, aínda que o conseguiron dun xeito moito menos doado que os homes.
Mulleres protagonistas: Exposición bibliográfica composta por títulos de literatura infantil e para adultas-os, en castelán e galego, nos que as protagonistas son mulleres.
Co obxectivo de divulgar estas obras e promover a súa lectura.
12 de marzo:
Hora do conto para maiores de 6 anos, co espectáculo titulado
Un mundo de mulleres a cargo de
Fátima Fernández.
Mostra de material audiovisual e bibliográfico sobre igualdade de xénero e o feminismo, co obxectivo de dar a coñecer o fondo sobre esta temática e que o leven en préstamo.
Cartel A Xeración de igualdade: co obxectivo de unirse á campaña da ONU “Mulleres para acelerar as accións para a igualdade de xénero”.
5 de marzo:
Hora do conto para maiores de 6 anos, co espectáculo titulado
Tres irmás, tres camiños e un gran perigo a cargo de
Paula Carballeira.
Con nome de muller: Exposición bibliográfica sobre o feminismo, seleccionando obras para abordar a temática da igualdade de xénero. Co obxectivo de provocar a reflexión sobre esta temática.
8 de marzo:
Hora do conto para maiores de 6 anos, co espectáculo titulado
Mulleres que cambiaron o mundo a cargo de
Charo Pita.
Exposición bibliográfica sobre feminismo, seleccionando contos e libros para abordar a temática de igualdade de xénero. Co obxectivo de dar a coñecer os libros sobre feminismo e que as-os usuarias-os os leven en préstamo.
4 de marzo:
Hora do conto para maiores de 6 anos, co espectáculo titulado
Nós somos fortes, máxicas e poderosas a cargo de
Fátima Fernández.
Mulleres que deixaron pegada: Mostra bibliográfica sobre mulleres que destacaron como científicas, no mundo das artes, da política, etc. Co obxectivo de divulgar estas obras e promover a súa lectura.
9 de marzo:
Hora do conto para maiores de 6 anos, co espectáculo titulado
Aventureiras intrépidas a cargo de
Charo Pita.