23/12/22

Recomendacións en Radioleiros: 23 decembro 2022

- Infantil (nenas-os a partir de 3 anos):
"Óscar, o unicornio famento" de Lou Carter e ilustrado por Nikki Dyson. En Picarona. 
Óscar rompe con todos os estereotipos que coñecemos sobre os unicornios. Polo de pronto a súa cara é de “poucos amigos”, non ten un corpo estilizado nin trota dun xeito harmonioso, pero é divertidísmo e a Oola, a princesa que leva toda a súa vida desexando ter un alicorno, parécelle a mascota perfecta. Unha lectura divertida, con moito humor e fantasía. 
- Mozas-os e adultas-os:
 
"El corazón helado" de Almudena Grandes. En Tusquets.
Dispoñible en eBiblio 
 
A porta de entrada para esta novela sobre a guerra civil española, o exilio, a posguerra e a Transición, é a aparición dunha muller nova e descoñecida nun pequeño cemiterio de Torrelodones durante o enterro de Julio Carrión, coñecido home de negocios madrileño, nos primeiros anos do século XXI. 
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

19/12/22

Maxia e cancións polo Nadal nas Bibliotecas Municipais de Oleiros

Actividades dirixidas a público infantil
Hora de realización: 18:30 h.

Aforo limitado: Imprescindible reservar praza na biblioteca ou chamando por teléfono á biblioteca na que desexan participar. Poderanse inscribir desde dez días antes da data de realización de cada unha das actividades.

Tfno. 981 626 338
- 14 decembro: "Nova maxia para tod@s" co mago Pedro Bugarín

Aforo completo!!!
- 22 decembro: "C@nto contigo" con Paco Nogueiras

AVISO: *O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 21 decembro 2022 (Grupo B)

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
17:30 a 19:30 h.

Comentario de "Un amor" de Sara Mesa
Documentación

Seguinte lectura: "La hondonada" de Jhumpa Lahiri

Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 20 decembro 2022 (Grupo B)

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller
 "Rosalía de Castro"

17:30 a 19 h.

Comentario de "El corazón helado" de Almudena Grandes
Documentación

Seguinte lectura: "El ferrocarril subterráneo" de Colson Whitehead